cargando...

Patoloxía do complexo articular do ombreiro, tema que centra a nova edición das Xornadas Galegas de Fisioterapia que está a organizar CoFiGa e a EOXI de Santiago de Compostela

Por constituír unhas das principais causas de consulta en Fisioterapia, cunha incidencia estimada en 78 casos por cada mil habitantes, son constantes as innovacións, avances e novas evidencias científicas que incumben ao traballo que habitualmente desenvolvemos os fisioterapeutas na abordaxe das diferentes patoloxías que afectan ao complexo articular do ombreiro.

Esta constatable realidade reclama a celebración dun encontro entre fisioterapeutas expertos na abordaxe deste tipo de patoloxías, unha demanda que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas recolle, continuando coa súa liña estratéxica de contribuír á permanente actualización de coñecementos do colectivo con actividades científicas e encontros profesionais que contribúan a mellorar constantemente a súa función asistencial e o seu desenvolvemento profesional, coa organización dunhas Xornadas específicas.

Por iso, a patoloxía do complexo articular do ombreiro será o tema central dunha nova edición das Xornadas Galegas de Fisioterapia que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas e a EOXI de Santiago de Compostela está a organizar e nas que se facilitará ao colectivo de fisioterapeutas información actualizada sobre todos os aspectos que inciden nunha adecuada abordaxe deste tipo de patoloxías: valoración e exploración funcional, protocolos e guías asistenciais, técnicas e tipos de tratamento…

71 INSCRITOS
QUEDAN: 19 PRAZAS

Comités

Comité Organizador
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia e Servizo Galego de Saúde/ Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

D. Rubén Iglesias García
Supervisor Área Rehabilitación do Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Dna. Sonia Formoso García
Fisioterapeuta de AP do Centro de Saúde de Muros.
Dna. Gloria Güeto Rial
Fisioterapeuta do Hospital Clínico Universitario de Santiago.
D. Javier Montané López
Fisioterapeuta do Hospital Barbanza.
Dna. Helena Fernández Lago
Vicepresidenta do CoFiGa.
D. Daniel José Alvite Sánchez
Secretario do CoFiGa.
Comité Científico
Dna. Iris Machado de Oliveira
Docente da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra.
D. Pablo Alfredo Blanco Míguez
Xefe do Departamento de Fisioterapia e Rehabilitación no Hospital Vithas Fátima, Vigo.
Dna. María Beatriz López Gabín
Fisioterapeuta no Servizo de Rehabilitación do Hospital Marítimo de Oza.
Profesora Asociada na Facultade de Fisioterapia da Coruña.
Dna. Beatriz Martínez Toledo
Fisioterapeuta do Hospital Marítimo de Oza.
Profesora Asociada na Facultade de Fisioterapia da Coruña.
Moderadores
Dna. Iris Machado de Oliveira
Docente da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra.
D. Pablo Alfredo Blanco Míguez
Xefe do Departamento de Fisioterapia e Rehabilitación no Hospital Vithas Fátima, Vigo.
Dna. María Beatriz López Gabín
Fisioterapeuta no Servizo de Rehabilitación do Hospital Marítimo de Oza.
Profesora Asociada na Facultade de Fisioterapia da Coruña.

Programa



9:30 - 10:00h. Entrega de documentación
10:15 - 12:00h.
I MESA DE DEBATE: "Valoración funcional e probas diagnósticas"
RELATORES:
D. Eduardo Fondevila Suárez
D. Juan Antonio Doce González
D. Julio Hernández Díaz
D. Guillermo Bilbao Ogando

MODERADORA:
Dna. Iris Machado de Oliveira
12:00 - 12:15h. Pausa café
12:15 - 14:00h.
II MESA DE DEBATE: "Xestión de guías e procesos asistenciais"
RELATORES:
D. Alejandro Argüeso Veiga
Dna. Cristina Gallego Rodríguez
Dna. Beatriz Martínez Toledo

MODERADOR:
D. Pablo A. Blanco Míguez
14:00 - 16:00h. Pausa - Comida
16:00 - 17:45h.
III Mesa de debate: "Enfoque terapéutico"
RELATORES:
D. Fernando Ramos Gómez
D. Lluis Puig i Torregrosa
D. Marcos Suárez Filgueira

MODERADORA:
Dna. María Beatriz López Gabín

Relatores


D. Eduardo Fondevila Suárez
D. Juan Antonio Doce González
D. Julio Hernández Díaz
D. Guillermo Bilbao Ogando
D. Alejandro Argüeso Veiga
Dna. Cristina Gallego Rodríguez
Dna. Beatriz Martínez Toledo
D. Fernando Ramos Gómez
D. Lluis Puig i Torregrosa
D. Marcos Suárez Filgueira

Moderadores


Dna. Iris Machado de Oliveira
D. Pablo A. Blanco Míguez
Dna. María Beatriz López Gabín

EMPRESAS COLABORADORAS

Empresas que colaboran connosco




Salón de actos do Hospital Clínico
Universitario de Santiago de Compostela.

Rúa da Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela.

Acceder á web do Hospital
Como chegar

XVI Xornadas Galegas de Fisioterapia
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia
Praza Alfonso XIII 8, BAIXO, 15008 - A Coruña
Tlf. 981 212 246 - Correo electrónico: info@cofiga.org
Diseño y programación: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com
Política de cookies
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.