O #IVCNEF reúne a 200 profesionais e alumnos de Fisioterapia de Sevilla, Ponferrada, Salamanca, Oviedo, Pontevedra e A Coruña

O acto inaugural contou coa presencia do reitor da UDC, Julio Abalde; o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro; a decana da Facultade de Fisioterapia da UDC, Luz González; o tesoureiro do CoFiGa, Manuel Carreira; e o presidente do Comité Organizador do Congreso, Miguel Soro

16 Feb 2018 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Un total de 200 profesionais e alumnos das Facultades de Fisioterapia e Ciencias da Saúde de Sevilla, Ponferrada, Salamanca, Oviedo, Pontevedra e A Coruña danse cita no IV Congreso Nacional de Estudantes de Fisioterapia (#IVCNEF) que esta tarde foi inaugurado na Facultade de Fisioterapia da UDC.

O acto inaugural contou coa presenza do reitor da UDC, Julio Abalde; o alcalde da Coruña,  Xulio Ferreiro; a decana da Facultade de Fisioterapia da UDC, Luz González; o tesoureiro do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Manuel Carreira; e o presidente do Comité Organizador do Congreso, Miguel Soro.

Fisioterapia no Deporte, Fisioterapia na Dor, Fisioterapia Invasiva e Fisioterapia en Pediatría, constitúen os catro grandes bloques temáticos nos que se estrutura o programa científico do #IVCNEF, que se desenvolverá ao longo do fin de semana na Facultade de Fisioterapia da UDC, cun total de 12 relatorios e 10 talleres prácticos a cargo de prestixiosos profesionais da Fisioterapia e outras profesións sanitarias.

“Un evento académico e científico no que estudantes, docentes, investigadores e profesionais de diferentes campos de actuación déronse cita na Coruña para poñer en común, compartir e intercambiar coñecementos, experiencias e información sobre os últimos avances e resultados científicos en investigación”, tal e como sinalou o tesoureiro do CoFiGa, Manuel Carreira, contribuíndo con iso “non só á consolidación da práctica profesional en Fisioterapia, senón tamén a reforzar a Marca Fisioterapia e a visibilizar a uns profesionais que co noso traballo no mantemento e recuperación da funcionalidade e as capacidades que afectan á autonomía persoal, constituímos un dos alicerces fundamentais nos que se sustenta a saúde e a calidade de vida da poboación”.

Manuel Carreira deu a benvida aos asistentes en nome do CoFiGa, “unha institución viva, chea de ideas, proxectos, ilusión e forza -dixo- que non ten outro obxectivo que axudar a todos os fisioterapeutas de Galicia a avanzar e a mellorar na súa traxectoria profesional. Unha institución comprometida cos xa máis de 2.600 fisioterapeutas que a conforman e que para iso pon todos os seus recursos ao servizo da Fisioterapia Galega”.

Tamén se referiu durante a súa intervención a importantes reivindicacións profesionais da Fisioterapia nas que o CoFiGa traballa conxuntamente coa Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF), o Consello Xeral de Colexios e Fisioterapeutas de España (CGCFE) e a Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia (CNDFF), como son a regulación en España das Especialidades en Fisioterapia, completar o desenvolvemento das competencias profesionais e o recoñecemento da plena autonomía profesional dos fisioterapeutas, cun implícito acceso directo á Fisioterapia que goza dun gran aval científico que apoia a súa idoneidade polo seu custo-efectividade e polos beneficios que achega fundamentalmente aos pacientes, pero tamén a todos os profesionais directamente implicados na saúde da poboación”.

El #IVCNEF reúne a 200 profesionales y alumnos  de Fisioterapia de Sevilla, Ponferrada, Salamanca, Oviedo, Pontevedra y A Coruña

El acto inaugural contó con la presencia del rector de la UDC, Julio Abalde; el alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro; la decana de la Facultad de Fisioterapia de la UDC, Luz González; el tesorero del CoFiGa, Manuel Carreira; y el presidente del Comité Organizador del Congreso, Miguel Soro

Un total de 200 profesionales y alumnos de las Facultades de Fisioterapia y Ciencias de la Salud de Sevilla, Ponferrada, Salamanca, Oviedo, Pontevedra y A Coruña se dan cita en el IV Congreso Nacional de Estudiantes de Fisioterapia (#IVCNEF) que esta tarde ha sido inaugurado en la Facultad de Fisioterapia de la UDC.

El acto inaugural contó con la presencia del rector de la UDC, Julio Abalde; el alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro; la decana de la Facultad de Fisioterapia de la UDC, Luz González; el tesorero de Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Manuel Carreira; y el presidente del Comité Organizador del Congreso, Miguel Soro.

Fisioterapia en el Deporte, Fisioterapia en el Dolor, Fisioterapia Invasiva y Fisioterapia en Pediatría, constituyen los cuatro grandes bloques temáticos en los que se estructura el programa científico del #IVCNEF que se desarrollará a lo largo del fin de semana en la Facultad de Fisioterapia de la UDC, con un total de 12 ponencias  y 10 talleres prácticos a cargo de prestigiosos profesionales de la Fisioterapia y otras profesiones sanitarias.

“Un evento académico y científico en el que estudiantes, docentes, investigadores y profesionales de diferentes campos de actuación se han dado cita en A Coruña para poner en común, compartir e intercambiar conocimientos, experiencias e información sobre los últimos avances y resultados científicos en investigación”, tal y como señaló el tesorero del CoFiGa, Manuel Carreira, contribuyendo con ello “no solo a la consolidación de la práctica profesional en Fisioterapia, sino también a reforzar la Marca Fisioterapia y a visibilizar a unos profesionales que con nuestro trabajo en el mantenimiento y recuperación de la funcionalidad y las capacidades que afectan a la autonomía personal, constituimos uno de los pilares fundamentales en los que se sustenta la salud y la calidad de vida de la población”.

Manuel Carreira dio la bienvenida a los asistentes en nombre del CoFiGa, “una institución viva, llena de ideas, proyectos, ilusión y fuerza –dijo- que no tiene otro objetivo que ayudar a todos los fisioterapeutas de Galicia a avanzar y a mejorar en su trayectoria profesional. Una institución comprometida con los ya más de 2.600 fisioterapeutas que la conforman y que para ello pone todos sus recursos al servicio de la Fisioterapia Gallega”.

También se refirió durante su intervención a importantes reivindicaciones profesionales de la Fisioterapia en las que el CoFiGa trabaja conjuntamente con la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF), el Consejo General de Colegios e Fisioterapeutas de España (CGCFE) y la Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia (CNDFF), como son la regulación en España de las Especialidades en Fisioterapia, completar el desarrollo de las competencias profesionales y el reconocimiento de la plena autonomía profesional de los fisioterapeutas, con un implícito acceso directo a la Fisioterapia que goza de un gran aval científico que apoya su idoneidad por su coste-efectividad y por los beneficios que aporta fundamentalmente a los pacientes, pero también a todos los profesionales directamente implicados en la salud de la población”.

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres