Bonificacións nas cotas colexiais do CoFiGa nos casos de: desemprego, baixa laboral temporal, paternidade, maternidade, adopción ou acollemento, xubilación ou incapacidade e cese de actividade laboral por cambio de profesión ou excedencia

Deberán solicitarse ao CoFiGa no momento no que os/as colexiados/as accedan a calquera destes supostos, sin que teñan retroactividade na súa aplicación

29 Sep 2023 / prensa cofiga / Sede COFIGA

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) lembra as bonificacións na cota colexial que a institución pon ao dispor de fisioterapeutas colexiados/as en situacións de: desemprego, baixa laboral por incapacidade temporal; paternidade, maternidade, adopción ou acollemento; paso á condición de honorarios/as por xubilación ou incapacidade laboral; e cese na práctica profesional por cambio de profesión ou excedencia.

As contías de cada modalidade de bonificacións na cota colexial son:

- Desemprego: bonificación do 100% da cota colexial.

- Baixa laboral causada por incapacidade temporal: bonificación do 100% da cota colexial.

- Paternidade, maternidade, adopción ou acollemento: bonificación do 100% da cota colexial.

- Cambio de condición na colexiación por xubilación ou incapacidade laboral: bonificación do 100% da cota colexial.

- Cambio de condición na colexiación no caso de cese de actividade laboral por cambio de profesión ou excedencia: bonificación do 50% da cota colexial.

Solicitude de bonificacións

Para acceder a calquera destas modalidades de bonificación nas cotas colexiais, os e as interesados/as deberán solicitar ao CoFiGa a súa aplicación, cumplimentando e asinando os Formularios que adxuntamos para os diferentes supostos, nos que se especifica a documentación a aportar para acreditar cada situación e inclúen unha declaración xurada.

Os respectivos formularios de solicitude deberán remitirse ao CoFiGa no momento no que colexiados/as accedan a calquera dos mencionados supostos, acompañándoos da documentación solicitada en cada caso, sen que teñan retroactividade na súa aplicación.

Envío de formularios e documentación necesaria

As solicitudes e a documentación solicitada nos respectivos formularios deberán ser remitidas ao CoFiGa por correo postal (Praza Alfonso XIII, 8, baixo, 15008 A Coruña) ou electrónico (info@cofiga.org), neste caso cos documentos escaneados.

Tramitación

Unha vez verificados os datos e a documentación aportada, o CoFiGa procederá a tramitar, se corresponde, a bonificación pertinente a partir da data de solicitude e segundo as condicións especificadas nos respectivos formularios.

Bonificaciones en las cuotas colegiales del CoFiGa en los casos de: desempleo, baja laboral temporal, paternidad, maternidad, adopción o acogimiento, jubilación o incapacidad y cese de actividad laboral por cambio de profesión o excedencia

Deberán solicitarse al CoFiGa en el momento en el que los/as colegiados/as accedan a cualquiera de estos supuestos, sin que tengan retroactividad en su aplicación

El Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) recuerda las bonificaciones en la cuota colegial que la institución pone a disposición de fisioterapeutas colegiados/as en situaciones de: desempleo, baja laboral por incapacidad temporal; paternidad, maternidad, adopción o acogimiento; paso a la condición de honorarios/as por jubilación o incapacidad laboral; y cese en la práctica profesional por cambio de profesión o excedencia.

Las cuantías de cada modalidad de bonificaciones en la cuota colegial son:

- Desempleo: bonificación del 100% de la cuota colegial.

- Baja laboral causada por incapacidad temporal: bonificación del 100% de la cuota colegial.

- Paternidad, maternidad, adopción o acogimiento: bonificación del 100% de la cuota colegial.

- Cambio de condición en la colegiación por jubilación o incapacidad laboral: bonificación del 100% de la cuota colegial.

- Cambio de condición en la colegiación en los casos de cese de actividad laboral por cambio de profesión o excedencia: bonificación del 50% de la cuota colegial.

Solicitud de bonificaciones

Para acceder a cualquiera de estas modalidades de bonificación en las cuotas colegiales, los y las interesados/as deberán solicitar al CoFiGa su aplicación, cumplimentando y firmando los Formularios que adjuntamos para los diferentes supuestos, en los que se especifica la documentación a aportar para acreditar cada situación e incluyen una declaración jurada.

Los respectivos formularios de solicitud deberán remitirse al CoFiGa en el momento en el que colegiados/as accedan a cualquiera de los mencionados supuestos, acompañándolos de la documentación solicitada en cada caso, sin que tengan retroactividad en su aplicación.

Envío de formularios y documentación necesaria

Las solicitudes y la documentación solicitada en los respectivos formularios deberán ser remitidas al CoFiGa por correo postal (Plaza Alfonso XIII, 8, bajo, 15008 A Coruña) o electrónico (info@cofiga.org), en este caso con los documentos escaneados.

Tramitación

Una vez verificados los datos y la documentación aportada, el CoFiGa procederá a tramitar, si corresponde, la bonificación pertinente a partir de la fecha de solicitud y según las condiciones especificadas en los respectivos formularios.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas