V Gala benéfica contra o cancro organizada por @aeccourense

Celebrarase o 2 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense e os fondos recadados servirán para financiar as actividades dunha entidade que celebra o seu 25 aniversario loitando contra o cancro

20 Nov 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

No seu 25 aniversario, @aeccourense organiza a V Gala benéfica contra o cancro, que se celebrará o próximo 2 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense e que servirá para recadar fondos para financiar as actividades dun colectivo que ten por obxectivo a loita contra o cancro.

A gala será presentada polo actor ourensán Rubén Riós e o humorista Xacobe Bruna e contará coas actuacións da banda de música Sonoro Maxín, o músico e cantante Miguel Arias, o grupo de pandeireteiras Xestreu, o meigo Marco, a escola de danza Nati Freta-Coppelia e o centro deportivo Moovett.

As entradas para asistir a esta gala benéfica poden adquirirse en @aeccourense (rúa Curros Enríquez, 26 -  teléfono 988 219 300) a un prezo de 5 euros en venda anticipada; ou de 8 euros no despacho de billetes do Auditorio Municipal de Ourense.

V Gala benéfica contra el cáncer organizada por @aeccourense

Se celebrará el 2 de diciembre en el Auditorio Municipal de Ourense y los fondos recaudados servirán para financiar las actividades de una entidad que celebra su 25 aniversario luchando contra el cáncer

En su 25 aniversario, @aeccourense  organiza la V Gala benéfica contra el cáncer, que se celebrará el próximo 2 de diciembre en el Auditorio Municipal de Ourense y que servirá para recaudar fondos para financiar las actividades de un colectivo que tiene por objetivo la luchar contra el cáncer.

La gala será presentada por el actor orensano Rubén Riós y el humorista Xacobe Bruña y contará con las actuaciones de la banda de música Sonoro Maxín, el músico y cantante Miguel Arias, el grupo de pandereteras Xestreu, el mago Marco, la escuela de danza Nati Fleta-Coppelia y el centro deportivo Moovett.

Las entradas para asistir a esta gala benéfica pueden adquirirse en @aeccourense (calle Curros Enríquez, 26 -  teléfono 988 219 300) a un precio de 5 euros en venta anticipada; o de 8 euros en la taquilla del Auditorio Municipal de Ourense.

Google Facebook Twitter Mas
Spot Loitadores

Un poema de Roberto Blanco Torres