O hospital Vithas Nosa Señora de Fátima convida os fisioterapeutas galegos á inauguración do seu novo Servizo de Rehabilitación

Dedicado á atención de pacientes con dano cerebral e/ou enfermidades neurolóxicas, o acto desenvolverase o próximo 14 de novembro

08 Nov 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, de Vigo, convida os fisioterapeutas  galegos a asistir, o próximo 14 de novembro, á inauguración do seu novo Servizo de  Neurorrehabilitación, que está dedicado á atención de pacientes con dano cerebral e/ou enfermidades neurolóxicas.

Cun equipo multidisciplinar de profesionais especializados no ámbito da Neurorrehabilitación (neurólogo, médico rehabilitador, neuropsicólogo, logopedas, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, terapeutas cognitivos, traballador social, auxiliares, persoal de enfermería, etc.), este novo Servizo xa entrou en funcionamento o pasado mes de setembro tanto na súa modalidade  ambulatoria como en réxime de ingreso hospitalario, ofrecendo tratamento a patoloxías como: traumatismos cranioencefálicos (TCE), ictus, anoxia, tumores cerebrais, encefalite, enfermidades neurodexenerativas (Esclerose Múltiple, Parkinson, etc) ou lesións medulares.

Nunha superficie de 300 metros cadrados, o Servizo dispón dunha piscina adaptada, un laboratorio de realidade virtual e outros recursos innovadores de avanzada tecnoloxía.

El hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima invita a los fisioterapeutas gallegos a la inauguración de su nuevo Servicio de Rehabilitación

Dedicado a la atención de pacientes con daño cerebral y/o enfermedades neurológicas, el acto se desarrollará el próximo 14 de noviembre

El hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima, de Vigo, invita a los fisioterapeutas galegos a asistir, el próximo 14 de noviembre, a la inauguración de su nuevo Servicio de Neurorrehabilitación, que está dedicado a la atención de pacientes con daño cerebral y/o enfermedades neurológicas.

Con un equipo multidisciplinar de profesionales especializados en el ámbito de la neurorrehabilitación (neurólogo, médico rehabilitador, neuropsicólogo, logopedas, terapeutas ocupacionales, fisioterapeutas, terapeutas cognitivos, trabajador social, auxiliares, personal de enfermería, etc.), este nuevo Servicio ya entró en funcionamiento el pasado mes de septiembre tanto en su modalidad ambulatoria como en régimen de ingreso hospitalario, ofreciendo tratamiento a patologías como: traumatismos craneoencefálicos (TCE), ictus, anoxia, tumores cerebrales, encefalitis, enfermedades neurodegenerativas (Esclerosis Múltiple, Enfermedad de Parkinson, etc) o lesiones medulares.

En una superficie de 300 metros cuadrados, el Servicio dispone de una piscina adaptada, un laboratorio de realidad virtual y otros recursos innovadores de avanzada tecnología
Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres