CoFiGa subscribe un convenio con CaixaBank para facilitar aos colexiados o acceso a produtos financeiros en condicións preferentes de mercado

Establece unha redución de 50 euros ao ano na cota colexial para os fisioterapeutas que accedan aos devanditos produtos, así como unha liña de colaboración para a organización e celebración en Galicia de actividades de carácter profesional e accións divulgativas da Fisioterapia

29 Jun 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Facilitar aos colexiados produtos e servizos financeiros en condicións preferentes de mercado e deseñados especificamente para as necesidades do colectivo, a redución de 50 euros ao ano na cota colexial aos colexiados que os contraten, así como a realización de actividades de carácter profesional e accións divulgativas, son os obxectivos do convenio de colaboración que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) subscribiu coa entidade financeira CaixaBank.

A firma do convenio desenvolveuse na sede institucional do CoFiGa, estando representadas as partes por Helena Fernández Lago como vicepresidenta do CoFiGa e por José Carlos Cobas Folgueira en calidade de director da área de Negocio de CaixaBank Coruña.

En virtude do acordo, os colexiados do CoFiGa dispoñerán dunha oferta de servizos e produtos financeiros deseñados de maneira específica para atender ás súas necesidades profesionais e reforzar a súa competitividade. Deste xeito, os fisioterapeutas gozarán, dentro da ampla oferta que lles trasladará a entidade, de contas libres de comisións, vantaxes no acceso a préstamos e hipotecas, packs de aforro e diversas solucións de protección e seguridade. A oferta inclúe tamén un dispositivo de telepeaxe (ViaT) sen cota de alta nin mantemento.

O convenio subscrito entre CoFiGa e CaixaBank tamén establece unha liña de colaboración para a organización e celebración en Galicia de actividades de carácter profesional e accións divulgativas da Fisioterapia.

CaixaBank

CaixaBank é un dos maiores grupos financeiro do mercado español, con negocio bancario, actividade aseguradora e investimentos en bancos internacionais e en empresas líderes en servizos. A entidade ten preto de 14 millóns de clientes e unha rede de máis de 5.000 oficinas.A ampla oferta de servizos e produtos financeiros que CaixaBank ofrece aos colexiados do CoFiGa en condicións vantaxosas pódese consultar en documento adxunto.

A ampla oferta de servizos e produtos financeiros que CaixaBank ofrece aos colexiados do CoFiGa en condicións vantaxosas pódese consultar en documento adxunto.

CoFiGa suscribe un convenio con CaixaBank  para facilitar a los colegiados el acceso a productos financieros en condiciones preferentes de mercado

Establece una reducción de 50 euros al año en la cuota colegial para los fisioterapeutas que accedan a dichos productos, así como una línea de colaboración para la organización y celebración en Galicia de actividades de carácter profesional y acciones divulgativas de la Fisioterapia

Facilitar a los colegiados productos y servicios financieros en condiciones preferentes de mercado y diseñados específicamente para las necesidades del colectivo, la reducción de 50 euros al año en la cuota colegial a los colegiados que los contraten, así como la realización de actividades de carácter profesional y acciones divulgativas, son los objetivos del convenio de colaboración que el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) ha suscrito con la entidad financiera CaixaBank.

La firma del convenio se desarrolló en la sede institucional del CoFiGa, estando representadas las partes por Helena Fernández Lago como vicepresidenta del CoFiGa y por José Carlos Cobas Folgueira en calidad de director del Área de Negocio de CaixaBank Coruña.

En virtud del acuerdo, los colegiados del CoFiGa dispondrán de una oferta de servicios y productos financieros diseñados de manera específica para atender a sus necesidades profesionales y reforzar su competitividad. De este modo, los fisioterapeutas disfrutarán, dentro de la amplia oferta que les trasladará la entidad, de cuentas libres de comisiones, ventajas en el acceso a préstamos e hipotecas, packs de ahorro y diversas soluciones de protección y seguridad. La oferta incluye también un dispositivo de telepeaje (ViaT) sin cuota de alta ni mantenimiento.

El convenio suscrito entre CoFiGa y CaixaBank también establece una línea de colaboración para la organización y celebración en Galicia de actividades de carácter profesional y acciones divulgativas de la Fisioterapia.

CaixaBank

CaixaBank es uno de los mayores grupos financiero del mercado español, con negocio bancario, actividad aseguradora e inversiones en bancos internacionales y en empresas líderes en servicios. La entidad tiene cerca de 14 millones de clientes y una red de más de 5.000 oficinas.La amplia oferta de servicios y productos financieros que CaixaBank ofrece a los colegiados del CoFiGa en condiciones ventajosas se puede consultar en documento adjunto. 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas