CoFiGa expón á Administración a súa queixa pola actuación do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra en relación co exercicio da Osteopatía

Por sancionar e denegar a apertura de Centros de Fisioterapia que inclúen na súa carteira de servizos esta competencia propia legalmente recoñecida, mentres que non actúa contra establecementos que non contan con autorización nin con profesionais sanitarios

13 Dic 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) enviou senllos escritos, tanto á Xefatura Territorial da Consellería de  Sanidade na provincia de Pontevedra como á oficina de defensa de usuarios dos servizos públicos da comunidade autónoma, queixándose da actuación que se está desenvolvendo por parte do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra, por considerar que as súas actuacións non se axustan á legalidade vixente, ao sancionar e denegar a autorización de apertura a Centros de Fisioterapia que inclúen na súa carteira de servizos a Osteopatía (modalidade terapéutica legalmente establecida como competencia propia do fisioterapeuta), mentres que non actúan contra centros en funcionamento que foron denunciados polo CoFiGa por non contar con profesionais sanitarios nin coa autorización pertinente para actuar como centros sanitarios.

Esta actuación desenvolta polo Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra, que non se reproduce nas outras provincias da comunidade autónoma, constitúe, segundo argumenta o CoFiGa, un prexuízo directo tanto para os fisioterapeutas colexiados que exercen na devandita provincia e que contan coa habilitación legal para tratar mediante a Osteopatía, como para os propios usuarios-pacientes que, crendo que son legais, acoden a centros non autorizados como establecementos sanitarios e que non contan persoal sanitario legalmente acreditado.

Na súa argumentación, o CoFiGa expón a normativa legal vixente: lei 44/2003 das profesións sanitarias; Real Decreto 1001/2002 que aproba os Estatutos do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE) e no que se establecen as funcións propias do fisioterapeuta; e Real Decreto 1277/2003, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Por todo iso, o CoFiGa reitera nos seus escritos que “sendo a Osteopatía parte das funcións ou actividades propias dos graduados ou diplomados en Fisioterapia, é evidente que o Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra non pode limitar o seu exercicio por fisioterapeutas, pois carece de competencias e base legal para acordar tales decisións”, aseverando ao mesmo tempo que “tampouco pode permitir que se realicen por parte de quen carece dos coñecementos legais necesarios para a súa prestación”.

CoFiGa expone a la Administración su queja por la actuación del Servicio de Inspección de Servicios Sanitarios de Pontevedra en relación con el ejercicio de la Osteopatía

Por sancionar y denegar la apertura de Centros de Fisioterapia que incluyen en su cartera de servicios esta competencia propia legalmente reconocida, mientras que no actúa contra establecimientos que no cuentan con autorización ni con profesionales sanitarios

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) ha enviado sendos escritos, tanto a la Jefatura Territorial de la Consellería de Sanidade en la provincia de Pontevedra como a la oficina de defensa de usuarios de los servicios públicos de la comunidad autónoma, quejándose de la actuación que se está desarrollando por parte del Servicio de Inspección de Servicios Sanitarios de Pontevedra, por considerar que sus actuaciones no se ajustan a la legalidad vigente, al sancionar y denegar la autorización de apertura a Centros de Fisioterapia que incluyen en su cartera de servicios la Osteopatía (modalidad terapéutica legalmente establecida como competencia propia del fisioterapeuta), mientras que sin embargo no actúan contra centros en funcionamiento que han sido denunciados por el CoFiGa por no contar con profesionales sanitarios ni con la autorización pertinente para actuar como centros sanitarios.

Esta actuación desarrollada por el Servicio de Inspección de Servicios Sanitarios de Pontevedra, que no se reproduce en las otras provincias de la comunidad autónoma, constituye, según argumenta el CoFiGa, un perjuicio directo tanto para los fisioterapeutas colegiados que ejercen en dicha provincia y que cuentan con la habilitación legal para tratar mediante la Osteopatía, como para los propios usuarios-pacientes que, creyendo que son legales, acuden a centros no autorizados como establecimientos sanitarios y que no cuentan personal sanitario legalmente acreditado.

En su argumentación, el CoFiGa expone la normativa legal vigente al respecto: ley 44/2003 de las profesiones sanitarias; Real Decreto 1001/2002 que aprueba los Estatutos del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE) y en el que se establecen las funciones propias del fisioterapeuta; y Real Decreto 1277/2003, por el que se establecen las bases generales sobre autorización de centros, servicios y establecimientos sanitarios.

Por todo ello, el CoFiGa reitera en sus escritos que “siendo la Osteopatía parte de las funciones o actividades propias de los graduados o diplomados en Fisioterapia, es evidente que el Servicio de Inspección de Servicios Sanitarios de Pontevedra no puede limitar su ejercicio por fisioterapeutas, pues carece de competencias y base legal para acordar tales decisiones”, aseverando al mismo tiempo que “tampoco puede permitir que se realicen por parte de quienes carecen de los conocimientos legales necesarios para su prestación”.

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres