ASEM-Galicia convida os fisioterapeutas galegos a asistir á exhibición de pádel adaptado e inclusivo que se celebra mañá en Vigo

Como unha das actividades do I Torneo organizado en beneficio de ASEM-Galicia, ten por obxectivo dar a coñecer as características desta modalidade deportiva e mostrar como persoas con algún tipo de discapacidade, xa sexa física ou psíquica, comparten unha actividade deportiva e de lecer con persoas que non as teñen

25 Ago 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

A Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM-Galicia) convida a todos os fisioterapeutas galegos a asistir mañá, sábado 26 de agosto, á exhibición de pádel adaptado e inclusivo que a partir das 19:00h en Vigo, nas instalacións de Vigo Pádel (estrada da Ponte Segade nº 29 Sárdoma).

A exhibición é unha das actividades organizadas dentro do I Torneo de Pádel Inclusivo que comezou o pasado 21 de agosto, organizado en beneficio de ASEM-Galicia e que conta co patrocinio de TierraTech e a colaboración da Federación Galega de Pádel.

Trátase dunha exhibición de pádel adaptado que correrá a cargo dos monitores de SinRed, o primeiro club de pádel adaptado, en cadeira de rodas e inclusivo de Galicia. O seu obxectivo é dar a coñecer as características do pádel adaptado (definición, modalidades, regulamento, técnica…), mostrando ao tempo como persoas con algún tipo de discapacidade, xa sexa física ou psíquica, comparten unha actividade deportiva e de lecer con persoas que non as teñen.

O deporte inclusivo permite a práctica conxunta de persoas con e sen diversidade funcional, axustándose ás posibilidades dos participantes e mantendo o obxectivo da especialidade deportiva de que se trate, neste caso do pádel, á marxe das capacidades de cada persoa. Os beneficios do deporte inclusivo van máis aló da actividade física, é unha actitude cara á práctica deportiva a todos os niveis que fomenta valores como a sensibilización, o coñecemento e respecto á diferenza, así como de promoción de hábitos saudables a través dun estilo de vida activo.

ASEM-Galicia invita a los fisioterapeutas gallegos a asistir a la exhibición de pádel adaptado e inclusivo que se celebra mañana en Vigo

Como una de las actividades del I Torneo organizado en beneficio de ASEM-Galicia, tiene por objetivo dar a conocer las características de esta modalidad deportiva y mostrar cómo personas con algún tipo de discapacidad, ya sea física o psíquica, comparten una actividad deportiva y de ocio con personas que no las tienen

La Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (ASEM-Galicia) invita a todos los fisioterapeutas gallegos a asistir mañana, sábado 26 de agosto, a la exhibición de pádel adaptado e inclusivo que a partir de las 19:00h en Vigo, en las instalaciones de Vigo Pádel (carretera da Ponte Segade nº 29 Sárdoma).

La exhibición es una de las actividades organizadas dentro del I Torneo de Pádel Inclusivo que comenzó el pasado 21 de agosto, organizado en beneficio de ASEM-Galicia cuenta con el patrocinio de TierraTech y la colaboración de la Federación Gallega de Pádel.

Se trata de una exhibición de pádel adaptado que correrá a cargo de los monitores de SinRed, el primer club de pádel adaptado, en silla de ruedas e inclusivo de Galicia. Su objetivo es dar a conocer las características del pádel adaptado (definición, modalidades, reglamento, técnica,…), mostrando al tiempo cómo personas con algún tipo de discapacidad, ya sea física o psíquica, comparten una actividad deportiva y de ocio con personas que no las tienen.

El deporte inclusivo permite la práctica conjunta de personas con y sin diversidad funcional, ajustándose a las posibilidades de los participantes y manteniendo el objetivo de la especialidad deportiva de que se trate, en este caso del pádel, al margen de las capacidades de cada persona. Los beneficios del deporte inclusivo van más allá de la actividad física, es una actitud hacia la práctica deportiva a todos los niveles que fomenta valores como la sensibilización, el conocimiento y respeto a la diferencia, así como de promoción de hábitos saludables a través de un estilo de vida activo.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas