CoFiGa súmase á conmemoración do Día Mundial do Linfedema

Facendo, conxuntamente coa Asociación Galega de Linfedema (AGL), un chamamento para que as patoloxías linfáticas sexan adecuadamente abordadas desde a sanidade pública

06 Mar 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O  Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) súmase á conmemoración do Día Mundial do Linfedema, unha efeméride  instituida e impulsada desde o ano 2008 por asociacións de pacientes de todo o mundo, como a Asociación Galega de Linfedema (AGL), facendo un chamamento conxunto ante a Administración sanitaria para que as patoloxías linfáticas sexan adecuadamente diagnosticadas, abordadas e tratadas desde a sanidade pública, a través de equipos multidisciplinares especializados.

Porque, tal e como se sinala desde AGL, entidade coa que o CoFiGa mantén unha estreita colaboración, hoxe debemos lembrar os millóns de persoas en todo o mundo que non teñen acceso de boa gana opcións de tratamento para a redución e mantemento do seu Linfedema.

O linfedema é a inflamación crónica dunha parte do corpo, xeralmente brazos ou pernas, debido á acumulación de linfa (líquido rico en proteínas) que se produce por sobrecarga do sistema linfático, que excede á súa capacidade de drenaxe.

Constituíndo unha das secuelas máis comúns no tratamento do cancro de mama, a súa evolución é lenta e os primeiros síntomas son sensación de  pesadez, de pel tirante e unha menor flexibilidade das articulacións comprometidas, así como cambios na sensibilidade e a temperatura da zona e/ou aumento do tamaño do membro afectado.

Considérase unha das enfermidades máis desfigurantes e discapacitantes, sendo o seu estado máis avanzado a elefantiase. O linfedema crónico de longa evolución sen tratamento, ten máis posibilidades de desembocar en linfangiosarcoma, cuxo prognóstico é a amputación e pouca taxa de supervivencia.

Sen unha atención sanitaria adecuada, o linfedema pode derivar en complicacións moi graves dérmicas e infecciosas.

Abordaxe con técnicas de Fisioterapia

Os seus síntomas poden aliviarse a través dun adecuado tratamento con técnicas de Fisioterapia, como a drenaxe linfático manual, coa que o fisioterapeuta estimula o retorno  linfático (evacuación do edema a través do sistema linfático); ou as vendaxes compresivas, imprescindibles para manter os efectos positivos da drenaxe linfático, evitando así que o líquido evacuado volva acumularse na zona.

Asociación Galega de Linfedema

A Asociación Galega de Linfedema (www.linfedemagalicia.com),nace como resposta á necesidade de apoio, información e representación das persoas afectadas polo linfedema.

É unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma Galega, que agrupa a persoas afectadas, familiares e persoas interesadas nesta patoloxía.

Forma parte de FEDEAL (Federación Española de Asociacións de Linfedema), de COGAMI (Confederación  Galega de persoas con Discapacidade) e de FEGEREC (Federación  Galega de Enfermidades Raras).

Os seus obxectivos son:

- Apoiar ás persoas afectadas.

- Proporcionar información e asesoramento sobre síntomas, recursos, coidados e tratamentos, para facilitar o seu acceso á atención sanitaria.

- Fomentar e potenciar a autonomía persoal para que as persoas afectadas e a súa contorna afectiva poidan colaborar no mantemento das melloras sanitarias obtidas, favorecendo a súa calidade de vida.

- Poñer en contacto ás persoas asociadas para compartir puntos de vista, experiencias e necesidades do colectivo de persoas afectadas e familiares/contorna afectiva.

- Difundir a patoloxía ao conxunto da sociedade.

- Sensibilizar aos profesionais e organismos administrativos e sanitarios competentes para lograr unha mellor atención médica e humana.

- Implicar aos profesionais no desenvolvemento da enfermidade.

- Promover a investigación e mellora dos tratamentos.

- Impulsar a creación de servizos que ofrezan unha atención integral.

- Crear unidades de rehabilitación especializadas.

- Ser un órgano interlocutor ante as institucións.

- Fomentar a coordinación e cooperación coas administracións públicas e con outras asociacións con fins similares.

Desde o CoFiGa queremos facer patente o noso recoñecemento ao labor desenvolvido desde a Asociación Galega de Linfedema.

CoFiGa se suma a la conmemoración del Día Mundial del Linfedema

Haciendo, conjuntamente con la Asociación Gallega de Linfedema (AGL), un llamamiento para que las patologías linfáticas sean adecuadamente abordadas desde la sanidad pública

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas se suma a la conmemoración del Día Mundial del Linfedema, una efeméride instituida e impulsada desde el año 2008 por asociaciones de pacientes de todo el mundo, como la Asociación Galega de Linfedema (AGL), haciendo un llamamiento conjunto ante la Administración sanitaria para que las patologías linfáticas sean adecuadamente diagnosticadas, abordadas y tratadas desde la sanidad pública, a través de equipos multidisciplinares especializados.

Porque, tal y como se señala desde AGL, entidad con la que el CoFiGa mantiene una estrecha colaboración, hoy debemos recordar los millones de personas en todo el mundo que no tienen acceso a buenas opciones de tratamiento para la reducción y mantenimiento de su linfedema.

El linfedema es la inflamación crónica de una parte del cuerpo, generalmente brazos o piernas, debido a la acumulación de linfa (líquido rico en proteínas) que se produce por sobrecarga del sistema linfático, que excede a su capacidad de drenaje.

Constituyendo una de las secuelas más comunes en el tratamiento del cáncer de mama, su evolución es lenta y los primeros síntomas son sensación de pesadez, de piel tirante y una menor flexibilidad de las articulaciones comprometidas, así como cambios en la sensibilidad y la temperatura de la zona y/o aumento del tamaño del miembro afectado.

Se considera una de las enfermedades más desfigurantes y discapacitantes, siendo su estado más avanzado la elefantiasis. El linfedema crónico de larga evolución sin tratamiento, tiene más posibilidades de desembocar en linfangiosarcoma, cuyo pronóstico es la amputación y poca tasa de supervivencia.

Sin una atención sanitaria adecuada, el linfedema puede derivar en complicaciones muy graves dérmicas e infecciosas.

Abordaje con técnicas de Fisioterapia

Sus síntomas pueden aliviarse a través de un adecuado tratamiento con técnicas de Fisioterapia, como el drenaje linfático manual, con la que el fisioterapeuta estimula el retorno linfático (evacuación del edema a través del sistema linfático); o los vendajes compresivos, imprescindibles para mantener los efectos positivos del drenaje linfático, evitando así que el líquido evacuado vuelva a acumularse en la zona.

Asociación Gallega de Linfedema

La Asociación Gallega de Linfedema (www.linfedemagalicia.com),nace como respuesta a la necesidad de apoyo, información y representación de las personas afectadas por el linfedema.

Es una entidad sin ánimo de lucro, inscrita en el registro de Asociaciones de la Comunidad Autónoma Gallega, que agrupa a personas afectadas, familiares y personas interesadas en esta patología.

Forma parte de FEDEAL (Federación Española de Asociaciones de Linfedema), de COGAMI (Confederación Gallega de personas con Discapacidad) y de FEGEREC (Federación Gallega de Enfermedades Raras).

Sus objetivos son:

- Apoyar a las personas afectadas.

- Proporcionar información y asesoramiento sobre síntomas, recursos, cuidados y tratamientos, para facilitar su acceso a la atención sanitaria.

- Fomentar y potenciar la autonomía personal para que las personas afectadas y su entorno afectivo puedan colaborar en el mantenimiento de las mejoras sanitarias obtenidas, favoreciendo su calidad de vida.

- Poner en contacto a las personas asociadas para compartir puntos de vista, experiencias y necesidades del colectivo de personas afectadas y familiares/entorno afectivo.

- Difundir la patología al conjunto de la sociedad.

- Sensibilizar a los profesionales y organismos administrativos y sanitarios competentes para lograr una mejor atención médica y humana.

- Implicar a los profesionales en el desarrollo de la enfermedad.

- Promover la investigación y mejora de los tratamientos.

- Impulsar la creación de servicios que ofrezcan una atención integral.

- Crear unidades de rehabilitación especializadas.    

- Ser un órgano interlocutor ante las instituciones.    

- Fomentar la coordinación y cooperación con las administraciones públicas y con otras asociaciones con fines similares.

Desde el CoFiGa queremos hacer patente nuestro reconocimiento a la labor desarrollada desde la Asociación Gallega de Linfedema. 

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres