Axudas á investigación 2025: Resolución definitiva da Xunta de Goberno

Publicada a resolución definitiva da Xunta de Goberno sobre a concesión das axudas á investigación

07 Jul 2025 / Sede COFIGA

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia aprobou a resolución definitiva de concesión das axudas á investigación, conforme ao establecido nas bases da convocatoria e tras a publicación da proposta definitiva realizada polo Comité Avaliador.

Esta resolución recolle a relación final de persoas beneficiarias das axudas, distribuídas segundo as tres modalidades recollidas na convocatoria:

  • Modalidade Pública e Privada

  • Modalidade Universidade

  • Modalidade Doutorado e TFM

A resolución pode consultarse a través do seguiente enlace.

Desde o CoFiGa queremos reiterar o noso agradecemento a todas as persoas participantes neste proceso e trasladar a nosa noraboa ás persoas seleccionadas. Animámosvos a continuar contribuíndo ao avance científico e á xeración de coñecemento no ámbito da Fisioterapia.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas