A Asociación Galega de Linfedema (AGL) pon en marcha o Servizo de Fisioterapia especializado no tratamento desta enfermidade

AGL sinala que “a sanidade pública galega non ofrece un servizo especializado, nin existen suficientes fisioterapeutas especializados/as que traten correctamente esta enfermidade”, polo que o Servizo que poñen en marcha prevé beneficiar en 2017 a unhas 50 persoas de toda Galicia

15 Feb 2017 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

A Asociación Galega de Linfedema (AGL) desenvolverá durante este ano 2017 o proxecto “Servizo de Fisioterapia especializado en Linfedema”, co que se pretende mellorar as capacidades de cada participante para facilitar a súa autonomía persoal a través da  integración social e laboral. O Servizo prevé beneficiar a aproximadamente 50 persoas de toda Galicia.

Financiamento do proxecto

Este proxecto execútase grazas á subvención de 12.000 euros procedente do  0,7% do IRPF do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a subvención de 11.000 euros da Fundación ONCE, xestionado por COCEMFE dentro do seu Programa “Atención integral dirixida á promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade”.

Proxectos como este desenvólvense grazas á solidariedade dos contribuíntes que cada ano marcan na súa declaración da renda a casa de Actividades de Interese xeral consideradas de interese social.

Linfedema

O Linfedema (alteración do sistema linfático) é unha enfermidade grave, crónica e progresiva, de evolución lenta, que proporcionalmente afecta as mulleres. Non existen fármacos ou intervencións cirúrxicas eficaces.

Na actualidade, o tratamento fisioterapéutico especializado está demostrado que é o máis efectivo para evitar que a enfermidade empeore e agrávese, tal e como recentemente púxose de manifesto nas XV Xornadas Galegas de Fisioterapia organizadas en Ferrol conxuntamente polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) e o Sergas. 

Segundo sinala a Sociedade Española de Anxioloxía e Cirurxía Vascular (SEACV) e a Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física (SERMEF), máis de 900.000 persoas en España padecen un linfedema e, estímase que só en linfedemas secundarios asociados a intervencións de cancro de mama, 3.000 mulleres cada ano van desenvolver linfedema en España.  En Galicia, calcúlase que existen unhas 50.000 persoas afectadas.

Déficit de atención especializada na sanidade pública galega

AGL sinala no seu comunicado que “a sanidade pública galega non ofrece un servizo especializado, nin existen suficientes fisioterapeutas especializados/as, que traten correctamente esta enfermidade”.

Por este motivo AGL pon en marcha un Programa de Fisioterapia especializada en Linfedema, con profesionais especializados/as, que irá destinado a unhas 50 persoas afectadas, pertencentes ás principais cidades galegas e preferentemente mulleres da área rural.

Con este servizo AGL quere reducir os efectos incapacitantes desta enfermidade, favorecendo a autonomía persoal, as posibilidades de integración socio-laboral e a mellora da calidade de vida das persoas afectadas.

Asociación Galega do Linfedema

A Asociación Galega de Linfedema (AGL) é unha Organización non Gobernamental constituída no ano 2004, cuxo obxectivo principal é contribuír ao coñecemento estudo e investigación do Linfedema, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con Linfedema e outras patoloxías análogas, así como ás súas familias. AGL forma parte de: COGAMI (Confederación Galega de persoas con discapacidade), FEDEAL (Federación Española de asociacións de Linfedema) e FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades raras e crónicas).

Máis información:

Asociación Galega de Linfedema (AGL)

info@linfedemagalicia.com

La Asociación Gallega de Linfedema (AGL) pone en marcha el Servicio de Fisioterapia especializado en el tratamiento de esta enfermedad

AGL señala que “la sanidad pública gallega no ofrece un servicio especializado, ni existen suficientes fisioterapeutas especializados/as que traten correctamente esta enfermedad”, por lo que el Servicio que ponen en marcha prevé beneficiar en 2017 la unas 50 personas de toda Galicia

La Asociación Gallega de Linfedema (AGL) desarrollará  durante este año 2017 el proyecto “Servicio de Fisioterapia especializado en Linfedema”, con el que se pretende mejorar las capacidades de cada participante para facilitar su autonomía personal a través de la  integración social y laboral. El Servicio prevé beneficiar a aproximadamente 50 personas de toda Galicia.

Financiación del proyecto

Este proyecto se ejecuta gracias a la subvención de 12.000 euros procedente del  0,7% del IRPF del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad y la subvención de 11.000 euros de la Fundación ONCE, gestionado por COCEMFE dentro de su Programa “Atención integral dirigida a la promoción de la autonomía personal de las personas con discapacidad”.

Proyectos como este se desarrollan gracias a la solidaridad de los contribuyentes que cada año marcan en su declaración de la renta a casa de Actividades de Interés general consideradas de interés social.

Linfedema

El Linfedema (alteración del sistema linfático) es una enfermedad grave, crónica y progresiva, de evolución lenta, que proporcionalmente afecta a las mujeres. No existen fármacos o intervenciones quirúrgicas eficaces.

En la actualidad, el tratamiento fisioterapéutico especializado está demostrado que es el más efectivo para evitar que la enfermedad empeore y se agrave, tal y como recientemente se  puso de manifiesto en las XV Xornadas Galegas de Fisioterapia organizadas en Ferrol conjuntamente por el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) y el Sergas.

Según señala la Sociedad Española de Angiología y Cirugía Vascular (SEACV) y la Sociedad Española de Rehabilitación y Medicina Física (SERMEF), más de 900.000 personas en España padecen un linfedema y, se estima que sólo en linfedemas secundarios asociados a intervenciones de cáncer de mama, 3.000 mujeres cada año van a desarrollar linfedema en España.  En Galicia, se calcula que existen unas 50.000 personas afectadas.

Déficit de atención especializada en la sanidad pública gallega

AGL señala en su comunicado que “la sanidad pública gallega no ofrece un servicio especializado, ni existen suficientes fisioterapeutas especializados/las, que traten correctamente esta enfermedad”.

Por este motivo AGL ponen en marcha un Programa de Fisioterapia especializada en Linfedema, con profesionales especializados/las, que irá destinado a unas 50 personas afectadas, pertenecientes a las principales ciudades gallegas y preferentemente mujeres del área rural.

Con este servicio AGL quiere reducir los efectos incapacitantes de esta enfermedad, favoreciendo la autonomía personal, las posibilidades de integración socio-laboral y la mejora de la calidad de vida de las personas afectadas.

Asociación Gallega del Linfedema

La Asociación Gallega de Linfedema (AGL) es una Organización no Gubernamental constituida en el año 2004, cuyo objetivo principal es contribuir al conocimiento estudio e investigación del Linfedema, así como promocionar y llevar a cabo toda clase de acciones destinadas a mejorar la situación de las personas con Linfedema y otras patologías análogas, así como a sus familias. AGL forma parte de: COGAMI (Confederación Gallega de personas con discapacidad), FEDEAL (Federación Española de asociaciones de Linfedema) y FEGEREC (Federación Gallega de Enfermedades raras y crónicas).

Más información:

Asociación Gallega de Linfedema (AGL)

info@linfedemagalicia.com

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas