Compromisos asumidos pola Consellería de Sanidade sobre o papel dos fisioterapeutas no novo modelo de Atención Primaria de Galicia

Expostos nun comunicado conxunto elaborado por CoFiGa e SoGaFi tras a reunión do grupo de traballo de Fisioterapia celebrada o pasado 4 de marzo

08 Mar 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

A inclusión do fisioterapeuta no Equipo Básico de Atención Primaria (AP), o recoñecemento da súa autonomía plena, a presenza dun fisioterapeuta comisionado nos Servizos Centrais da Consellería de  Sanidade para asesorar en temas de Fisioterapia a implantación do novo modelo de AP, o nomeamento dun coordinador de Fisioterapia en todas as Áreas sanitarias do Sergas, a elaboración dunha nova Guía de Fisioterapia en AP, así como a creación de novas prazas de Fisioterapia en AP durante o período 2019-2024, foron os principais compromisos asumidos e aceptados pola Consellería de Sanidade o pasado 4 de marzo tras a reunión do grupo de traballo de Fisioterapia para o novo modelo de AP en Galicia.

Con asistencia do subdirector de Ordenación Asistencial e Innovación organizativa da Consellería de  Sanidade, os coordinadores de Fisioterapia de distintas  EOXis, así como de representantes do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) e da Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SoGaFi), durante a devandita reunión realizouse unha reevaluación, punto por punto, das alegacións de CoFiGa e SoGaFi ao borrador presentado pola Consellería de Sanidade para o novo modelo de AP en Galicia. Foron aceptadas 40 das 47 medidas propostas, quedando catro pendentes de estudo e rexeitándose 3 por imposibilidade normativa.

Achegamos comunicado conxunto no que CoFiGa e SoGaFi analizan pormenorizadamente e realizan unha valoración sobre os resultados obtidos para a Fisioterapia galega no diálogo aberto coa Consellería de Sanidade sobre o novo modelo de AP para Galicia.

Compromisos asumidos por la Consellería de Sanidade sobre el papel de los fisioterapeutas en el nuevo modelo de Atención Primaria de Galicia

Expuestos en un comunicado conjunto elaborado por CoFiGa y SoGaFi tras la reunión del grupo de trabajo de Fisioterapia celebrada el pasado 4 de marzo

La inclusión del fisioterapeuta en el Equipo Básico de Atención Primaria (AP), el reconocimiento de su autonomía plena, la presencia de un fisioterapeuta comisionado en los Servicios Centrales de la Consellería de Sanidade para asesorar en temas de Fisioterapia la implantación del nuevo modelo de AP, el nombramiento de un coordinador de Fisioterapia en todas las Áreas sanitarias del Sergas, la elaboración de una nueva Guía de Fisioterapia en AP, así como la creación de nuevas plazas de Fisioterapia en AP durante el periodo 2019-2024, han sido los principales compromisos asumidos y aceptados por la Consellería de Sanidade el pasado 4 de marzo tras la reunión del grupo de trabajo de Fisioterapia para el nuevo modelo de AP en Galicia.

Con asistencia del subdirector de Ordenación Asistencial e Innovación organizativa de la Consellería de Sanidade, los coordinadores de Fisioterapia de distintas EOXis, así como de representantes del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) y de la Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SoGaFi), durante dicha reunión se realizó una reevaluación, punto por punto, de las alegaciones de CoFiGa y SoGaFi al borrador presentado por la Consellería de Sanidade para el nuevo modelo de AP en Galicia. Fueron aceptadas 40 de las 47 medidas propuestas, quedando cuatro pendientes de estudio y rechazándose 3 por imposibilidad normativa.

Adjuntamos comunicado conjunto en el que CoFiGa y SoGaFi  analizan pormenorizadamente y realizan una valoración sobre los resultados obtenidos para la Fisioterapia gallega en el diálogo abierto con la Consellería de Sanidad sobre el nuevo modelo de AP para Galicia.

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas