Comunicado CoFiGa: Os graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte non son profesionais sanitarios e non están lexitimados nin capacitados para diagnosticar nin tratar doenzas ou enfermidades

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) dá resposta á campaña iniciada recentemente en redes sociais polo Colexio de Educadores Físicos de Galicia (COLEF), na que se incentiva á consulta con educadores físicos ante a presenza de dor

08 Nov 2016 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Os graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte non son profesionais sanitarios, polo que non están legalmente lexitimados nin capacitados para diagnosticar e/ou tratar doenzas ou enfermidades, competencias que se encadran unicamente no ámbito da saúde. Así o pon de manifesto o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) nun comunicado co que dá resposta á campaña iniciada recentemente en redes sociais polo Colexio de Educadores Físicos de Galicia (COLEF) e na que se incentiva á consulta con educadores físicos ante a presenza de dor.

Na argumentación legal que dá soporte ao comunicado, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia pon de manifesto que o artigo 43.1 da Constitución Española recoñece o “dereito á protección da saúde”, mentres que o apartado terceiro de idéntico precepto establece que “os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte”, así como “a utilización adecuada do lecer”.

En relación coa protección da saúde, a Lei 44/2003, de ordenación de profesións sanitarias, determina que os únicos profesionais sanitarios titulados son: médico, farmacéutico, odontólogo, veterinario, enfermeiro, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, podólogo, óptico e optometrista, logopeda e nutricionista.

Por contraposición, en relación coa educación física e o deporte, non se desenvolveu, nin a nivel estatal nin a nivel autonómico, unha lei que contemple cales son os profesionais do deporte titulados. Non existe, por tanto, a diferenza do que ocorre coas profesións sanitarias, entre as que se atopa a Fisioterapia, unha lei que determine cales son as denominacións, funcións e réxime xurídico do exercicio das profesións do deporte (entre as que, de acordo co Ministerio de Educación, atoparase a do Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte).

Por todo iso, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia insisten no seu comunicado en que “non debemos, nin podemos, confundir a titulación e funcións do Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte coas do Graduado en Fisioterapia. Pois:

- Nin a catalogación profesional dos Graduados é a mesma: un é un profesional do deporte, mentres que o outro, o Fisioterapeuta, é un profesional sanitario;

- Nin as súas funcións son similares ou minimamente lindeiras: o educador físico carece de funcións definidas por lei, pero, en todo caso, limítanse ao estrito ámbito do deporte, mentres que o Fisioterapeuta está capacitado para diagnosticar e tratar determinadas doenzas ou enfermidades, dado que as súas competencias encádranse no ámbito de lla saúde”.

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia precisa no seu comunicado que os profesionais do deporte atenden a “clientes”, e en cambio, os Fisioterapeutas e outros profesionais sanitarios, tratan e coidan a “pacientes”, explicando que “cando o cliente dun educador físico sofre calquera tipo de dor ou enfermidade, a consecuencia do deporte practicado, o profesional que poderá determinar a causa da devandito dor e o mellor tratamento ou cura para o mesmo, terá que ser, necesariamente, sanitario (ben sexa un médico, ou ben, un fisioterapeuta)”.

Incide polo tanto o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia en que “o educador físico poderá alertar ao seu cliente dos riscos que poida provocar un determinado exercicio ou unha pauta ou modo de realizalo, pero non poderá determinar nin cal é a concreta causa da dor sufrida, nin cal o seu remedio. Non poderá facelo porque carece dos coñecementos e competencias para iso”.

O comunicado do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia finaliza aseverando que, segundo establece o artigo 2 da Lei 44/2003, as profesións sanitarias tituladas e reguladas, son aquelas cunha “formación especializada dirixida específica e fundamentalmente a dotar aos interesados dos coñecementos, habilidades e actitudes propias da atención de saúde, e que están organizadas en colexios profesionais oficialmente recoñecidos polos poderes públicos”.

 

COMUNICADO DEL COLEXIO OFICIAL DE FISIOTERAPEUTAS DE GALICIA (COFIGA):

Los graduados en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte non son profesionales sanitarios y no están legitimados ni capacitados para diagnosticar ni tratar dolencias o enfermedades

Los graduados en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte no son profesionales sanitarios, por lo que no están legalmente legitimados ni capacitados para diagnosticar y/o tratar dolencias o enfermedades, competencias que se encuadran únicamente en el ámbito de la salud. Así lo pone de manifiesto el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) en un comunicado con el que da respuesta a la campaña iniciada recientemente en redes sociales por el Colegio de Educadores Físicos de Galicia (COLEF) y en la que se incentiva a la consulta con educadores físicos ante la presencia de dolor.

En la argumentación legal que da soporte al comunicado, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia pone de manifiesto que el artículo 43.1 de la Constitución Española reconoce el “derecho a la protección de la salud”, mientras que el apartado tercero de idéntico precepto establece que “los poderes públicos fomentarán la educación sanitaria, la educación física y el deporte”, así como “la utilización adecuada del ocio”.

En relación con la protección de la salud, la Ley 44/2003, de ordenación de profesiones sanitarias, determina que los únicos profesionales sanitarios titulados son: médico, farmacéutico, odontólogo, veterinario, enfermero, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, podólogo, óptico y optometrista, logopeda y nutricionista.

Por contraposición, en relación con la educación física y el deporte, no se ha desarrollado, ni a nivel estatal ni a nivel autonómico, una ley que contemple cuáles son los profesionales del deporte titulados. No existe, por tanto, a diferencia de lo que ocurre con las profesiones sanitarias, entre las que se encuentra la Fisioterapia, una ley que determine cuáles son las denominaciones, funciones y régimen jurídico del ejercicio de las profesiones del deporte (entre las que, de acuerdo con el Ministerio de Educación, se encontrará la del Graduado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte).

Por todo ello, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia insisten en su comunicado en que “no debemos, ni podemos, confundir la titulación y funciones del Graduado en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte con las del Graduado en Fisioterapia. Pues:

- Ni la catalogación profesional de los Graduados es la misma: uno es un profesional del deporte, mientras que el otro, el Fisioterapeuta, es un profesional sanitario;

- Ni sus funciones son similares o mínimamente colindantes: el educador físico carece de funciones definidas por ley, pero, en todo caso, se limitan al estricto ámbito del deporte, mientras que el Fisioterapeuta está capacitado para diagnosticar y tratar determinadas dolencias o enfermedades, dado que sus competencias se encuadran en el ámbito de la salud”.

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia precisa en su comunicado que los profesionales del deporte atienden a “clientes”, y en cambio, los Fisioterapeutas y otros profesionales sanitarios, tratan y cuidan a “pacientes”, explicando que “cuando el cliente de un educador físico sufre cualquier tipo de dolor o enfermedad, a consecuencia del deporte practicado, el profesional que podrá determinar la causa de dicho dolor y el mejor tratamiento o cura para el mismo, tendrá que ser, necesariamente, sanitario (bien sea un médico, o bien, un fisioterapeuta)”.

Incide por lo tanto el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia en que “el educador físico podrá alertar a su cliente de los riesgos que pueda provocar un determinado ejercicio o una pauta o modo de realizarlo, pero no podrá determinar ni cuál es la concreta causa del dolor sufrido, ni cuál su remedio. No podrá hacerlo porque carece de los conocimientos y competencias para ello”.

 

El comunicado del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia finaliza aseverando que, según establece el artículo 2 de la Ley 44/2003, las profesiones sanitarias tituladas y reguladas, son aquellas cuya “formación especializada se dirige específica y fundamentalmente a dotar a los interesados de los conocimientos, habilidades y actitudes propias de la atención de salud, y que están organizadas en colegios profesionales oficialmente reconocidos por los poderes públicos”.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas