SERGAS: Listas definitivas de baremación de selección temporal e promoción profesional de diversas categorías sanitarias


03 Feb 2014 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición do 31 de xaneiro de 2014, o anuncio polo que se dá publicidade ás listas definitivas, con orde de prelación e puntuación definitiva das categorías sanitarias de Fisioterapeuta, Terapeuta ocupacional, Técnico/a superior en documentación sanitaria, Técnico/a en farmacia e Técnico/a superior en dietética.

A xeración de listas efectuouse coas persoas inscritas ata o 31 de outubro de 2012. Os profesionais inscritos con posterioridade a esta data incluiranse na relación de admitidos do seguinte proceso de xeración automatizada que se efectúe na indicada categoría.

En total resultaron admitidos 2.223 aspirantes, que poderán ser chamados desde o 5 de febreiro para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde

As listas atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e entrarán en vigor con efectos do día 5 de febreiro de 2014, resultando de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir de dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado por Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89 do 9 de maio).

Poderá consultar ademáis o estado da súa solicitude no apartado procesos no seu Expedient-e en FIDES.

Para calquera consulta poderá dirixirse aos Centros de Xestión do Servizo Galego de Saúde (http://www.sergas.es/Docs/Profesional/Directorio%20Unidades%20de%20informacion%20gal.pdf) ou formular a súa pregunta no seguinte buzón: novopacto@sergas.es.

Con esta, suman xa 24 as categorías con listas actualizadas co novo Pacto en funcionamento desde a posta en marcha de Fides/expedient-e, e que contan con case 34.000 persoas admitidas. A categoría con maior número de solicitudes é a de Fisioterapeuta con 919 aspirantes inscritos

Os aspirantes inscritos poden consultar a través do sistema do Expediente electrónico do profesional a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.

Ademais, están a disposición das persoas interesadas os resultados definitivos de baremación na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). 

As listas entrarán en vigor con efectos do 5 de febreiro de 2014, resultando de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir de dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado por Resolución do 26 de abril de 2011.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas