Unión Profesional de Galicia recoñece a traxectoria profesional da fisioterapeuta Carmen Abonjo Blanco, colexiada nº 1 do CoFiGa

Propuesta por CoFiGa, recibirá o galardón no acto de entrega dos Premios Profesional Colexiado 2022 que se celebrará o 5 de maio en Santiago

04 May 2023 / prensa cofiga / Sede COFIGA

A proposta do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), a fisioterapeuta Carmen Abonjo Blanco (colexiada CoFiGa número 1) será distinguida por Unión Profesional de Galicia en recoñecemento á súa traxectoria profesional.

Recibirá o galardón durante o acto de entrega dos Premios Profesional Colexiado 2022 que Unión Profesional de Galicia celebrará o 5 de maio en Santiago, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, no que estará acompañada polo presidente do CoFiGa, Gustavo Paseiro.

Traxectoria profesional

Profesional sanitaria desde os anos 70, Carmen Abonjo Blanco traballou sempre no ámbito hospitalario do Sistema Público de Saúde, demostrando ao longo dos anos non só o seu bo facer a nivel asistencial senón tamén como docente da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra-Universidade de Vigo, contribuíndo dunha forma decisiva á formación do alumnado no campo da Fisioterapia nas desviacións do raquis.

Soubo igualmente defender os intereses da Fisioterapia no campo institucional. Pertence desde 1987 á Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF), desempeñando o cargo de vogal por Pontevedra da súa Delegación en Galicia. E participou de forma activa na creación do CoFiGa, como membro da súa Comisión Xestora e formando parte -como vogal- da primeira Xunta de Goberno da institución colexial dos e as fisioterapeutas de Galicia.

En 1973 obtivo o título de Axudante Técnico Sanitario (ATS) pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago (USC), exercendo no Servizo de Nefroloxía da Cidade Sanitaria La Paz, de Madrid (1973-1976), onde obtén a praza en propiedade.

Compatibiliza o exercicio profesional como ATS coa realización dos estudos de Fisioterapia. En 1976 obtén o Diploma de Fisioterapeuta pola Facultade de Medicina da Universidade de Madrid, título que en 1988 convalida polo de Diplomado en Fisioterapia na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

En 1976 trasládase a Cataluña, exercendo como ATS no Servizo de Nefroloxía da Cidade Sanitaria Vall de Hebrón (Barcelona).

En 1978 regresa a Galicia, onde xa como fisioterapeuta desenvolve a súa actividade profesional na Residencia Sanitaria Nuestra Señora del Cristal de Ourense ata o ano 1981. Trasládase posteriormente a Pontevedra, onde exerce ata a súa xubilación (2014) no Hospital Montecelo.

No ámbito docente, desde 1997 a 2006 colaborou como profesora asociada na formación do alumnado da Escola Universitaria de Fisioterapia de Pontevedra-Universidade de Vigo.

Unión Profesional de Galicia reconoce la trayectoria profesional de la fisioterapeuta Carmen Abonjo Blanco, colegiada nº 1 del CoFiGa

Propuesta por CoFiGa, recibirá el galardón en el acto de entrega de los Premios Profesional Colegiado 2022 que se celebrará el 5 de mayo en Santiago

A propuesta del Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), la fisioterapeuta Carmen Abonjo Blanco (colegiada CoFiGa número 1) será distinguida por Unión Profesional de Galicia en reconocimiento a su trayectoria profesional.

Recibirá el galardón durante el acto de entrega de los Premios Profesional Colegiado 2022 que Unión Profesional de Galicia celebrará el 5 de mayo en Santiago, en la Capilla Real del Hostal de los Reyes Católicos, en el que estará acompañada por el presidente del CoFiGa, Gustavo Paseiro.  

Trayectoria profesional

Profesional sanitaria desde los años 70, Carmen Abonjo Blanco ha trabajado siempre en el ámbito hospitalario del Sistema Público de Salud, demostrando a lo largo de los años no solo su buen hacer a nivel asistencial sino también como docente de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra-Universidade de Vigo, contribuyendo de una forma decisiva a la formación del alumnado en el campo de la Fisioterapia en las desviaciones del raquis.

Ha sabido igualmente defender los intereses de la profesión en el campo institucional. Pertenece desde 1987 a la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF), desempeñando el cargo de vocal por Pontevedra de su Delegación en Galicia. Y participó de forma activa en la creación del CoFiGa, como miembro de su Comisión Gestora y formando parte -como vocal- de la primera Junta de Gobierno de la institución colegial de los y las fisioterapeutas de Galicia.

En 1973 obtuvo el título de Ayudante Técnico Sanitario (ATS) por la Facultad de Medicina de la Universidad de Santiago (USC), ejerciendo en el Servicio de Nefrología de la Ciudad Sanitaria La Paz de Madrid (1973-1976), donde obtiene la plaza en propiedad.

Compatibiliza el ejercicio profesional como ATS con la realización de los estudios de Fisioterapia. En 1976 obtiene el Diploma de Fisioterapeuta por la Facultad de Medicina de la Universidad de Madrid, título que en 1988 convalida por el de Diplomado en Fisioterapia en la Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).

En 1976 se traslada a Cataluña, ejerciendo como ATS en el Servicio de Nefrología de la Ciudad Sanitaria Vall de Hebrón (Barcelona).

En 1978 regresa a Galicia, donde ya como fisioterapeuta desarrolla su actividad profesional en la Residencia Sanitaria Nuestra Señora del Cristal de Ourense hasta el año 1981. Se traslada posteriormente a Pontevedra, donde ejerce hasta su jubilación (2014) en el Hospital Montecelo.

 

En el ámbito docente, desde 1997 a 2006 ha colaborado como profesora asociada en la formación del alumnado de la Escuela Universitaria de Fisioterapia de Pontevedra-Universidade de Vigo. 

 

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas