Convocatoria de Axudas de Investigación 2017-2018

Comenza o prazo de envío de solicitudes para optar ao Programa de Axudas á Investigación en Fisioterapia que CoFiGa convoca para o exercicio 2017/2018

20 Dic 2017 / Sede COFIGA
Comenza hoxe, 20 de decembro/2017, o prazo de envío de solicitudes para optar ao Programa de Axudas á Investigación que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) convoca para o exercicio 2017-2018.

O Programa de Axudas á Investigación convocado por CoFiGa ten por obxectivo colaborar economicamente desde a institución colexial no financiamento de proxectos de investigación científica ou tecnolóxica, individual ou colectiva, con especial atención a investigadores emerxentes ou noveis, que contribúan a desenvolvemento da investigación en Fisioterapia en Galicia.

Dotación económica e requisitos

Para o exercicio 2017-2018, conta cunha dotación económica total de 5.000 euros, que se repartirán nun máximo de 5 axudas dunha contía máxima de 1.000 euros para cada aspirante elixido.

Para optar á obtención destas axudas á investigación do CoFiGa, serán requisitos indispensables: que o investigador principal do proxecto estea en posesión da titulación universitaria en Fisioterapia, que o investigador principal do proxecto sexa colexiado vixente no CoFiGa e non estar a recibir ningunha axuda para o mesmo fin por calquera outro organismo público ou privado.

Unha Comisión Evaluadora designada para o efecto será a encargada de valorar o contido científico e a viabilidade dos proxectos das solicitudes presentadas e de trasladar os devanditos datos á Xunta de Goberno do CoFiGa, que será a encargada da resolución definitiva da concesión das axudas.

Envío de solicitudes

O período de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir de hoxe, 20 de decembro/2017 e deberán enviarse ao correo electrónico info@cofiga.org.

As bases da convocatoria, así como os formularios necesarios para a solicitude das axudas, poden descargarse en arquivos adxuntos.

Con esta iniciativa, a Xunta de Goberno do CoFiGa cumprimenta unha das liñas programáticas expostas na súa toma de posesión, respondendo desta maneir a unha das inquietudes e demandas postas de manifesto polo colectivo dos fisioterapeutas galegos.
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres