O exercicio terapéutico pautado por un fisioterapeuta, un bo aliado para mellorar a saúde

A campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’ céntrase este mes de decembro en recomendar o exercicio terapéutico e o uso do movemento como ferramenta e competencia dos fisioterapeutas para manter un bo estado de saúde

27 Dic 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O exercicio terapéutico, pautado sempre por un fisioterapeuta, é unha das técnicas máis indicadas para mellorar a saúde daquelas persoas con patoloxías ou lesións que requiren de seguimento profesional. Así o lembran os fisioterapeutas galegos no marco da súa campaña 12 meses, 12 consellos de saúde’:

GA: https://youtu.be/t40dcYYMevY

ES: https://youtu.be/JJ-nnZw6AsY

https://www.cofiga.org/ciudadanos/sala-de-prensa/videos

Tal e como explican os fisioterapeutas no videoconsello do mes de decembro, aínda que realizar calquera actividade física contribúe a manter un bo estado de saúde, nalgunhas ocasións pode aparecer dor ou mesmo algunha patoloxía, polo que acudir a un fisioterapeuta que nos paute unha serie de exercicios adaptados á situación de cada paciente é fundamental para evitar estes posibles riscos.

O exercicio terapéutico pautado por un fisioterapeuta, require dunha serie de xestos a modo de exercicios que sempre van ser personalizados e adaptados á persoa, segundo a lesión ou o síntoma que presente, segundo a súa condición e capacidade física e segundo a carga física requirida en cada momento.

Tras unha completa exploración e valoración de cada caso, o fisioterapeuta buscará as mellores estratexias terapéuticas en materia de exercicio terapéutico co fin de axudar a cada paciente para recuperar o seu movemento normal, a súa función completa, e en definitiva, a recuperar a súa saúde. Porque o exercicio terapéutico ten a súa indicación concreta, unha frecuencia específica e unha dose xusta.

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) lembra que cando é precisa a práctica do exercicio terapéutico, este só pode ser prescrito, administrado e pautado por un profesional sanitario, que neste caso é o fisioterapeuta. “Do mesmo xeito que non se toman determinados medicamentos sen o seguimento dun profesional da Medicina, non se pode realizar determinados exercicios terapéuticos sen a prescrición e control dun fisioterapeuta” sinalan desde o CoFiGa, facendo fincapé en que “o uso do movemento como ferramenta terapéutica é, e só debe ser, de uso exclusivo do fisioterapeuta”.

Excesos do Nadal e propósitos para o novo ano

O videoconsello dos fisioterapeutas destaca que durante as festas do Nadal engádense algúns excesos que, se se suman a algúns factores como a tensión, a falta de movemento, o baixo estado de forma física ou unha inadecuada hixiene postural no quefacer do día a día, poden ocasionar molestias ou mesmo lesións.

Moitas destas doenzas responden facilmente o exercicio terapéutico e evitan que a dor que ás veces as acompañan mantéñase no tempo condicionando a nosa calidade de vida

En suma, os fisioterapeutas galegos lembran que a saúde é un bo propósito para o novo ano, polo que evitar a vida sedentaria, apostar polo movemento e a actividade física e visitar regularmente ao fisioterapeuta, son unha aposta segura para sumar calidade de vida.

Campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia participa na campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’ que leva a cabo a nivel nacional, e na que tamén están implicados os colexios profesionais de fisioterapeutas de Andalucía, Cantabria, Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco.

O seu obxectivo sensibilizar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos saudables para previr lesións musculo-esqueléticas a través de pequenos curtos de animación que se difunden con periodicidade mensual.

Os fisioterapeutas inciden con esta campaña na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde e resaltando ao mesmo tempo que unha das funcións fundamentais da Fisioterapia e dos fisioterapeutas é a prevención e non unicamente o tratamento de lesións e/ou enfermidades.

El ejercicio terapéutico pautado por un fisioterapeuta, un buen aliado para mejorar la salud

A campaña ‘12 meses, 12 consejos de salud’ se centra este mes de diciembre en recomendar el ejercicio terapéutico y el uso del movimiento como herramienta y competencia de los fisioterapeutas para mantener un buen estado de salud

El ejercicio terapéutico, pautado siempre por un fisioterapeuta, es una de las técnicas más indicadas para mejorar la salud de aquellas personas con patologías o lesiones que requieren de seguimiento profesional. Así lo recuerdan los fisioterapeutas gallegos en el marco de su campaña 12 meses, 12 consejos de salud’.

GA: https://youtu.be/t40dcYYMevY

ES: https://youtu.be/JJ-nnZw6AsY

https://www.cofiga.org/ciudadanos/sala-de-prensa/videos

Tal y como explican los fisioterapeutas en el videoconsejo del mes de diciembre, aunque realizar cualquier actividad física contribuye a mantener un buen estado de salud, en algunas ocasiones puede aparecer dolor o incluso alguna patología, por lo que acudir a un fisioterapeuta que nos paute una serie de ejercicios adaptados a la situación de cada paciente es fundamental para evitar estos posibles riesgos.

El ejercicio terapéutico pautado por un fisioterapeuta, requiere de una serie de gestos a modo de ejercicios que siempre van a ser personalizados y adaptados a la persona, según la lesión o el síntoma que presente, según su condición y capacidad física y según la carga física requerida en cada momento.

Tras una completa exploración y valoración de cada caso, el fisioterapeuta buscará las mejores estrategias terapéuticas en materia de ejercicio terapéutico con el fin de ayudar a cada paciente a recuperar su movimiento normal, su función completa, y en definitiva, a recuperar su salud. Porque el ejercicio terapéutico tiene su indicación concreta, una frecuencia específica y una dosis justa.

El Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) recuerda que cuando es precisa la práctica del ejercicio terapéutico, éste solo puede ser prescrito, administrado y pautado por un profesional sanitario, que en este caso es el fisioterapeuta. “Al igual que no se toman determinados medicamentos sin el seguimiento de un profesional de la Medicina, no se puede realizar determinados ejercicios terapéuticos sin la prescripción y control de un fisioterapeuta” señalan desde el CoFiGa, haciendo hincapié en que “el uso del movimiento como herramienta terapéutica es, y solo debe ser, de uso exclusivo del fisioterapeuta”.

Excesos navideños y propósitos para el nuevo año

El videoconsejo destaca que durante las fiestas navideñas se añaden algunos excesos que, si se suman a algunos factores como el estrés, la falta de movimiento, el bajo estado de forma física o una inadecuada higiene postural en el quehacer del día a día, pueden ocasionar molestias o incluso lesiones.

Muchas de estas dolencias responden fácilmente al ejercicio terapéutico y evitan que el dolor que a veces las acompañan se mantenga en el tiempo condicionando nuestra calidad de vida

En suma, los fisioterapeutas gallegos recuerdan que la salud es un buen propósito para el nuevo año, por lo que evitar la vida sedentaria, apostar por el movimiento y la actividad física y visitar regularmente al fisioterapeuta, son una apuesta segura para sumar calidad de vida.

Campaña ‘12 meses, 12 consejos de salud’

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia participa en la campaña ‘12 meses, 12 consejos de salud’ que se lleva a cabo a nivel nacional, y en la que también están implicados los colegios profesionales de fisioterapeutas de Andalucía, Cantabria, Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidad Valenciana, Navarra y País Vasco.

Su objetivo sensibilizar a la población sobre la importancia de adoptar hábitos saludables para prevenir lesiones musculo-esqueléticas a través de pequeños cortos de animación que se difunden con periodicidad mensual.

 

Los fisioterapeutas inciden con esta campaña en su vocación de servicio público a la población, contribuyendo de forma continuada al asesoramiento a la comunidad en temas relacionados con la promoción y la defensa de la salud y resaltando al mismo tiempo que una de las funciones fundamentales de la Fisioterapia y de los fisioterapeutas es la prevención y no únicamente el tratamiento de lesiones y/o enfermedades. 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas