A Comisión de Pediatría do CoFiGa organiza unha iniciativa solidaria para doar órtesis Dafo destinadas a poboación infantil con parálise cerebral e diversidade funcional de Kenia

A través de Man Project, ONG con base en Galicia que colabora con “Cerebral Palsy Ukunda” e que preside a colexiada Marta Falguera

29 Ago 2025 / prensa cofiga / Sede COFIGA

A Comisión de Pediatría do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) solicita a colaboración do colectivo para doar órtesis Dafo (Dynamic Ankle Foot Orthosis) destinadas a poboación infantil con parálise cerebral e diversidade funcional de Kenia (África).

Trátase dunha iniciativa solidaria que a Comisión de Pediatría do CoFiGa está a organizar como resposta á petición formulada pola colexiada Marta Falguera, presidenta de Man Project, unha ONG con base en Galicia que colabora con Cerebral Palsy Ukunda levando a cabo un proxecto de cooperación destinado a solventar as necesidades físicas especiais e facilitar a inclusión de poboación infantil con parálise cerebral e diversidade funcional da rexión de Ukunda, en Kenia, ao mellorar con prótese Dafo as súas limitacións motoras.

Para iso, desde a Comisión de Pediatría do CoFiGa establecéronse diferentes puntos de recollida, que estarán activos ata novembro deste ano:

- En Santiago de Compostela: Centro Falguera (rúa do Valiño, 65 - baixo 4).

- En Lugo: Centro Muñoz Balaguer (rúa Ramón Montenegro, 30 - baixo).

https://www.mamprojectukunda.org/es

La Comisión de Pediatría del CoFiGa organiza una iniciativa solidaria para donar órtesis Dafo destinadas a población infantil con parálisis cerebral y diversidad funcional de Kenia

A través de Man Project, ONG con base en Galicia que colabora con Cerebral Palsy Ukunda y que preside la colegiada Marta Falguera

La Comisión de Pediatría del Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) solicita la colaboración del colectivo para donar órtesis Dafo (Dynamic Ankle Foot Orthosis) destinadas a población infantil con parálisis cerebral y diversidad funcional de Kenia (África).

Se trata de una iniciativa solidaria que la Comisión de Pediatría del CoFiGa está organizando como respuesta a la petición formulada por la colegiada Marta Falguera, presidenta de Man Project, una ONG con base en Galicia que colabora con Cerebral Palsy Ukunda llevando a cabo un proyecto de cooperación destinado a solventar las necesidades físicas especiales y facilitar la inclusión de población infantil con parálisis cerebral y diversidad funcional de la región de Ukunda, en Kenia, al mejorar con prótesis Dafo sus limitaciones motoras.

Para ello, desde la Comisión de Pediatría del CoFiGa se han establecido diferentes puntos de recogida que estarán activos hasta noviembre de este año:

- En Santiago de Compostela: Centro Falguera (rúa do Valiño, 65 - bajo 4).

- En Lugo: Centro Muñoz Balaguer (calle Ramón Montenegro, 30 - bajo).

https://www.mamprojectukunda.org/es

 

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas