Os fisioterapeutas axudan a evitar os riscos para a saúde que supón o intrusismo sanitario

Na campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) aclara este mes a terminoloxía que pode suscitar dúbidas entre a poboación

21 Jul 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

A proliferación de centros e profesionais non sanitarios, autodenominados masaxistas, quiromasaxistas ou quiroprácticos, que ofertan o tratamento de patoloxías e lesións a través de técnicas como a masaxe terapéutica, entre outras, constitúe un gran risco para a Saúde Pública. 

Estes pseudo-profesionais, formados mediante cursos que carecen de validez académica, poden comprometer gravemente a saúde dos pacientes ao aplicar técnicas con efectos contraproducentes.

Ademais, a maioría destes pseudo-profesionais non teñen contratada ningunha póliza de responsabilidade civil, polo que o paciente pode verse desamparado no suposto de reclamación ou conflito.

Existen unha serie de termos, como masaxista, quiromasaxista, quiropráctico, osteópata…, que xeran confusión entre a poboación.

Por todo elo, dentro da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) aclara este mes a terminoloxía que pode suscitar dúbidas entre a poboación:

https://youtu.be/pov5A7iOLIU (videoconsello do CoFiGa en galego)

https://youtu.be/zD_4D9VDMOg (videoconsello do CoFiGa en español)

https://www.cofiga.org/ciudadanos/sala-de-prensa/vídeos

Masaxista ou quiromasaxista

Os denominados masaxistas ou quiromasaxistas non son profesionais sanitarios, porque as súas prácticas non están legalmente reguladas en España como profesión sanitaria.

Os establecementos que anuncian este tipo de prácticas non están autorizados nin homologados pola Consellería de Sanidade como centros sanitarios e os pseudo-profesionais que as aplican non pertencen a ningún Colexio Profesional do ámbito sanitario nin ofrecen ao usuario un seguro de responsabilidade civil que os ampare. 

Polo tanto, non poden tratar ningún tipo de patoloxía nin aplicar ningún tipo de actuación terapéutica.

A masaxe utilizada como lecer, relax ou con fins estéticos, pode ser aplicado por profesionais non sanitarios, a condición de que non se use para o tratamento de lesións ou patoloxías.

Quiropráctico e osteópata

Outras denominacións, como quiropráctico ou osteópata, tamén xeran confusión entre a poboación.

No noso país, a Quiropráctica e a Osteopatía forman parte das competencias do fisioterapeuta; non figuran na Lei de Ordenación de Profesións Sanitarias e, por tanto, non existen como profesións sanitarias autónomas.

Para exercer como quiroprácticos e/ou osteópatas, en España é requisito indispensable estar en posesión da titulación de Fisioterapia.

Nin o Catálogo Xeral de Títulos Oficiais nin o de Cualificaciones Profesionais tampouco recollen as titulacións de masaxista, quiromasaxista, osteópata, quiroterapeuta, quiropráctico, naturópata, acupuntor…; tampouco as de auxiliar de Fisioterapia, auxiliar de Rehabilitación, auxiliar de Xeriatría, técnico de balneario…

Fisioterapeuta

O fisioterapeuta é o único profesional sanitario, de formación universitaria regrada, e con competencias amparadas por lei, habilitado para o tratamento de patoloxías mediante a aplicación de axentes físicos e técnicas (como son a masaxe ou o movemento), con fins terapéuticos ou preventivos. Ademais, conta coa regulación dun Colexio Profesional e cobertura de responsabilidade civil.

Garantías para a saúde

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) lembra que os problemas de saúde deben ser tratados sempre en centros sanitarios que cumpran cunha normativa técnica sanitaria que garante os dereitos do paciente, e atendidos por profesionais titulados universitarios e colexiados na súa institución profesional correspondente.

No caso do tratamento con Fisioterapia, a súa práctica legal e con garantías comeza sempre cunha toma de datos persoais de saúde e antecedentes, sempre mediante os procedementos establecidos segundo a lei de protección de datos; e realízanse sempre unha serie de valoracións segundo o razoamento clínico fisioterapéutico para expor uns obxectivos para conseguir a través dunha aplicación de técnicas que levan a cabo a través dun consentimento do paciente, do que se lle informa previamente.

Perigos da oferta de masaxes en rúas ou praias

Coa chegada do verán, as rúas das cidades e as praias do noso país énchense de masaxistas rueiros que ofrecen servizos de masaxe terapéutica sen ningún tipo de control sanitario, medidas hixiénicas ou permisos legais.

Este tipo de prácticas pode producir lesións importantes nos turistas e cidadáns que se presten a elas: desde unha dermatite de contacto por falta de hixiene ou unha tendinite no ombreiro ou o cóbado por sobre estiramento, ata unha fractura de costela e neumotórax; ou unha cervicalxia ou lesión neurolóxica alta por unha mala manipulación en rotación do pescozo.

Este tipo de actuacións constitúen unha práctica ilegal, que comete varias infraccións como a ocupación non autorizada da vía pública para actividades económicas, ou a infracción tributaria municipal e estatal. Pero o máis grave é a exposición do noso corpo a un serio perigo de sufrir lesións, ao poñernos en mans dunha persoa sen cualificación nin preparación sanitaria.

Evitar riscos

Para evitar riscos, non lla xogue: esixa sempre ser tratado por un fisioterapeuta colexiado, e en centros sanitarios autorizados pola Consellería de Sanidade.

Para cerciorarse en caso de dúbida, a páxina web do CoFiGa pon a disposición da poboación un Rexistro de profesionais colexiados, que está permanentemente actualizado.

Ademais, a Consellería de Sanidade ofrece, tamén a través da súa páxina web, un Rexistro dos centros sanitarios autorizados.

A saúde é algo demasiado valioso para deixala en mans de calquera.

Campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”

Cos videoconsellos da campaña 12 meses, 12 consellos de saúde, os fisioterapeutas galegos queren incidir na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde e resaltando ao mesmo tempo que unha das funcións fundamentais da Fisioterapia e dos fisioterapeutas é a prevención e non unicamente o tratamento de lesións e/ou enfermidades.

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) realiza estas recomendacións, conxuntamente cos colexios homónimos de Madrid, Cataluña, País Vasco e Navarra, cun novo videoconsello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”.

Cómo evitar los riesgos para la salud que supone el intrusismo sanitario

En la campaña “12 meses, 12 consejos de salud”, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) aclara este mes la terminología que puede suscitar dudas entre la población

La proliferación de centros y profesionales no sanitarios, autodenominados quiromasajistas o quiroprácticos, que ofertan el tratamiento de patologías y lesiones a través de técnicas como el masaje terapéutico, entre otras, constituye un gran riesgo para la Salud Pública. 

Estos pseudo-profesionales, formados mediante cursos que carecen de validez académica, pueden comprometer gravemente la salud de los pacientes al aplicar técnicas con efectos contraproducentes.

Además, la mayoría de estos pseudo-profesionales no tienen contratada ninguna póliza de responsabilidad civil, por lo que el paciente puede verse desamparado en el supuesto de reclamación o conflicto.

Existen una serie de términos, como masajista, quiromasajista, quiropráctico, osteópata… que generan confusión entre la población.

Por todo ello, dentro de la campaña “12 meses, 12 consejos de salud”, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) aclara este mes la terminología que puede suscitar dudas entre la población:

https://youtu.be/pov5A7iOLIU (videoconsello do CoFiGa en gallego)

https://youtu.be/zD_4D9VDMOg (videoconsello do CoFiGa en español)

https://www.cofiga.org/ciudadanos/sala-de-prensa/vídeos

Masajista o quiromasajista

Los denominados masajistas o quiromasajistas no son profesionales sanitarios, porque sus prácticas no están legalmente reguladas en España como profesión sanitaria.

Los establecimientos que anuncian este tipo de prácticas no están autorizados ni homologados por la Consellería de Sanidade como centros sanitarios y los pseudo-profesionales que las aplican no pertenecen a ningún Colegio Profesional del ámbito sanitario ni ofrecen al usuario un seguro de responsabilidad civil que los ampare. 

Por lo tanto, no pueden tratar ningún tipo de patología ni aplicar ningún tipo de actuación terapéutica.

El masaje utilizado como ocio, relax o con fines estéticos, puede ser aplicado por profesionales no sanitarios, siempre y cuando no se use para el tratamiento de lesiones o patologías.

Quiropráctico y osteópata

Otras denominaciones, como quiropráctico u osteópata, también generan confusión entre la población.

En nuestro país, la Quiropráctica y la Osteopatía forman parte de las competencias del fisioterapeuta; no figuran en la Ley de Ordenación de Profesiones Sanitarias y, por lo tanto, no existen como profesiones sanitarias autónomas.

Para ejercer como quiroprácticos y/o osteópatas, en España es requisito indispensable estar en posesión de la titulación de Fisioterapia.

Ni el Catálogo General de Títulos Oficiales ni el de Cualificaciones Profesionales tampoco recogen las titulaciones de masajista, quiromasajista, osteópata, quiroterapeuta, quiropráctico, naturópata, acupuntor…; tampoco las de auxiliar de Fisioterapia, auxiliar de Rehabilitación, auxiliar de Geriatría, técnico de balneario…

Fisioterapeuta

El fisioterapeuta es el único profesional sanitario, de formación universitaria reglada, y con competencias amparadas por ley, habilitado para el tratamiento de patologías mediante la aplicación de agentes físicos y técnicas (como son el masaje o el movimiento), con fines terapéuticos o preventivos. Además, cuenta con la regulación de un Colegio Profesional y cobertura de responsabilidad civil.

Garantías para la salud

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) recuerda que los problemas de salud deben ser tratados siempre en centros sanitarios que cumplan con una normativa técnica sanitaria que garantiza los derechos del paciente, y atendidos por profesionales titulados universitarios y colegiados en su institución profesional correspondiente.

En el caso del tratamiento con Fisioterapia, su práctica legal y con garantías comienza siempre con una toma de datos personales de salud y antecedentes, siempre mediante los procedimientos establecidos según la ley de protección de datos; y se realizan siempre una serie de valoraciones según el razonamiento clínico fisioterapéutico para plantear unos objetivos a conseguir a través de una aplicación de técnicas que llevan a cabo a través de un consentimiento del paciente, del que se le informa previamente.

Peligros de la oferta de masajes en calles o playas

Con la llegada del verano, las calles de las ciudades y las playas de nuestro país se llenan de masajistas callejeros que ofrecen servicios de masaje terapéutico sin ningún tipo de control sanitario, medidas higiénicas o permisos legales.

Este tipo de prácticas puede producir lesiones importantes en los turistas y ciudadanos que se presten a ellas: desde una dermatitis de contacto por falta de higiene o una tendinitis en el hombro o el codo por sobre estiramiento, hasta una fractura de costilla y neumotórax; o una cervicalgia o lesión neurológica alta por una mala manipulación en rotación del cuello.

Este tipo de actuaciones constituyen una práctica ilegal, que comete varias infracciones como la ocupación no autorizada de la vía pública para actividades económicas, o la infracción tributaria municipal y estatal. Pero lo más grave es la exposición de nuestro cuerpo a un serio peligro de sufrir lesiones, al ponernos en manos de una persona sin calificación ni preparación sanitaria.

Evitar riesgos

Para evitar riesgos, no se la juegue: exija siempre ser tratado por un fisioterapeuta colegiado, y en centros sanitarios autorizados por la Consellería de Sanidad.

Para cerciorarse en caso de duda, la página web del CoFiGa pone a disposición de la población un Registro de profesionales colegiados, que está permanentemente actualizado.

Además, la Consellería de Sanidad ofrece, también a través de su página web, un Registro de los centros sanitarios autorizados.

La salud es algo demasiado valioso para dejarla en manos de cualquiera.

Campaña “12 meses, 12 consejos de salud”

Con los videoconsejos de la campaña 12 meses, 12 consejos de salud, los fisioterapeutas gallegos quieren incidir en su vocación de servicio público a la población, contribuyendo de forma continuada al asesoramiento a la comunidad en temas relacionados con la promoción y la defensa de la salud y resaltando al mismo tiempo que una de las funciones fundamentales de la Fisioterapia y de los fisioterapeutas es la prevención y no únicamente el tratamiento de lesiones y/o enfermedades.

 

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) realiza estas recomendaciones, conjuntamente con los colegios homónimos de Madrid, Cataluña, País Vasco y Navarra, con un nuevo videoconsejo de la campaña “12 meses, 12 consejos de salud”. 

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas