Desconformidade pola comercialización na feira BioCultura de servicios, produtos e aparellos que poden entrañar grave risco para a saúde por carecer do aval ou supervisión de profesionais sanitarios

Denunciada nun comunicado conxunto subscrito polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, o Colexio de Podólogos de Galicia, o Consello Xeral de Dietistas e Nutricionistas de España e a Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario

05 Mar 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O  Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) sumouse ao Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA), ao Consello Xeral de Dietistas e Nutricionistas de España e á Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario (AIMS) nun comunicado conxunto, emitido o pasado 1 de marzo/2018, no que manifestaron a súa desconformidade con algúns dos produtos ofrecidos polos expositores participantes na feira BioCultura celebrada o pasado fin de semana na cidade da Coruña, por consideralos “cuestionables no referente á seguridade e calidade para os usuarios, debido a que carecen do aval dos profesionais sanitarios cualificados para a súa comercialización”.

Os colectivos asinantes do comunicado tamén mostraron a súa preocupación pola venda indiscriminada dalgúns aparellos, “presuntamente dirixidos á curación ou corrección de anomalías físicas, cuxo tratamento corresponde aos colectivos profesionais de fisioterapeutas e podólogos, para que sexan utilizados directamente por calquera persoa a título individual ou mesmo de forma colectiva desde establecementos non habilitados legalmente para iso, pode entrañar un grave risco para a saúde”.

De igual modo, denunciaron no comunicado a venda de determinados súperalimentos, suplementos alimenticios ou produtos similares, “sen ningún tipo de control ben por un profesional habilitado para iso ou no seu caso por un médico especializado”.

A estas queixas manifestadas polos colectivos de fisioterapeutas, podólogos,  dietistas e nutricionistas, sumouse tamén a Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario (AIMS) por entender que “calquera tipo de tratamento, asesoramento, produto ou servizo dirixido á saúde dos cidadáns debe vir apoiado sempre por un profesional colexiado”.

Con todo, no comunicado ponse de manifesto que ditas apreciacións non supoñen crítica algunha aos que cualifican como “auténticos emprendedores e produtores que ofrecen servizos ou produtos seguros e/ou con indicación de que requiren supervisión por profesionais sanitarios”, aos que recoñecen e agradecen o seu traballo.

Os colectivos e entidades asinantes denuncian finalmente a “falta dun exhaustivo control por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia” e advirten que se manterán alerta e denunciarán ante a opinión pública a quen pretenda “comercializar servizos ou produtos que supoñen un potencial risco para a saúde dos cidadáns”.

 

Disconformidad por la comercialización en la feria BioCultura de servicios productos y aparatos que pueden entrañar grave riesgo para la salud por carecer del aval o supervisión de profesionales sanitarios

Denunciada en un comunicado conjunto suscrito por el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, el Colegio de Podólogos de Galicia, el Consejo General de Dietistas y Nutricionistas de España y la Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario

El Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) se ha sumado al Colegio de Podólogos de Galicia (COPOGA), al Consejo General de Dietistas y Nutricionistas de España y a la Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario (AIMS) en un comunicado conjunto, emitido el pasado 1 de marzo/2018, en el que manifestaron su disconformidad con algunos de los productos ofrecidos por los expositores participantes en la feria BioCultura celebrada el pasado fin de semana en la ciudad de A Coruña, por considerarlos “cuestionables en lo referente a la seguridad y calidad para los usuarios, puesto que carecen del aval de los profesionales sanitarios cualificados para su comercialización”.

Los colectivos firmantes del comunicado también mostraron su preocupación por la venta indiscriminada de algunos aparatos, “presuntamente dirigidos a la curación o corrección de anomalías físicas, cuyo tratamiento corresponde a los colectivos profesionales de fisioterapeutas y podólogos, para que sean utilizados directamente por cualquier persona a título individual o incluso de forma colectiva desde establecimientos no habilitados legalmente para ello, puede entrañar un grave riesgo para la salud”.

De igual modo, denunciaron en el comunicado la venta de determinados “súperalimentos, suplementos alimenticios o productos similares, “sin ningún tipo de control bien por un profesional habilitado para ello o en su caso por un médico especializado”.

A estas quejas manifestadas por los colectivos de fisioterapeutas, podólogos, dietistas y nutricionistas, se sumó también la Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario (AIMS) por entender que “cualquier tipo de tratamiento, asesoramiento, producto o servicio dirigido a la salud de los ciudadanos debe venir respaldado siempre por un profesional colegiado”.

No obstante, en el comunicado se pone de manifiesto que dichas apreciaciones no suponen crítica alguna a los que califican como “auténticos emprendedores y productores que ofrecen servicios o productos seguros y/o con indicación de que requieren supervisión por profesionales sanitarios”, a los que reconocen y agradecen su trabajo.

Los colectivos y entidades firmantes denuncian finalmente la “falta de un exhaustivo control por parte de la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia” y advierten que se mantendrán alerta y denunciarán ante la opinión pública a quienes pretendan “comercializar servicios o productos que suponen un potencial riesgo para la salud de los ciudadanos”.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas