Fisioterapia e Rehabilitación de persoas amputadas, tema da xornada que organizan conxuntamente CoFiGa e AGAPA

A celebrar o 27 de maio no Hospital Universitario da Coruña coa colaboración da área sanitaria A Coruña-Cee, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, a Asociación Española contra a Meninxite e a compañía de mobilidade adaptativa Ottobock

02 May 2023 / prensa cofiga / Sede COFIGA

A Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA) e o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) organizan de forma conxunta a Xornada sobre Actualizacións e Innovacións en Fisioterapia e Rehabilitación de Persoas Amputadas programada para o 27 de maio/2023 no Hospital Universitario da A Coruña (HUAC).

Trátase dunha Xornada de portas abertas na que tamén colaboran a área sanitaria A Coruña-Cee, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Asociación Española contra a Meninxite (AEM) e a compañía de mobilidade adaptativa Ottobock, especializada en prótese, ortesis, cadeiras de rodas e exoesqueletos.

A Xornada, que se desenvolverá na aula Clínica nº 2 do Huac (4ª planta), dará comezo ás 09:45 horas cun acto inaugural no que tomarán parte o presidente de AGAPA, José Cougil Bugallo; e o xerente da área sanitaria A Coruña-Cee, Luís Verde Remeseiro.

A continuación, a fisioterapeuta Beatriz Munín Sánchez (experta en Medicina tradicional chinesa con formación en dor miofascial) moderará unha mesa na que participarán como relatoras:

- Isabel García Armesto, médica rehabilitadora do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación da área sanitaria A Coruña-Cee.

- Uxía Alfaya Saavedra, fisioterapeuta experta en Neuroloxía, persoas amputadas e dor do membro pantasma.

- Soraia Cristina Tonon dá Luz, profesora do Programa de Posgrao-Máster en Fisioterapia da Universidade do Estado de Santa Catalina (Brasil), experta en Fisioterapia Ortopédica e Traumatológica cunha traxectoria de 21 anos de investigación en materia de amputacións e directora do proxecto RAMP de Rehabilitación Multidisciplinaria en Amputados.

- Sandra Balaguer Solé, fisioterapeuta e osteópata experta en Pediatría, Neurodesarrollo e Terapia Manual e vogal da Xunta de Goberno do CoFiGa.

- José Jorge Ruibal Aboy, técnico ortopédico presidente da Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia (ATOG), vicepresidente de Federación Española de Ortesistas e Protesistas (FEDOP) e xerente da ortopedia Ortosalnés.

A sesión de clausura contará coa participación de Cristina Regojo Balboa, médico especialista en análises clínicas no Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo) e presidenta da Asociación Española contra a Meninxite (AEM); e Vanesa López Miguens, fisioterapeuta experta en Xeriatría e vogal da Xunta de Goberno do CoFiGa.

Fisioterapia no paciente amputado

Na súa intervención con pacientes amputados dentro dun equipo multidisciplinar, a Fisioterapia forma parte dun tratamento global dinámico e continuo que comeza no momento da lesión e continúa ata que o paciente alcanzase a máxima utilidade da súa prótese e sexa capaz de realizar as actividades esenciais da vida diaria.

Un adecuado programa de Rehabilitación para amputados divídese en catro fases:

- Precirúrxica ou preoperatoria, na que o tratamento fisioterápico consiste en exercicios xerais (mobilizacións pasivas, activas e asistidas e tratamento de contracturas) para fortalecer toda a musculatura e ter unha mellor evolución despois de someterse á operación, tendo especial relevancia as técnicas de Fisioterapia Respiratoria para evitar problemas.

- Postoperatoria, aplicando coidados posturales para evitar rixideces en actitudes viciosas, principalmente en flexión de xeonllos e cadeiras; Fisioterapia Respiratoria; e aplicación da vendaxe do “muñón” segundo tolerancia do paciente.

- Tratamento pre-protésico, que debe iniciarse canto antes para conseguir unha independencia funcional do paciente respecto aos autocuidados e a mobilidade, ao tempo de preparar á persona para o uso da prótese. Lógrase mediante vendaxe do membro residual para conseguir e dar a forma desexada ao “muñón”; exercicios fortalecedores para ampliar e conservar a amplitude do movemento articular; mecanoterapia; técnicas de terapia manual para proporcionar relaxación e evitar adherencias na cicatriz; e uso de axentes físicos para diminuír a dor e promover o fortalecemento da musculatura.

- Tratamento protésico: cando o paciente xa alcanzou unha correcta forza muscular e un correcto uso do toco, está enfocado a conseguir un patrón de marcha suave e simétrico que permita á persoa para funcionar de maneira adecuada coa próstesis. Inclúe ensinar ao paciente a colocación correcta das próteses para aumentar progresivamente a tolerancia ao seu uso, exercicios de equilibrio coa prótese, correccións posturales fronte ao espello, marcha en paralelas e adestramento da marcha con e sen muletas dentro e fóra das paralelas; e patróns dinámicos e estáticos da marcha e postura, tanto en terreos planos como irregulares. 

Epidemioloxía

Segundo datos da FEDOP en España hai aproximadamente sesenta mil persoas amputadas e cada ano realízanse unhas cinco mil novas amputacións de membros inferiores, cunha incidencia que crece de forma excepcional a partir dos 55 anos, debido ao envellecemento da poboación e o aumento da prevalencia da enfermidade vascular periférica.

España é o segundo país do mundo, só superado por Estados Unidos, con máis amputacións de membros inferiores por mor da diabetes tipo 2, cunha taxa de 3,19 × mil afectados.

AGAPA

Como entidade sen ánimo de lucro constituída en 2021 por un grupo de persoas con amputacións de Galicia, a finalidade de AGAPA e apoiar, informar, asesorar, axudar e guiar a toda persoa que pasase por un proceso de amputación, así como ás súas familias, facilitando e favorecendo ao colectivo de persoas con amputacións a súa plena integración en todos os ámbitos da sociedade.

Ten como misión contribuír ao coñecemento, estudo e investigación sobre as enfermidades que poidan derivar na amputación de extremidades, sobre as persoas con amputacións, ademáis de promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con amputacións e/o as súas familias.

Os seus obxectivos pasan por orientar a persoas amputadas, as súas familias e coidadores, así como a profesionais sanitarios e axentes sociais; contribuír á axuda física, psicolóxica, social e moral de todas as persoas afectadas; mellorar a súa calidade de vida; e fomentar a investigación e divulgación de técnicas que preveñan, diminúan ou mitiguen as consecuencias das amputacións.

AGAPA é membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

 

Fisioterapia y Rehabilitación de personas amputadas, tema de la jornada que organizan conjuntamente CoFiGa y AGAPA

A celebrar el 27 de mayo en el Hospital Universitario de A Coruña con la colaboración del área sanitaria A Coruña-Cee, la Confederación Gallega de Personas con Discapacidad, la Asociación Española contra la Meningitis y la compañía de movilidad adaptativa Ottobock

La Asociación Gallega de Personas Amputadas (AGAPA) y el Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) organizan de forma conjunta la Jornada sobre Actualizaciones e Innovaciones en Fisioterapia y Rehabilitación de Personas Amputadas programada para el 27 de mayo/2023 en el Hospital Universitario de la A Coruña (HUAC).

Se trata de una Jornada de puertas abiertas en la que también colaboran el área sanitaria A Coruña-Cee, la Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI), la Asociación Española contra la Meningitis (AEM) y la compañía de movilidad adaptativa Ottobock, especializada en prótesis, ortesis, sillas de ruedas y exoesqueletos.

La Jornada, que se desarrollará en el aula Clínico nº 2 del Huac (4ª planta), dará comienzo a las 09:45 horas con un acto inaugural en el que tomarán parte el presidente de AGAPA, José Cougil Bugallo; y el gerente del área sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verde Remeseiro.

A continuación, la fisioterapeuta Beatriz Munín Sánchez (experta en Medicina tradicional china con formación en dolor miofascial) moderará una mesa en la que participarán cómo ponentes:

- Isabel García Armesto, médica rehabilitadora del Servicio de Medicina Física y Rehabilitación del área sanitaria A Coruña-Cee.

- Uxía Alfaya Saavedra, fisioterapeuta experta en Neurología, personas amputadas y dolor del miembro fantasma.

- Soraia Cristina Tonon da Luz, profesora del Programa de Postgrado-Máster en Fisioterapia de la Universidad del Estado de Santa Catalina (Brasil), experta en Fisioterapia Ortopédica y Traumatológica con una trayectoria de 21 años de investigación en materia de amputaciones y directora del proyecto RAMP de Rehabilitación Multidisciplinaria en Amputados.

- Sandra Balaguer Solé, fisioterapeuta y osteópata experta en Pediatría, Neurodesarrollo y Terapia Manual y vocal de la Xunta de Gobierno del CoFiGa.

- José Jorge Ruibal Aboy, técnico ortopédico presidente de la Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia (ATOG), vicepresidente de Federación Española de Ortesistas y Protesistas (FEDOP) y gerente de la ortopedia Ortosalnés.

La sesión de clausura contará con la participación de Cristina Regojo Balboa, médico especialista en análisis clínicos en el Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo) y presidenta de la Asociación Española contra la Meningitis (AEM); y Vanesa López Miguens, fisioterapeuta experta en Geriatría y vocal de la Xunta de Gobierno del CoFiGa.

Fisioterapia en el paciente amputado

En su intervención con pacientes amputados dentro de un equipo multidisciplinar, la Fisioterapia forma parte de un tratamiento global dinámico y continuo que comienza en el momento de la lesión y continúa hasta que el paciente alcanzara la máxima utilidad de su prótesis y sea capaz de realizar las actividades esenciales de la vida diaria.

Un adecuado programa de Rehabilitación para amputados se divide en cuatro fases:

- Prequirúrgica o preoperatoria, en la que el tratamiento fisioterápico consiste en ejercicios generales (movilizaciones pasivas, activas y asistidas y tratamiento de contracturas) para fortalecer toda la musculatura y tener una mejor evolución después de someterse a la operación, teniendo especial relevancia las técnicas de Fisioterapia Respiratoria para evitar problemas.

- Postoperatoria, aplicando cuidados posturales para evitar rigideces en actitudes viciosas, principalmente en flexión de rodillas y caderas; Fisioterapia Respiratoria; y aplicación del vendaje del “muñón” según tolerancia del paciente.

- Tratamiento pre-protésico, que debe iniciarse lo antes posible para conseguir una independencia funcional del paciente respeto a los autocuidados y la movilidad, al tiempo de preparar a la persona para el uso de la prótesis. Se logra mediante vendaje del miembro residual para conseguir y dar la forma deseada al muñón; ejercicios fortalecedores para ampliar y conservar la amplitud del movimiento articular; mecanoterapia; técnicas de terapia manual para proporcionar relajación y evitar adherencias en la cicatriz; y uso de agentes físicos para disminuir el dolor y promover el fortalecimiento de la musculatura.

- Tratamiento protésico: cuando el paciente ya alcanzó una correcta fuerza muscular y un correcto uso del tocón, está enfocado a conseguir un patrón de marcha suave y simétrico que permita a la persona para funcionar de manera adecuada con la próstesis. Incluye enseñar al paciente a colocación correcta de las prótesis para aumentar progresivamente la tolerancia a su uso, ejercicios de equilibrio con la prótesis, correcciones posturales frente al espejo, marcha en paralelas y entrenamiento de la marcha con y sin muletas dentro y fuera de las paralelas; y patrones dinámicos y estáticos de la marcha y postura, tanto en terrenos planos como irregulares. 

Epidemiología

Según datos de la FEDOP en España hay aproximadamente sesenta mil personas amputadas y cada año se realizan unas cinco mil nuevas amputaciones de miembros inferiores, con una incidencia que crece de forma excepcional a partir de los 55 años, debido al envejecimiento de la población y el aumento de la prevalencia de la enfermedad vascular periférica.

España es el segundo país del mundo, solo superado por Estados Unidos, con más amputaciones de miembros inferiores a causa de la diabetes tipo 2, con una tasa de 3,19 × mil afectados.

AGAPA

Como entidad sin ánimo de lucro constituida en 2021 por un grupo de personas con amputaciones de Galicia, la finalidad de AGAPA y apoyar, informar, asesorar, ayudar y guiar a toda persona que pasara por un proceso de amputación, así como a sus familias, facilitando y favoreciendo al colectivo de personas con amputaciones su plena integración en todos los ámbitos de la sociedad.

Tiene como misión contribuir al conocimiento, estudio e investigación sobre las enfermedades que puedan derivar en la amputación de extremidades, sobre las personas con amputaciones, además de promocionar y llevar a cabo toda clase de acciones destinadas a mejorar la situación de las personas con amputaciones y/o sus familias.

Sus objetivos pasan por orientar a personas amputadas, sus familias y cuidadores, así como la profesionales sanitarios y agentes sociales; contribuir a la ayuda física, psicológica, social y moral de todas las personas afectadas; mejorar su calidad de vida; y fomentar la investigación y divulgación de técnicas que prevengan, disminuyan o mitiguen las consecuencias de las amputaciones.

AGAPA es miembro de la Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI).

La Fisioterapia te da el aire que necesitas