Xornadas para analizar os diferentes modelos de xestión sanitaria que se desenvolven a nivel nacional cun destacable papel dos fisioterapeutas nos equipos multidisciplinares

Organizadas por CoFiGa, celébranse mañá, sábado 7 de abril, na sede de AFundación en Pontevedra

06 Abr 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a directora de procesos asistenciais do  EOXI Pontevedra-Salnés, Sonia Fernández- Arruty Ferro;  e o presidente do  Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Perfecto Pampín Lado, inaugurarán mañá, ás 9:30h na sede de  AFundación en Pontevedra, as I Xornadas de Xestión Sanitaria que, organizadas polo  CoFiGa, reunirán a profesionais sanitarios de diferentes comunidades autónomas para analizar os diferentes modelos de xestión sanitaria que se desenvolven a nivel nacional.

“En busca da eficiencia” é o lema das I Xornadas de Xestión Sanitaria que organiza o  CoFiGa para analizar os novos modelos de xestión sanitaria que se están desenvolvendo a nivel nacional cun destacable papel dos fisioterapeutas nas súas correspondentes unidades multidisciplinares, garantindo con iso tanto a eficacia do sistema sanitario como beneficiando aos pacientes.

Cun programa científico integrado por dez relatorios e tres mesas de debate, nas I Xornadas sobre Modelos de Xestión que organiza CoFiGa expoñeranse as experiencias que se están desenvolvendo en Servizos e Unidades de diferentes centros hospitalarios de España (Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia), analizando aspectos como a xestión clínica baseada na experiencia do paciente, a organización e o traballo do fisioterapeuta nas unidades multidisciplinares, as competencias profesionais como factor clave nas organizacións excelentes, así como o concepto de Fisioterapia desde unha visión  ecléctica e globalizada.

As I Xornadas de Xestión Sanitaria que organiza CoFiGa serán inauguradas, ás 9:30 h do sábado 7 de abril, polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a directora de procesos asistenciais do  EOXI Pontevedra-Salnés, Sonia Fernández- Arruty  Ferro;  e o presidente do  Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Perfecto Pampín Lado.

Na clausura, programada para as 18:15h, o presidente do CoFiGa estará acompañado polos presidentes das dúas institucións que representan a nivel nacional aos fisioterapeutas españois nos ámbitos científico e profesional, como son o fisioterapeuta galego Fernando Ramos Gómez como presidente da Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF) e o fisioterapeuta andaluz Miguel Villafaina Muñoz como presidente do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE).

Máis información en:  https://www.cofiga.org/jgestioncofiga/

 

Jornadas para analizar los diferentes modelos de gestión sanitaria que se desarrollan a nivel nacional con un destacable papel de los fisioterapeutas en los equipos multidisciplinares

Organizadas por CoFiGa, se celebran mañana, sábado 7 de abril, en la sede de AFundación en Pontevedra

El alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores​; la directora de procesos asistenciales del EOXI Pontevedra-Salnés, Sonia Fernández-Arruty Ferro;  y el presidente del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Perfecto Pampín Lado, inaugurarán mañana, a las 9:30h en la sede de AFundación en Pontevedra, las I Jornadas de Gestión Sanitaria que, organizadas por el CoFiGa, reunirán a profesionales sanitarios de diferentes comunidades autónomas para analizar los diferentes modelos de gestión sanitaria que se desarrollan a nivel nacional.

“En busca de la eficiencia” es el lema de las I Jornadas de Gestión Sanitaria que organiza el CoFiGa para analizar los nuevos modelos de gestión sanitaria que se están desarrollando a nivel nacional con un destacable papel de los fisioterapeutas en sus correspondientes unidades multidisciplinares, garantizando con ello tanto la eficacia del sistema sanitario como beneficiando a los pacientes.

Con un programa científico integrado por diez ponencias y tres mesas de debate, en las I Jornadas sobre Modelos de Gestión que organiza CoFiGa se expondrán las experiencias que se están desarrollando en Servicios y Unidades de diferentes centros hospitalarios de España (Castilla y León, Cataluña, Madrid, País Vasco y Galicia), analizando aspectos como la gestión clínica basada en la experiencia del paciente, la organización y el trabajo del fisioterapeuta en las unidades multidisciplinares, las competencias profesionales como factor clave en las organizaciones excelentes, así como el concepto de Fisioterapia desde una visión ecléctica y globalizada.

Las I Jornadas de Gestión Sanitaria que organiza CoFiGa serán inauguradas, a las 9:30h del sábado 7 de abril, por el alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores​; la directora de procesos asistenciales del EOXI Pontevedra-Salnés, Sonia Fernández-Arruty Ferro;  y el presidente del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Perfecto Pampín Lado.

En la clausura, programada para las 18:15h, el presidente del CoFiGa estará acompañado por los presidentes de las dos instituciones que representan a nivel nacional a los fisioterapeutas españoles en los ámbitos científico y profesional, como son el fisioterapeuta gallego Fernando Ramos Gómez como presidente de la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF) y el fisioterapeuta andaluz Miguel Villafaina Muñoz como presidente del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE).

Más información en: https://www.cofiga.org/jgestioncofiga/

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres