A Fisioterapia estará presente na xornada sobre enfermidades neuromusculares que ASEM-Galicia organiza en Pontevedra

Celebrarase o sábado 19 de novembro/2016 no Pazo da Cultura da cidade do Lérez, contando coa participación do Lois González Dopazo, especialista en Fisioterapia Neurolóxica e profesor da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra; e da doutora María Luaces, especialista Biomedicina, Bioquímica e Bioloxía Molecular

16 Nov 2016 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Dentro da programación de actos integrados na Semana Neuromuscular que está a organizar ASEM-Galicia con motivo da conmemoración do Día das Enfermidades Neuromusculares, o vindeiro sábado 19 de novembro/2016 desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra unha xornada sobre a importancia do manexo adecuado en pacientes afectados por este tipo de patoloxías, con recomendacións de especialistas neste campo de actuación e talleres prácticos dirixidos aos asistentes. 

A xornada, que comezará ás 10:00 horas con asistencia libre ata completar aforamento, contará coa participación do noso compañeiro Lois González Dopazo, especialista en Fisioterapia Neurolxica e profesor da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra, que na súa charla e nos talleres que dirixirá informará os asistentes sobre o importante papel da Fisioterapia na abordaxe das enfermidades neuromusculares.

O programa da xornada tamén conta coa participación da doutora María Luaces, especialista Biomedicina, Bioquímica e Bioloxía Molecular, que falará sobre  as bases fisiopatológicas e xenéticas nas enfermidades neuromusculares, así como sobre as necesidades nutricionais específicas dos afectados por estas patoloxías.

La Fisioterapia estará presente en la jornada sobre enfermedades neuromusculares que ASEM-Galicia organiza en Pontevedra

Dentro de la programación de actos integrados en la Semana Neuromuscular que está organizando ASEM-Galicia con motivo de la conmemoración del Día de las Enfermedades Neuromusculares, el próximo sábado 19 de noviembre/2016 se desarrollará en el Pazo de la Cultura de Pontevedra una jornada sobre la importancia del manejo adecuado en pacientes afectados por este tipo de patologías, con recomendaciones de especialistas en este campo de actuación y talleres prácticos dirigidos a los asistentes.  

La jornada, que comenzará a las 10:00 horas con asistencia libre hasta completar aforo, contará con la participación de nuestro compañero Lois González Dopazo, especialista en Fisioterapia Neurológica y profesor de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra, que en su charla y en los talleres que dirigirá informará a los asistentes sobre el importante papel de la Fisioterapia en el abordaje de las enfermedades neuromusculares.

El programa de la jornada también cuenta con la participación de la doctora María Luaces, especialista Biomedicina, Bioquímica y Biología Molecular, que hablará sobre  las bases fisiopatológicas y genéticas en las enfermedades neuromusculares, así como sobre las necesidades nutricionales específicas de los afectados por estas patologías. 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas