A Xunta rectifica a eliminación da Diplomatura/Grao en Fisioterapia da convocatoria para procedementos selectivos de ingreso e acceso a corpos de profesores e mestres

CoFiGa presentou un recurso de reposición ante unha medida que consideraba prexudicial para o colectivo de fisioterapeutas, por dificultar o seu acceso nas especialidades de Procedementos Sanitarios e Asistenciais para o corpo de profesores técnicos de Formación Profesional e de Procesos Sanitarios para o corpo de profesores de Ensino Secundario

03 May 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Tras o recurso de reposición presentado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) pola convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para procedementos selectivos de ingreso e acceso a corpos de profesores e mestres, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha corrección na que xa se inclúe o Grao en Fisioterapia na especialidade de Procesos Sanitarios para acceso ao corpo de profesores de Ensino Secundario (categoría A1 de funcionario) e a Diplomatura/Grao en Fisioterapia na especialidade de Procedementos Sanitarios e Asistenciais para acceso ao corpo de profesores técnicos de Formación Profesional (funcionario de categoría A2).

Nas alegacións do recurso, CoFiGa puxo de manifesto que a eliminación da Diplomatura/Grao en Fisioterapia nas mencionadas categorías da devandita convocatoria, supoñía un prexuízo para o colectivo de fisioterapeutas, ao impedir a inclusión nas listas de interinidade e substitucións ao fisioterapeuta aspirante que non superase a primeira proba, polo que non podería ser chamado para realizar substitucións ou para ocupar interinidades, tal e como viña sucedendo ata o momento.

Na súa argumentación,  CoFiGa tamén expuxo que dita medida supoñía unha restrición ilícita no acceso á función pública en condicións de igualdade, mérito e capacidade (artigos 23.2 e 103.3 da Constitución Española), ademais de ser un claro atentado contra os principios de legalidade, seguridade xurídica e  interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos garantidos no artigo 9.3 da Constitución Española.

Á corrección de erros publicada hoxe no DOG pódese acceder a través de:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180503/AnuncioG0164-270418-0002_gl.html

La Xunta rectifica la eliminación de la Diplomatura/Grado en Fisioterapia de la convocatoria para procedimientos selectivos de ingreso y acceso a cuerpos de profesores y maestros

CoFiGa presentó un recurso de reposición ante una medida que consideraba perjudicial para el colectivo de fisioterapeutas, por dificultar su acceso en las especialidades de Procedimientos Sanitarios y Asistenciales para acceso al cuerpo de profesores técnicos de Formación Profesional y de Procesos Sanitarios para acceso al cuerpo de profesores de Enseñanza Secundaria

Tras el recurso de reposición presentado por el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) por la convocatoria de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria para procedimientos selectivos de ingreso y acceso a cuerpos de profesores y maestros, el Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoy una corrección en la que ya se incluye el Grado en Fisioterapia en la especialidad de Procesos Sanitarios para acceso al cuerpo de profesores de Enseñanza Secundaria (categoría A1 de funcionario) y la Diplomatura/Grado en Fisioterapia en la especialidad de Procedimientos Sanitarios y Asistenciales para acceso al cuerpo de profesores técnicos de Formación Profesional (funcionario de categoría A2).

En las alegaciones del recurso, CoFiGa puso de manifiesto que la eliminación de la Diplomatura/Grado en Fisioterapia en las mencionadas categorías de dicha convocatoria, suponía un perjuicio para el colectivo de fisioterapeutas, al impedir la inclusión en las listas de interinidad y sustituciones al fisioterapeuta aspirante que no hubiese superado la primera prueba, por lo que no podría ser llamado para realizar sustituciones o para ocupar interinidades, tal y como venía sucediendo hasta el momento.

En su argumentación, CoFiGa también expuso que dicha medida suponía una restricción ilícita en el acceso a la función pública en condiciones de igualdad, mérito y capacidad (artículos 23.2 y 103.3 de la Constitución Española), además de ser un claro atentado contra los principios de legalidad, seguridad jurídica e interdicción de la arbitrariedad de los poderes públicos garantizados en el artículo 9.3 de la Constitución Española.

A la corrección de errores publicada hoy en el DOG se puede acceder a través de:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180503/AnuncioG0164-270418-0002_gl.html

La Fisioterapia te da el aire que necesitas