Aprobadas por unanimidade as contas anuais, a auditoría externa e a memoria de actividades do CoFiGa correspondentes ao exercicio 2022

Na Asemblea Xeral Ordinaria do 9 de xullo de 2023, celebrada de forma presencial na Facultade de Fisioterapia de Pontevedra e retransmitida en directo para seguimento de colexiados/as previamente rexistrados/as

11 Jul 2023 / prensa cofiga / Sede COFIGA

A Asemblea Xeral Ordinaria (AGO) do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebrada o domingo 9 de xullo de 2023 aprobou por unanimidade todos os puntos presentados pola Xunta de Goberno da entidade colexial na Orden do Día: contas anuais, auditoría externa e memoria de actividades de 2022.

Desarrollada de forma presencial no salón de actos da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra e retransmitida en directo para seguimento de colexiados/as previamente rexistrados/as, a reunión comezou coa aprobación unánime da acta correspondente á AGO celebrada o 11 de decembro de 2022, que foi lida polo secretario xeral Fernando Ramos, incluíndose como única rectificación o dato correspondente ao ano de construción do edificio de Vigo que xa alberga a Delegación Sur do CoFiGa: 1995.

A AGO continuou co informe do presidente, Gustavo Paseiro, que comezou dando a benvida aos e ás colexiados/as asistentes e agradecendo ao Equipo Decanal da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra a cesión das instalacións do centro universitario para o desenvolvemento presencial do acto.

Continuou a súa intervención o presidente do CoFiGa agradecendo o labor desenvolvido pola anterior Xunta de Goberno, “cuxos integrantes realizaron un ímprobo traballo durante a pandemia”, facendo unha mención especial á anterior secretaria xeral, Vitoria Castaño Macías.

Gustavo Paseiro deu a continuación a benvida a todos/as os e as integrantes da Xunta de Goberno elixida en xaneiro de 2023, en “un proceso electoral que se adiantou para iniciar o exercicio cun novo equipo directivo”.

No seu informe, o presidente Gustavo Paseiro destacou os seguintes puntos:

- Recualificación e homologación ao Subgrupo A1 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP):

O CoFiGa sumouse a iniciativa posta en marcha polo Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE) para facilitar a fisioterapeutas que prestan os seus servizos na Administración Pública a presentación da súa reclamación individual, vía administrativa e xudicial, para a súa recualificación e homologación ao Subgrupo A1 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP).

Trátase dunha iniciativa pola que o CGCFE e CoFiGa asumen unha parte relevante do custo económico derivado de todo o proceso de reclamación e para a que, segundo informou o presidente do CoFiGa, ata o momento xa se sumaron 17 fisioterapeutas colexiados/as de Galicia.

A incorporación da figura de fisioterapeuta a este corpo é unha relevante reivindicación do colectivo de fisioterapeutas, ata o momento incluídos no Subgrupo A2 do mencionado EBEP sen ter en conta a súa xa condición de titulados universitarios de Grao.

Trátase por tanto dunha discriminación respecto doutros colectivos sanitarios que prexudica o desenvolvemento profesional dos e das fisioterapeutas que traballan na Administración Pública, impedindo o seu acceso a postos de xestión, dirección e liderado sanitario -como xerencias de áreas e centros sanitarios- ou a grupos de investigación e docencia, ademais de carrexar considerables diferenzas salariais.

O presidente do CoFiGa especificou neste sentido que a presentación destas reclamacións constitúe unha primeira acción, “unha punta de lanza”, para emendar a devandita discriminación e, con iso, ampliar os dereitos dos e das fisioterapeutas que desenvolven a súa actividade na Administración Pública.

Agregou o presidente do CoFiGa que esta acción compleméntase con outras medidas de presión, como a adhesión á plataforma creada conxuntamente con outras profesións sanitarias afectadas, como Enfermería, e sindicatos que participan na mesa de negociación co Executivo para reformar o Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos do Sistema Nacional de Saúde (SNS) incorporando a citada reclasificación profesional nun novo catálogo de funcións de todas as categorías.

- Carteira de Servizos e axendas de Fisioterapia en Atención Primaria do Sergas:

Gustavo Paseiro avanzou que o Consello Técnico de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) xa aceptou, na última reunión celebrada o 22 de febreiro deste ano, as propostas presentadas polo CoFiGa tanto para a aprobación definitiva da Carteira de Servizos de Fisioterapia como para reformar as axendas de Fisioterapia para mellorar a accesibilidade dos e das usuarios/as.

A última reunión do Consello Técnico de Atención Primaria do Sergas, que se desenvolveu de forma telemática, estivo presidida pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, contando igualmente coa participación da directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; e a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares; xunto con representantes de sociedades científicas, colexios profesionais, e organizacións sindicais e profesionais.

Destacou neste sentido o presidente do CoFiGa que a próxima Carteira de Servizos de Fisioterapia para Atención Primaria está fundamentalmente centrada na prevención.

- Competencias en prescrición e aplicación de exercicio terapéutico:

O CoFiGa xa solicitou unha nova reunión cos máximos representantes da Administración sanitaria de Galicia para mostrar a súa total oposición á medida exposta na nova Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027 para que o Sergas subvencione o uso de ximnasios e piscinas entre pacientes con determinadas patoloxías aos que o médico receite facer exercicio.

De igual forma, o CoFiGa tamén secundou a denuncia formulada polo CGCFE sobre o intrusismo que está a fomentar a Administración Pública coa derivación de pacientes de Atención Primaria ás denominadas Unidades Activas de Exercicio Físico implantadas en centros deportivos públicos, para ser tratados por educadores físico-deportivos, poñendo con iso en perigo a saúde da poboación, xa que a prescrición e a aplicación de exercicio para tratar a pacientes é un acto sanitario que exclusivamente debe ser realizada por profesionais sanitarios.

Especificou neste sentido o presidente do CoFiGa que, en Galicia, o Sergas non contempla o uso das devanditas Unidades Activas de Exercicio Físico.

- Noite da Fisioterapia Galega-25 Aniversario do CoFiGa:

Gustavo Paseiro informou que a próxima edición da Noite da Fisioterapia Galega celebrarase en 2024, coincidindo cos actos conmemorativos do 25 Aniversario de constitución do CoFiGa.

Será novamente un evento que ten por obxectivo proxectar a imaxe da Fisioterapia e dos seus profesionais a todos os niveis: Administración e xestores sanitarios, outras disciplinas do ámbito da saúde e colectivos do sector sociosanitario, institucións científicas e académicas, asociacións de pacientes… e, en definitiva, cara á sociedade en xeral.

“Unha actividade coa que queremos demostrar a madurez da Fisioterapia, poñer en valor a rendibilidade sanitaria, económica e social dunha profesión necesaria para mellorar a calidade de vida das persoas, ademais de transmitir unha mensaxe de unidade do colectivo fronte á súa problemática máis perentoria, facéndolles chegar as nosas reivindicacións e os nosos retos de futuro”, explicou o presidente do CoFiGa.

É igualmente pretensión da Xunta de Goberno do CoFiGa que a Noite da Fisioterapia Galega volva converterse en 2024, como xa sucedeu na edición celebrada en 2022, nun acto de convivencia entre fisioterapeutas que desenvolven a súa actividade profesional na comunidade autónoma -a familia da Fisioterapia galega-, rendendo homenaxe aos e ás máis veteranos/as (colexiados e colexiadas honorarios/as que dedicaron a súa vida á profesión); dar a benvida a fisioterapeutas noveis que recentemente iniciaron a súa traxectoria profesional incorporándose á institución colexial; ademais de facer entrega dos Premios CoFiGa a profesionais que destacaron pola súa promoción e apoio á Fisioterapia.

- Delegación Sur do CoFiGa:

Gustavo Paseiro informou que xa se está ultimando un proxecto global para afrontar as obras necesarias para remodelar e adaptar ao seu novo uso o edificio que alberga en Vigo a Delegación Sur do CoFiGa, adquirido en xaneiro de 2023 tras a aprobación da compra na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada para o efecto o 27 de novembro de 2022.

Explicou neste sentido que para a concesión da pertinente licencia de obras, é necesario presentar previamente un proxecto global.

E especificou que as obras se realizarán por fases, afrontando inicialmente, e de forma inmediata tras a concesión da licenza, a adaptación da primeira planta para a celebración de cursos de formación.

O presidente do CoFiGa tamén subliñou que se está tramitando co Concello de Vigo o pertinente permiso para colocar un identificador do CoFiGa na praza peonil na que se sitúa o edificio.

Proxecto iKono do CGCFE:

O presidente do CoFiGa tamén informou de que o CGCFE retomará en breve a posta en marcha do proxecto iKono para dotar aos centros, clínicas e consultas de Fisioterapia dun símbolo de identidade profesional propio: unha cruz -como símbolo sanitario- que ten como finalidade poñer en valor e visibilizar socialmente a calidade dos servizos de saúde que as e os fisioterapeutas ofrecen á ciudadanía, converténdose en símbolo da unidade, profesionalidade e calidade dun sector integrado por profesionais sanitarios comprometidos coa saúde e o benestar da poboación.

Tras a súa aprobación por parte da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), a nova imaxe e desenvolvemento do proxecto iKono será presentado en setembro deste ano, ao fío da conmemoración do Día Mundial da Fisioterapia.

- Contas anuais e auditoría externa 2022:

Tomou a continuación a palabra o tesoureiro do CoFiGa, Manuel Martínez, para presentar as contas anuais correspondentes ao exercicio 2022, así como o satisfactorio resultado da auditoría externa que anualmente se solicita para avaliar a situación financeira e de patrimonio da institución colexial da Fisioterapia galega.

Todas as partidas das contas anuais 2022 foron detalladamente desagregadas polo asesor fiscal e contable do CoFiGa.

Ambos puntos da Orden do Día da AGO do 9 de xullo de 2023 foron aprobados por unanimidade.

- Memoria 2022 do CoFiGa:

Presentouse a continuación o amplo documento interactivo que recolle a Memoria Anual 2022 do CoFiGa, na que se recollen datos colexiais (altas e baixas de colexiados/as, evolución das cotas de colexiación e censo de centros de Fisioterapia), informes de Secretaría Administrativa e Asesorías xurídica, laboral e fiscal, balance económico, conta de resultados e auditoría externa, acordos adoptados nas Asembleas Xerais celebradas, actividade da Comisións e Grupos de Traballo, axudas/bolsas á investigación, accións formativas desenvolvidas, así como detallada información sobre os aspectos máis relevantes de actividade desenvolvida ao longo de 2022 en materia de colaboración con outras entidades, representación institucional e de divulgación e proxección social da Fisioterapia.

Os e as colexiados/as do CoFiGa poden descargar a Memoria Anual 2022 a través do apartado “Ventanilla Única” da web institucional:

https://www.cofiga.org/ventanilla-unica/memoria-anual

Aprobadas por unanimidad las cuentas anuales, la auditoría externa y la memoria de actividades del CoFiGa correspondientes al ejercicio 2022

En la Asamblea General Ordinaria del 9 de julio de 2023, celebrada de forma presencial en la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra y retransmitida en directo para seguimiento de colegiados/as previamente inscritos/as

La Asamblea General Ordinaria (AGO) del Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebrada el domingo 9 de julio de 2023 aprobó por unanimidad todos los puntos presentados por la Junta de Gobierno de la entidad colegial en el Orden del Día: cuentas anuales, auditoría externa y memoria de actividades de 2022.

Desarrollada de forma presencial en el salón de actos de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra y retransmitida en directo para seguimiento de colegiados/as previamente inscritos/as, la reunión comenzó con la aprobación unánime del acta correspondiente a la AGO celebrada el 11 de diciembre de 2022, que fue leída por el secretario general Fernando Ramos, incluyéndose como única rectificación el dato correspondiente al año de construcción del edificio de Vigo que ya alberga la Delegación Sur del CoFiGa: 1995.

La AGO continuó con el informe del presidente, Gustavo Paseiro, que comenzó dando la bienvenida a los y las colegiados/as asistentes y agradeciendo al Equipo Decanal de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra la cesión de las instalaciones del centro universitario para el desarrollo presencial del acto.

Continuó su intervención el presidente del CoFiGa agradeciendo la labor desarrollada por la anterior Junta de Gobierno, “cuyos integrantes realizaron un ímprobo trabajo durante la pandemia”, haciendo una mención especial a la anterior secretaria general, Victoria Castaño Macías.

Gustavo Paseiro dio a continuación la bienvenida a todos/as los y las integrantes de la Junta de Gobierno elegida en enero de 2023, en “un proceso electoral que se adelantó para iniciar el ejercicio con un nuevo equipo directivo”.

En su informe, el presidente Gustavo Paseiro destacó los siguientes puntos:

- Recalificación y homologación al Subgrupo A1 del Estatuto Básico del Empleado Público (EBEP):

El CoFiGa se ha sumado a iniciativa puesta en marcha por el Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE) para facilitar a fisioterapeutas que prestan sus servicios en la Administración Pública la presentación de su reclamación individual, vía administrativa y judicial, para su recalificación y homologación al Subgrupo A1 del Estatuto Básico del Empleado Público (EBEP):

Se trata de una iniciativa por la que el CGCFE y CoFiGa asumen una parte relevante del coste económico derivado de todo el proceso de reclamación y para la que, según informó el presidente del CoFiGa, hasta el momento ya se han sumado 17 fisioterapeutas colegiados/as de Galicia.

La incorporación de la figura de fisioterapeuta a este cuerpo es una relevante reivindicación del colectivo de fisioterapeutas, hasta el momento incluidos en el Subgrupo A2 del mencionado EBEP sin tener en cuenta su ya condición de titulados universitarios de Grado.

Se trata por tanto de una discriminación respecto a otros colectivos sanitarios que perjudica el desarrollo profesional de los y las fisioterapeutas que trabajan en la Administración Pública, impidiendo su acceso a puestos de gestión, dirección y liderazgo sanitario -como gerencias de áreas y centros sanitarios- o a grupos de investigación y docencia, además de acarrear considerables diferencias salariales.

El presidente del CoFiGa especificó en este sentido que la presentación de estas reclamaciones constituye una primera acción, “una punta de lanza”, para subsanar dicha discriminación y, con ello, ampliar los derechos de los y las fisioterapeutas que desarrollan actividad en la Administración Pública.

Agregó el presidente del CoFiGa que esta acción se complementa con otras medidas de presión, como la adhesión a la plataforma creada conjuntamente con otras profesiones sanitarias afectadas, como Enfermería, y sindicatos que participan en la mesa de negociación con el Ejecutivo para reformar el Estatuto Marco del personal estatutario de los servicios del Sistema Nacional de Salud (SNS) incorporando la citada reclasificación profesional en un nuevo catálogo de funciones de todas las categorías.

- Cartera de Servicios y agendas de Fisioterapia en Atención Primaria del Sergas:

Gustavo Paseiro avanzó que el Consejo Técnico de Atención Primaria del Servicio Gallego de Salud (Sergas) ya aceptó, en la última reunión celebrada el 22 de febrero de este año, las propuestas presentadas por el CoFiGa tanto para la aprobación definitiva de la Cartera de Servicios de Fisioterapia como para reformar las agendas de Fisioterapia para mejorar la accesibilidad de los y las usuarios/as.

La última reunión del Consejo Técnico de Atención Primaria del Sergas, que se desarrolló de forma telemática, estuvo presidida por la gerente del Sergas, Estrella López-Pardo, contando igualmente con la participación de la directora general de Recursos Humanos, Ana Comesaña; el director general de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; y la directora general de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares; junto con representantes de sociedades científicas, colegios profesionales, y organizaciones sindicales y profesionales.

Destacó en este sentido el presidente del CoFiGa que la próxima Cartera de Servicios de Fisioterapia para Atención Primaria está fundamentalmente centrada en la prevención.

- Competencias en prescripción y aplicación de ejercicio terapéutico:

El CoFiGa ya solicitó una nueva reunión con los máximos representantes de la Administración sanitaria de Galicia para mostrar su total oposición a la medida planteada en la nueva Estrategia Gallega de Salud Comunitaria 2023-2027 para que el Sergas subvencione el uso de gimnasios y piscinas entre pacientes con determinadas patologías a los que el médico recete hacer ejercicio.

De igual forma, el CoFiGa también ha secundado la denuncia formulada por el CGCFE sobre el intrusismo que está fomentando la Administración Pública con la derivación de pacientes de Atención Primaria a las denominadas Unidades Activas de Ejercicio Físico implantadas en centros deportivos públicos, para ser tratados por educadores físico-deportivos, poniendo con ello en peligro la salud de la población, ya que la prescripción y la aplicación de ejercicio para tratar a pacientes es un acto sanitario que exclusivamente debe ser realizada por profesionales sanitarios.

Especificó en este sentido el presidente del CoFiGa que, en Galicia, el Sergas no contempla el uso de dichas Unidades Activas de Ejercicio Físico.

- Noche de la Fisioterapia Gallega-25 Aniversario del CoFiGa:

Gustavo Paseiro informó que la próxima edición de la Noche de la Fisioterapia Gallega se celebrará en 2024, coincidiendo con los actos conmemorativos del 25 Aniversario de constitución del CoFiGa.

Será nuevamente un evento que tiene por objetivo proyectar la imagen de la Fisioterapia y de sus profesionales a todos los niveles: Administración y gestores sanitarios, otras disciplinas del ámbito de la salud y colectivos del sector sociosanitario, instituciones científicas y académicas, asociaciones de pacientes… y, en definitiva, hacia la sociedad en general.

“Una actividad con la que queremos demostrar la madurez de la Fisioterapia, poner en valor la rentabilidad sanitaria, económica y social de una profesión necesaria para mejorar la calidad de vida de las personas, además de transmitir un mensaje de unidad del colectivo frente a su problemática más acuciante, haciéndoles llegar nuestras reivindicaciones y nuestros retos de futuro”, explicó el presidente del CoFiGa.

Es igualmente pretensión de la Junta de Gobierno del CoFiGa que la Noche de la Fisioterapia Gallega vuelva a convertirse en 2024, como ya sucedió en la edición celebrada en 2022, en un acto de convivencia entre fisioterapeutas que desarrollan su actividad profesional en la comunidad autónoma -la familia de la Fisioterapia gallega-, rindiendo homenaje a los y las más veteranos/as (colegiados y colegiadas honorarios/as que han dedicado su vida a la profesión); dar la bienvenida a fisioterapeutas noveles que recientemente han iniciado su trayectoria profesional incorporándose a la institución colegial; además de hacer entrega de los Premios CoFiGa a profesionales que han destacado por su promoción y apoyo a la Fisioterapia.

- Delegación Sur del CoFiGa:

Gustavo Paseiro informó que ya se está ultimando un proyecto global para afrontar las obras necesarias para remodelar y adaptar a su nuevo uso el edificio que alberga en Vigo la Delegación Sur del CoFiGa, adquirido en enero de 2023 tras la aprobación de la compra en la Asamblea General Extraordinaria celebrada al efecto el 27 de noviembre de 2022.

Explicó en este sentido que para la concesión de la pertinente licencia de obras, es necesario presentar previamente un proyecto global.

Y especificó que las obras se realizarán por fases, afrontando inicialmente, y de forma inmediata tras la concesión de la licencia, la adaptación de la primera planta para la celebración de cursos de formación.

El presidente del CoFiGa también subrayó que se está tramitando con el Ayuntamiento de Vigo el pertinente permiso para colocar un identificador del CoFiGa en la plaza peatonal en la que se sitúa el edificio.

Proyecto iKono del CGCFE:

El presidente del CoFiGa también informó de que el CGCFE retomará en breve la puesta en marcha del proyecto iKono para dotar a los centros, clínicas y consultas de Fisioterapia de un símbolo de identidad profesional propio: una cruz -como símbolo sanitario- que tiene como finalidad poner en valor y visibilizar socialmente la calidad de los servicios de salud que las y los fisioterapeutas ofrecen a la ciudadanía, convirtiéndose en símbolo de la unidad, profesionalidad y calidad de un sector integrado por profesionales sanitarios comprometidos con la salud y el bienestar de la población.

Tras su aprobación por parte de la Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), la nueva imagen y desarrollo del proyecto iKono será presentado en septiembre de este año, al hilo de la conmemoración del Día Mundial de la Fisioterapia.

- Cuentas anuales y auditoría externa 2022:

Tomó a continuación la palabra el tesorero del CoFiGa, Manuel Martínez, para presentar las cuentas anuales correspondientes al ejercicio 2022, así como el satisfactorio resultado de la auditoría externa que anualmente se solicita para evaluar la situación financiera y de patrimonio de la institución colegial de la Fisioterapia gallega.

Todas las partidas de las cuentas anuales 2022 fueron detalladamente desglosadas por el asesor fiscal y contable del CoFiGa.

Ambos puntos del Órden del Día de la AGO del 9 de julio de 2023 fueron aprobados por unanimidad.

- Memoria 2022 del CoFiGa:

Se presentó a continuación el amplio documento interactivo que recoge la Memoria Anual 2022 del CoFiGa, en la que se recogen datos colegiales (altas y bajas de colegiados/as, evolución de las cuotas de colegiación y censo de centros de Fisioterapia), informes de Secretaría Administrativa y Asesorías jurídica, laboral y fiscal, balance económico, cuenta de resultados y auditoría externa, acuerdos adoptados en las Asambleas Generales celebradas, actividad de la Comisiones y Grupos de Trabajo, ayudas/becas a la investigación, acciones formativas desarrolladas, así como detallada información sobre los aspectos más relevantes de actividad desarrollada a lo largo de 2022 en materia de colaboración con otras entidades, representación institucional y de divulgación y proyección social de la Fisioterapia.

Los y las colegiados/as del CoFiGa pueden descargar la Memoria Anual 2022 a través del apartado “Ventanilla Única” de la web institucional: 

https://www.cofiga.org/ventanilla-unica/memoria-anual

La Fisioterapia te da el aire que necesitas