A Fisioterapia, aliada fundamental dos afectados por Fibromialxia

Axuda aos afectados a mellorar e recuperar a súa condición física, reducindo a frecuencia e impacto da súa sintomatoloxía, caracterizada por dor muscuesquelética, crónica e xeneralizada de orixe descoñecido, que desencadea rixidez e debilidade de músculos

12 May 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Caracterizada por dor muscuesquelética, crónica e xeneralizada de orixe descoñecido, que desencadea rixidez e debilidade de músculos, tendóns e articulacións, sen unha inflamación reseñable, a Fibromialxia atopa na Fisioterapia unha aliada fundamental, axudando aos afectados a mellorar e recuperar a súa condición física, reducindo a frecuencia e impacto da súa sintomatoloxía e mellorando incluso o seu nivel emocional.

Aínda que non existen uns síntomas comúns, o 100% dos afectados rexistran unha dor xeneralizada de intensidade moi alta como síntoma principal, sobre todo na zona lumbar e cervical, e tamén en ombreiros e cadeira. Ademais, o 75% das persoas afectadas por Fibromialxia padecen un cadro asténico cunha fatiga sen causa que o xustifique, síntomas de inestabilidade ou mareo, rixidez matutina, ou soño non reparador. É unha enfermidade que afecta a entre o 3% e o 6% da poboación mundial, con maior incidencia en mulleres con idades comprendidas entre os 40 e 49 anos.

Na abordaxe da Fibromialxia, a Fisioterapia actúa mediante técnicas de control postural e respiratorio, exercicios de forza, resistencia e flexibilidade, masoterapia (superficial e lenta), termoterapia (lámpadas solares e infravermellos) e hidroterapia (duchas de auga quente a presión sobre a zona dolorida), ademais de utilizar tamén exercicios para estirar os músculos e mellorar a capacidade cardiovascular, xunto con técnicas de relaxación para aliviar a tensión muscular e a ansiedade.

Día Internacional da Fibromialxia

O 12 de maio de cada ano celébrase o Día Internacional da Fibromialxia, enfermidade que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñeceu en 1992 como reumática crónica.

La Fisioterapia, aliada fundamental de los afectados por Fibromialgia

Caracterizada por dolor muscuesquelético, crónico y generalizado de origen desconocido, que desencadena rigidez y debilidad de músculos, tendones y articulaciones, sin una inflamación reseñable, la Fibromialgia encuentra en la Fisioterapia una aliada fundamental, ayudando a los afectados a mejorar y recuperar su condición física, reduciendo la frecuencia e impacto de su sintomatología y mejorando incluso su nivel emocional.

Aunque no existen unos síntomas comunes, el 100% de los afectados registran un dolor generalizado de intensidad muy alta como síntoma principal, sobre todo en la zona lumbar y cervical, y también en hombros y caderas. Además, el 75% de las personas afectadas por Fibromialgia padecen un cuadro asténico con una fatiga sin causa que lo justifique, síntomas de inestabilidad o mareo, rigidez matutina, o sueño no reparador. Es una enfermedad que afecta a entre el 3% y el 6% de la población mundial, con mayor incidencia en mujeres con edades comprendidas entre los 40 y 49 años.

En el abordaje de la Fibromialgia, la Fisioterapia actúa mediante técnicas de control postural y respiratorio, ejercicios de fuerza, resistencia y flexibilidad, masoterapia (superficial y lenta), termoterapia (lámparas solares e infrarrojos) e hidroterapia (duchas de agua caliente a presión sobre la zona dolorida), además de utilizar también ejercicios para estirar los músculos y mejorar la capacidad cardiovascular,  junto con técnicas de relajación para aliviar la tensión muscular y la ansiedad.

Día Internacional de la Fibromialgia

El 12 de mayo de cada año se celebra el Día Internacional de la Fibromialgia, enfermedad que la Organización Mundial de la Salud (OMS) reconoció en 1992 como reumática crónica.

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas