CoFiGa solicita á Xunta o desbloqueo ao recoñecemento da carreira profesional dos fisioterapeutas do SERGAS

En senllos escritos dirixidos ao SERGAS e á Consellería de Presidencia, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia denuncia que a galega é a única comunidade autónoma de España que non desenvolveu este mecanismo que permite o dereito á promoción dos profesionais sanitarios

01 Dic 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O  Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) solicita á Xunta de Galicia o desbloqueo ao recoñecemento da Carreira Profesional dos Fisioterapeutas no SERGAS, para deste xeito posibilitar e garantir en condicións de igualdade o legalmente avalado según dereito á promoción deste colectivo no sistema público de saúde, ao tempo de emendar a actual discriminación existente con respecto ao resto de comunidades autónomas de España. 

En senllos escritos dirixidos á Secretaría  Xeral do SERGAS e á Dirección  Xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e  Xusticia da Xunta de Galicia,  CoFiGa argumenta en primeiro termo que “a Lei 55/2003 obriga á Consellería de  Sanidade a establecer mecanismos de carreira profesional para o persoal sanitario do SERGAS, de acordo coa Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, como medio de garantir o acceso en condicións de igualdade ás funcións públicas, tal e como obriga o artigo 23.2 da Constitución Española”.

Argumentan desde o CoFiGa a continuación que “a Lei 44/2003 de Ordenación das Profesións Sanitarias establece no seu artigo 37 que deberá crearse un sistema de recoñecemento de carreira profesional para os fisioterapeutas da sanidade pública de todas as comunidades autónomas antes do 24/11/2007, o que evidentemente -segundo especifican desde CoFiGa- incluía e inclúe á Comunidade Autónoma de Galicia”.

Os escritos enviados por  CoFiGa á Xunta de Galicia continúan argumentando que “o artigo 118 da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia obriga ao SERGAS para establecer un sistema de graos que posibilite a promoción profesional, co recoñecemento da carreira profesional tanto do persoal estatutario como doutro tipo con categoría de licenciado ou diplomado sanitario, que redunde nun complemento retribuído”. Especifican neste sentido que os fisioterapeutas cumpren os requisitos establecidos na devandita Lei, tal como está contemplado na Lei de Ordenación de Profesións Sanitarias.

Sinala finalmente a institución colexial dos fisioterapeutas galegos que “a promoción profesional constitúe un elemento esencial do emprego público que a Administración Galega non só non pode limitar, senón que ao contrario do que vén sucedendo, ten a obrigación de reactivar co recoñecemento dos graos da carreira profesional dos fisioterapeutas do SERGAS, para cumprir coa legalidade vixente e non discriminar ao seu persoal con respecto ao doutras comunidades autónomas”.

La Carrera Profesional Sanitaria é un mecanismo que permite avalar obxectivamente os méritos dos profesionais da saúde no seu exercicio profesional, tanto nos ámbitos asistencial como docente e de investigación.

Con todo, é un mecanismo que non se desenvolveu en Galicia; de feito, Galicia constitúe a única comunidade autónoma de España que non desenvolveu a Carreira Profesional Sanitaria. O argumento da Xunta para tal incumprimento da Lei foi puramente económico.

Como consecuencias deste incumprimento da Lei, todos os profesionais sanitarios do SERGAS, entre eles tamén os fisioterapeutas, están a sufrir un trato diferenciado respecto ao resto dos traballadores dos servizos públicos de saúde das restantes comunidades autónomas de España.

Esta discriminación provoca á súa vez que os traballadores sanitarios galegos non poidan circular libremente por todo o territorio español en igualdade de condicións salariais.

Ademais, a falta de estímulos e incentivos dos profesionais sanitarios tamén repercute na calidade asistencial que ofrecen no SERGAS.

CoFiGa solicita a la Xunta el desbloqueo al reconocimiento de la carrera profesional de los fisioterapeutas del SERGAS

En sendos escritos dirigidos al SERGAS y a la Consellería de Presidencia, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia denuncia que la gallega es la única comunidad autónoma de España que no ha desarrollado este mecanismo que permite el derecho a la promoción de los profesionales sanitarios

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) solicita a la Xunta de Galicia el desbloqueo al reconocimiento de la Carrera Profesional de los Fisioterapeutas en el SERGAS, para de este modo posibilitar y garantizar en condiciones de igualdad el legalmente avalado derecho a la promoción de este colectivo en el sistema público de salud, al tiempo de subsanar la actual discriminación existente con respecto al resto de comunidades autónomas de España.  

En sendos escritos dirigidos a la Secretaría Xeral del SERGAS y a la Dirección Xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de la Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas y Xusticia de la Xunta de Galicia, CoFiGa argumenta en primer término que “la Ley 55/2003 obliga a la Consellería de Sanidade a establecer mecanismos de carrera profesional para el personal sanitario del SERGAS, de acuerdo con la Ley de Ordenación de las Profesiones Sanitarias, como medio de garantizar el acceso en condiciones de igualdad a las funciones públicas, tal y como obliga el artículo 23.2 de la Constitución Española”.

Argumentan desde el CoFiGa a continuación que “la Ley 44/2003 de Ordenación de las Profesiones Sanitarias establece en su artículo 37 que deberá crearse un sistema de reconocimiento de carrera profesional para los fisioterapeutas de la sanidad pública de todas las comunidades autónomas antes del 24/11/2007, lo que evidentemente -según especifican desde CoFiGa- incluía e incluye a la Comunidad Autónoma de Galicia”.

Los escritos enviados por CoFiGa a la Xunta de Galicia continúan argumentando que “el artículo 118 de la Ley 8/2008 de Salud de Galicia obliga al SERGAS a establecer un sistema de grados que posibilite la promoción profesional, con el reconocimiento de la carrera profesional tanto del personal estatutario como de otro tipo con categoría de licenciado o diplomado sanitario, que redunde en un complemento retribuido”. Especifican en este sentido que los fisioterapeutas cumplen los requisitos establecidos en dicha Ley, tal como está contemplado en la Ley de Ordenación de Profesiones Sanitarias.

Señala finalmente la institución colegial de los fisioterapeutas gallegos que “la promoción profesional constituye un elemento esencial del empleo público que la Administración Gallego no sólo no puede limitar, sino que al contrario de lo que viene sucediendo, tiene la obligación de reactivar con el reconocimiento de los grados de la carrera profesional de los fisioterapeutas del SERGAS, para cumplir con la legalidad vigente y no discriminar a su personal con respecto al de otras comunidades autónomas”.

La Carrera Profesional Sanitaria es un mecanismo que permite avalar objetivamente los méritos de los profesionales de la salud en su ejercicio profesional, tanto en los ámbitos asistencial como docente y de investigación.

Sin embargo, es un mecanismo que no se ha desarrollado en Galicia; de hecho, Galicia constituye la única comunidad autónoma de España que no ha desarrollado la Carrera Profesional Sanitaria. El argumento de la Xunta para tal incumplimiento de la Ley ha sido puramente económico.

Como consecuencias de este incumplimiento de la Ley, todos los profesionales sanitarios del SERGAS, entre ellos también los fisioterapeutas, están sufriendo un trato diferenciado respecto al resto de los trabajadores de los servicios públicos de salud de las restantes comunidades autónomas de España.

Esta discriminación provoca a su vez que los trabajadores sanitarios gallegos no puedan circular libremente por todo el territorio español en igualdad de condiciones salariales.

Además, la falta de estímulos e incentivos de los profesionales sanitarios también repercute en la calidad asistencial que ofrecen en el SERGAS. 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas