Solucionado por CoFiGa o problema que afectaba os centros de Fisioterapia de Pontevedra que desexan incluír a Osteopatía entre os seus servizos

Tras unha reunión mantida o pasado 17 de xaneiro na Consellería de Sanidade

21 Ene 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Tras as diferentes actuacións realizadas desde o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) e tal e como se puxo de manifesto na reunión mantida o pasado 17 de xaneiro na Consellería de  Sanidade, quedou solucionado o problema que afectaba aos fisioterapeutas da provincia de Pontevedra que desexan incluír a Osteopatía entre os servizos que ofertan á poboación.

O 13 de decembro de 2018 trasladouse a todos os colexiados do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) que se presentou unha queixa, pola actuación do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra en relación co exercicio da Osteopatía, ao sancionar ou denegar a prestación de Osteopatía por fisioterapeutas en centros da provincia de Pontevedra, mentres que non actuaban contra establecementos que non contan con autorización nin con profesionais sanitarios.

O pasado 17 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha reunión cos responsables da Consellería de Sanidade na que se solicionou o ocorrido chegando ás seguintes conclusións:

1. Tanto a Consellería de Sanidade como o CoFiGa entenden que a Osteopatía é, exclusivamente, unha técnica sanitaria que só poderán desenvolver os Graduados ou Diplomados en Fisioterapia.

2. Por tanto, os centros de Fisioterapia poden anunciar e realizar tratamentos de Osteopatía, se o devandito centro conta con autorización e o tratamento é efectuado por un fisioterapeuta.

3. En consecuencia, se actúa un fisioterapeuta nun centro autorizado:

a. Os colexiados a quen se obrigou a modificar a súa memoria de actividades eliminando o termo “Osteopatía” para obter a autorización de apertura, poderán publicitar e prestar servizos de Osteopatía.

b. Os colexiados que xa contaban coa autorización e que tras visita de inspección se viron obrigados a retirar o termo Osteopatía da súa publicidade e foron advertidos de que “non podían exercela”, poderán publicitar e prestar servizos de Osteopatía.

Solventado por CoFiGa el problema que afectaba a los centros de Fisioterapia de Pontevedra que desean incluir la Osteopatía entre sus servicios

Tras una reunión mantenida el pasado 17 de enero en la Consellería de Sanidade

Tras las diferentes actuaciones realizadas desde el Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) y tal y como se puso de manifiesto en la reunión mantenida el pasado 17 de enero en la Consellería de Sanidade, ha quedado solventado el problema que afectaba a los fisioterapeutas de la provincia de Pontevedra que querían incluir la Osteopatía entre los servicios que ofertan a la población.

El 13 de diciembre de 2018 se trasladó a todos los colegiados del Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) que se había presentado una queja por la actuación del Servicio de Inspección de Servicios Sanitarios de Pontevedra en relación con el ejercicio de la Osteopatía, al sancionar o denegar la prestación de Osteopatía por fisioterapeutas en centros de la provincia de Pontevedra, mientras que no actuaban contra establecimientos que no cuentan con autorización ni con profesionales sanitarios.

El pasado 17 de enero de 2019 tuvo lugar una reunión con los responsables de la Consellería de Sanidade, en la que se solucionó lo ocurrido llegando a las siguientes conclusiones:

1. Tanto la Consellería de Sanidade como el CoFiGa entienden que la Osteopatía es, exclusivamente, una técnica sanitaria que solo podrán desarrollar los Graduados o Diplomados en Fisioterapia.

2. Por tanto, los centros de Fisioterapia pueden anunciar y realizar tratamientos de Osteopatía, si dicho centro cuenta con autorización y el tratamiento lo efectúa un fisioterapeuta.

3. En consecuencia, si actúa un fisioterapeuta en un centro autorizado:

a. Los colegiados a quienes se obligó a modificar su memoria de actividades eliminando el término “Osteopatía” para obtener la autorización de apertura, podrán publicitar y prestar servicios de Osteopatía.

b. Los colegiados que ya contaban con la autorización y a quienes tras visita de inspección se les obligó a retirar el término Osteopatía de su publicidad y se les advirtió que “no podían ejercerla”, podrán publicitar y prestar servicios de Osteopatía.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas