Completa crónica das XV Xornadas Galegas de Fisioterapia, no novo número de Fisioterapia Galega

Na nova sección Informe do Presidente e có título “Xuntos somos 2.536 veces máis fortes”, Perfecto Pampín anima aos fisioterapeutas galegos a colaborar activamente co CoFiGa na defensa e dignificación da Fisioterapia

10 Mar 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Unha completa crónica sobre o desenvolvemento  das XV Xornadas Galegas de Fisioterapia, nas que se evidenciou o consenso dos profesionais sanitarios sobre o determinante papel da Fisioterapia na abordaxe integral e multidisciplinar do Linfedema, é o tema que centra o novo número de Fisioterapia Galega, unha publicación que edita o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

Este novo número de Fisioterapia Galega tamén estrea unha nova sección, Informe do Presidente, na que co título “Xuntos somos 2.536 veces máis fortes”, Perfecto Pampín Lado anima aos fisioterapeutas galegos a colaborar activamente co CoFiGa na defensa e dignificación da Fisioterapia.

Inclúe así mesmo a publicación unha interesante reportaxe na que se detallan as competencias e funcións dos fisioterapeutas,  e que se complementa cunha entrevista á asesora xurídica do CoFiGa, na que profunda sobre o marco legal que sustenta no noso país a práctica da Fisioterapia, ademais de detallar as dúbidas e tipo de consultas que con maior frecuencia expoñen os colexiados e informar sobre os pasos necesarios para denunciar un presunto caso de intrusismo profesional.

A reunión mantida polo presidente do CoFiGa co conselleiro de sanidade e co xerente do Sergas, ante os que defendeu a importante función dos fisioterapeutas no servizo público de saúde; as formulacións que motivaron a candidatura presentada por CoFiGa ao Comité Executivo do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE), así como as accións desenvolvidas polo CoFiGa ante a denuncia de fomento do intrusismo en formación continuada e sobre as irregularidades detectadas no desenvolvemento das Xornadas de Solo Pelviano organizadas polo EOXI Pontevedra-O Salnés, son aspectos que complementan a información institucional sobre a actividade desenvolvida polo CoFiGa nos últimos meses.

Xa no plano divulgativo, o novo número de Fisioterapia Galega inclúe senllos artigos sobre o fundamental papel da Fisioterapia Oncolóxica no todo o proceso de tratamento do cancro e sobre o tratamento desde a Fisioterapia dos múltiples síntomas dolorosos que poden chegar a producir os problemas da articulación da mandíbula.

https://www.cofiga.org/adjuntos/revista/revista_23.1489133246.pdf

Completa crónica de las XV Xornadas Galegas de Fisioterapia, en el nuevo número de Fisioterapia Galega

Una completa crónica sobre el desarrollo  de las XV Xornadas Galegas de Fisioterapia, en las que se evidenció el consenso de los profesionales sanitarios sobre el determinante papel de la Fisioterapia en el abordaje integral y multidisciplinar del Linfedema, es el tema que centra el nuevo número de Fisioterapia Galega, una publicación que edita el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

Este nuevo número de Fisioterapia Galega también estrena una nueva sección, Informe del Presidente, en la que con el título “Juntos somos 2.536 veces más fuertes”, Perfecto Pampín Lado anima a los fisioterapeutas gallegos a colaborar activamente con el CoFiGa en la defensa y dignificación de la Fisioterapia.

Incluye así mismo la publicación un interesante reportaje en el que se detallan las competencias y funciones de los fisioterapeutas,  y que se complementa con una entrevista a la asesora jurídica del CoFiGa, en el que profundiza sobre el marco legal que sustenta en nuestro país la práctica de la Fisioterapia, además de detallar las dudas y tipo de consultas que con mayor frecuencia plantean los colegiados e informar sobre los pasos necesarios para denunciar un presunto caso de intrusismo profesional.

La reunión mantenida por el presidente del CoFiGa con el conselleiro de sanidad y con el gerente del Sergas, ante los que defendió la importante función de los fisioterapeutas en el servicio público de salud; los planteamientos que motivaron la candidatura presentada por CoFiGa al Comité Ejecutivo del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE), así como las acciones desarrolladas por el CoFiGa ante la denuncia de fomento del intrusismo en formación continuada y sobre las irregularidades detectadas en el desarrollo de las Jornadas de Suelo Pélvico organizadas por el EOXI Pontevedra-O Salnés, son aspectos que complementan la información sobre la actividad institucional desarrollada por el CoFiGa en los últimos meses.

Ya en el plano divulgativo, el nuevo número de Fisioterapia Galega incluye sendos artículos sobre el fundamental papel de la Fisioterapia Oncológica en el todo el proceso de tratamiento del cáncer y sobre el tratamiento desde la Fisioterapia de los múltiples síntomas dolorosos que pueden llegar a producir los problemas de la articulación de la mandíbula.

https://www.cofiga.org/adjuntos/revista/revista_23.1489133246.pdf

La Fisioterapia te da el aire que necesitas