O CoFiGa ultima a conmemoración do 25 Aniversario da súa constitución como institución profesional representativa en Galicia do colectivo de fisioterapeutas

Cunha gran Gala que terá lugar o sábado 7 de setembro en Santiago de Compostela e que anuncia no novo número da revista Fisioterapia Galega

25 Mar 2024 / prensa cofiga / Sede COFIGA

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebra este ano o 25 Aniversario da súa constitución como institución profesional representativa en Galicia do colectivo de fisioterapeutas: 1999-2024.

Con tal motivo e ao fío da conmemoración do Día Mundial da Fisioterapia 2024 (8 de setembro), o sábado 7 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela a gran Gala 25 Aniversario CoFiGa, con cóctel, comida, acto institucional y tarde repleta de sorpresas, tendo como marco o claustro do emblemático Convento San Francisco.

Coa Fisioterapia Galega como protagonista, este especial evento permitirá compartir e fortalecer relacións profesionais e persoais entre colexiados/as CoFiGa, compañeiros/as doutros Colexios de Fisioterapeutas de España, representantes doutras profesións sanitarias e autoridades autonómicas, provinciais e locais.

Novo número da revista Fisioterapia Galega

É a noticia principal do novo número da revista Fisioterapia Galega, o Boletín Oficial do CoFiGa, que tamén inclúe información sobre:

- Reivindicacións plantexadas pola Xunta de Goberno a partidos e formacións políticas que concurriron as recentes eleccións ao Parlamento de Galicia.

- Convenios que a institución colexial mantén con entidades, empresas e establecementos que ofrecen vantaxes e descontos económicos a colexiados/as.

- Fisioterapia Galega diante do 8M-Día Internacional da Muller, con tributo a referentes académicas.

- Incorporación do profesor José Senín Camargo ao novo Equipo de Goberno da da Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia (CNDFF).

- Doutoramento da profesora Sandra Martínez Bustelo.

- Ensaio clínico do grupo de investigación en Fisioterapia Clínica (FS1) da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra (Universidade de Vigo) sobre o impacto da Fisioterapia no benestar psicolóxico de mulleres vítimas de violencia de xénero.

- Proxecto realizado polo grupo de investigación HealthyFit (Universidade de Vigo) e promovido por Cruz Vermella de Lugo para avaliar os efectos do exercicio físico con realidade virtual en pacientes con dano cerebral adquirido.

- Premio Executivas de Galicia 2023 concedido á fisioterapeuta Teresa Portela.

- Libro Branco de Fisioterapia e Fraxilidade editado polo Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de Galicia (CGCFE).

- Designación de Antonio Chamorro Comesaña como vogal da Xunta Directiva da Asociación Española de Fisioterapeutas en Cardioloxía (AEF-CARDIO).

- Estructura orgánica da Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF) que, cun total de 15 Sociedades filiais, está configurada para alcanzar o recoñecemento das Especialidades en Fisioterapia.

O novo número de Fisioterapia Galega tamén inclúe información sobre os últimos cursos de formación continuada organizados polo CoFiGa, así como a súa programación de actividades formativas para os vindeiros meses deste ano.

O número 71 da revista Fisioterapia Galega está accesible en:

https://www.cofiga.org/adjuntos/revista/revista_50.1711116975.pdf

El CoFiGa ultima la conmemoración del 25 Aniversario de su constitución como institución profesional representativa en Galicia del colectivo de fisioterapeutas

Con una gran Gala que tendrá lugar el sábado 7 de septiembre en Santiago de Compostela y que anuncia en el nuevo número de la revista Fisioterapia Gallega

El Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebra este año el 25 Aniversario de su constitución como institución profesional representativa en Galicia del colectivo de fisioterapeutas: 1999-2024.

Con tal motivo y al hilo de la conmemoración del Día Mundial de la Fisioterapia 2024 (8 de septiembre), el sábado 7 de septiembre se celebrará en Santiago de Compostela la gran Gala 25 Aniversario CoFiGa, con cóctel, comida, acto institucional y tarde repleta de sorpresas, teniendo como marco el claustro del emblemático Convento Sano Francisco.

Con la Fisioterapia Gallega como protagonista, este especial evento permitirá compartir y fortalecer relaciones profesionales y personales entre colegiados/as CoFiGa, compañeros/as de otros Colegios de Fisioterapeutas de España, representantes de otras profesiones sanitarias y autoridades autonómicas, provinciales y locales.

Nuevo número de la revista Fisioterapia Gallega

Es la noticia principal del nuevo número de la revista Fisioterapia Gallega, el Boletín Oficial del CoFiGa, que también incluye información sobre:

- Reivindicaciones planteadas por la Xunta de Gobierno a partidos y formaciones políticas que concurrieron a las recientes elecciones al Parlamento de Galicia.

- Convenios que la institución colegial mantiene con entidades, empresas y establecimientos que ofrecen ventajas y descuentos económicos a colegiados/as.

- Fisioterapia Gallega delante del 8M-Día Internacional de la Mujer, con tributo a referentes académicas.

- Incorporación del profesor José Senín Camargo al nuevo Equipo de Gobierno de la de la Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia (CNDFF).

- Doctorado de la profesora Sandra Martínez Bustelo.

- Ensayo clínico do grupo de investigación en Fisioterapia Clínica (FS1) de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra (Universidad de Vigo) sobre el impacto de la Fisioterapia en el bienestar psicológico de mulleres víctimas de violencia de género.

- Proyecto realizado por el grupo de investigación HealthyFit (Universidad de Vigo) y promovido por Cruz Roja de Lugo para evaluar los efectos del ejercicio físico con realidad virtual en pacientes con daño cerebral adquirido.

- Premio Ejecutivas de Galicia 2023 concedido a la fisioterapeuta Teresa Portela.

- Libro Blanco de Fisioterapia y Fragilidad editado por el Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de Galicia (CGCFE).

Designación de Antonio Chamorro Comesaña como vocal de la Junta Directiva de la Asociación Española de Fisioterapeutas en Cardiología (AEF-CARDIO).

- Estructura orgánica de la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF) que, con un total de 15 Sociedades filiales, está configurada para alcanzar el reconocimiento de las Especialidades en Fisioterapia.

El nuevo número de Fisioterapia Gallega también incluye información sobre los últimos cursos de formación continuada organizados por el CoFiGa, así como su programación de actividades formativas para los próximos meses de este año.

El número 71 de la revista Fisioterapia Gallega está accesible en:

https://www.cofiga.org/adjuntos/revista/revista_50.1711116975.pdf

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas