O presidente do CoFiGa reivindica que as futuras ofertas públicas de emprego anunciadas pola Xunta de Galicia “ábranse” aos fisioterapeutas

Nunha entrevista que publica hoxe o diario La Voz de Galicia, Perfecto Pampín argumenta que, a pesar de ser un dos colectivos sanitarios máis e mellor valorados pola poboación, está actualmente “infrautilizado” e “desaproveitado” no noso sistema público de saúde

29 Mar 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Que Galicia se sitúe entre as primeiras comunidades españolas cunha poboación máis envellecida, repercutindo directamente nun progresivo incremento da cronificación de enfermidades e no consecuente aumento do gasto sanitario, constitúe un aspecto máis que determinante para que a Consellería de Sanidade e o Sergas aposten pola Fisioterapia e os fisioterapeutas para mellorar a eficiencia do sistema público de saúde.

Así o pon de manifesto o presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Perfecto Pampín Lado, nunha entrevista que publica hoxe o diario La Voz de Galicia, na que argumenta que incrementar o número de fisioterapeutas que prestan actualmente os seus servizos no Sergas repercutiría notablemente tanto nunha maior eficiencia do sistema público de saúde como nunha considerable redución do gasto sanitario.

Con todo e a pesar de ser un dos colectivos sanitarios máis e mellor valorados pola poboación, o presidente do CoFiGa considera que o fisioterapeuta está actualmente “infrautilizado” e “desaproveitado” no noso sistema público de saúde.

Por iso, o presidente do CoFiGa reivindica que as futuras ofertas públicas de emprego anunciadas pola Xunta de Galicia “ábranse” aos fisioterapeutas.

Porque, tal e como explica Perfecto Pampín na entrevista, cunha adecuada presenza de fisioterapeutas en todos os servizos do sistema público de saúde “poderíase reducir o gasto farmacéutico, poderíase reducir a duración de moitas hospitalizacións, acurtaríanse as listas de espera... e, o que é máis importante, melloraríase a calidade de vida de moitos enfermos”.

Durante a entrevista, o presidente do CoFiGa tamén explica o importante labor preventivo que pode desenvolver o fisioterapeuta no ámbito da prevención, porque “reduciría as baixas médicas, o consumo de medicamentos e moitas cirurxías”, ademais de mellorar a calidade de vida da poboación. Porque, tal e como destaca Perfecto Pampín, “unha consulta a tempo pode aforrar dor e, tamén, diñeiro público”.

Por todo iso, en representación do colectivo dos fisioterapeutas galegos, Perfecto Pampín Lado finaliza a entrevista poñendo o CoFiGa a disposición da Consellería de Sanidade e do Sergas para contribuír e axudar na mellora da eficiencia do sistema público de saúde na que están a traballar.

A entrevista completa al presidente do CoFiGa pode descargarse no pdf adxunto e na ligazón :

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/03/29/fisioterapeuta-infrautilizado-sistema-publico-saúde/0003_201703A29C12991.htm

El presidente del CoFiGa reivindica que las futuras ofertas públicas de empleo anunciadas por la Xunta de Galicia “se abran” a los fisioterapeutas

En una entrevista que publica hoy el diario La Voz de Galicia, Perfecto Pampín argumenta que, a pesar de ser uno de los colectivos sanitarios más y mejor valorados por la población, está actualmente “infrautilizado” y “desaprovechado” en nuestro sistema público de salud

Que Galicia se sitúe entre las primeras comunidades españolas con una población más envejecida, repercutiendo directamente en un progresivo incremento de la cronificación de enfermedades y en el consiguiente aumento del gasto sanitario, constituye un aspecto más que determinante para que la Consellería de Sanidade y el Sergas apuesten por la Fisioterapia y los fisioterapeutas para mejorar la eficiencia del sistema público de salud.

Así lo pone de manifiesto el presidente del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Perfecto Pampín Lado, en una entrevista que publica hoy el diario La Voz de Galicia, en la que argumenta que incrementar el número de fisioterapeutas que prestan actualmente sus servicios en el Sergas repercutiría notablemente tanto en una mayor eficiencia del sistema público de salud como en una considerable reducción del gasto sanitario.

Sin embargo y pese a ser uno de los colectivos sanitarios más y mejor valorados por la población, el presidente del CoFiGa considera que el fisioterapeuta está actualmente “infrautilizado” y “desaprovechado” en nuestro sistema público de salud.

Por ello, el presidente del CoFiGa reivindica que las futuras ofertas públicas de empleo anunciadas por la Xunta de Galicia “se abran” a los fisioterapeutas.

Porque, tal y como explica Perfecto Pampín en la entrevista, con una adecuada presencia de fisioterapeutas en todos los servicios del sistema público de salud “se podría reducir el gasto farmacéutico, se podría reducir la duración de muchas hospitalizaciones, se acortarían las listas de espera... y, lo que es más importante, se mejoraría la calidad de vida de muchos enfermos”.

Durante la entrevista, el presidente del CoFiGa también explica la importante labor preventiva que puede desarrollar el fisioterapeuta en el ámbito de la prevención, porque “reduciría las bajas médicas, el consumo de medicamentos y muchas cirugías”, además de mejorar la calidad de vida de la población. Porque, tal y como destaca Perfecto Pampín, “una consulta a tiempo puede ahorrar dolor y, también, dinero público”.

Por todo ello, en representación del colectivo de los fisioterapeutas gallegos, Perfecto Pampín Lado finaliza la entrevista poniendo el CoFiGa a disposición de la Consellería de Sanidade y del Sergas para contribuir y ayudar en la mejora de la eficiencia del sistema público de salud en la que están trabajando.

La entrevista completa al presidente del CoFiGa puede descargarse en el pdf adjunto y en el enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/03/29/fisioterapeuta-infrautilizado-sistema-publico-salud/0003_201703A29C12991.htm

La Fisioterapia te da el aire que necesitas