O CoFiGa súmase á iniciativa do CGCFE para facilitar a presentación de reclamacións individuais que posibiliten a incorporación de fisioterapeutas da Administración Pública ao Subgrupo A1 do Estatuto Básico do Empregado Público

Asumindo unha parte do custo económico derivado de todo o proceso de reclamación por vía administrativa e xudicial

13 Abr 2023 / Sede COFIGA

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) súmase á iniciativa do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE) para facilitar a fisioterapeutas que prestan os seus servizos na Administración Pública a presentación da súa reclamación individual, vía administrativa e xudicial, para a súa recualificación e homologación ao Subgrupo A1 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP).

Para iso, o CGCFE contactou cun despacho de avogados e asumirá -conxuntamente co CoFiGa- unha parte relevante do custo económico derivado de todo o proceso de reclamación.

Nunha primeira fase, poderán presentar a súa reclamación individual os e as colexiados/as que ostenten o título de Graduado en Fisioterapia.

Para iso, os e as colexiados/as interesados deberán comunicar o seu interese ao CoFiGa, vía correo electrónico, antes do 1 de maio de 2023.

A incorporación da figura de fisioterapeuta a este corpo é unha relevante reivindicación do colectivo de fisioterapeutas, ata o momento incluídos no Subgrupo A2 do mencionado EBEP sen ter en conta a súa xa condición de titulados universitarios de Grao.

Trátase por tanto dunha discriminación con respecto a outros colectivos sanitarios que prexudica o desenvolvemento profesional dos e das fisioterapeutas que desenvolven actividade na Administración Pública, impedindo o seu acceso a postos de xestión, dirección e liderado sanitario, como as xerencias de áreas e centros sanitarios ou a grupos de investigación e docencia, ademais de carrexar considerables diferenzas salariais.

Coa finalidade de dar leito a esta lexítima pretensión, e resultando erradas tanto a vía política como a negociación colectiva, o CGCFE acordou, na Asemblea do 26 de novembro de 2022, acometer un proxecto conxunto e coordinado, a nivel nacional, para a presentación deste tipo de reclamacións.

DATOS DO PROCESO

Obxecto: A reclamación do recoñecemento para colexiados/as graduados/as que se somen a esta iniciativa, do dereito á clasificación no Subgrupo A1 do EBEP e as diferenzas salariais derivadas do devandito recoñecemento, que incluirían as correspondentes aos catro anos anteriores á interposición da reclamación en vía administrativa e as que se devindiquen a partir dese momento.

Requisitos necesarios:

- Estar en posesión do Título Oficial de Grao en Fisioterapia.

- Prestar servizos como fisioterapeuta na Administración Pública ou prestalos no últimos catro anos.

- Estar clasificado no Subgrupo A2

Alcance:

O proceso incluirá:

1. Presentación de reclamación en vía administrativa.

2. Interposición de recurso contencioso administrativo contra a desestimación expresa ou presunta da reclamación.

3. Interposición de recurso de apelación contra a sentenza desestimatoria ou oposición ao recurso de apelación formulado pola Administración.

Os e as fisioterapeutas que cumpran todos estes requisitos interesados/as en participar e que desexen recibir máis información respecto diso, deberán contactar co CoFiGa -respondendo a esta notificación, antes do día 1 de maio de 2023.

 

El CoFiGa se suma a la iniciativa del CGCFE para facilitar la presentación de reclamaciones individuales que posibiliten la incorporación de fisioterapeutas de la Administración Pública al Subgrupo A1 del Estatuto Básico del Empleado Público

Asumiendo una parte del coste económico derivado de todo el proceso de reclamación por vía administrativa y judicial

El Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) se suma a la iniciativa del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE) para facilitar a fisioterapeutas que prestan sus servicios en la Administración Pública la presentación de su reclamación individual, vía administrativa y judicial, para su recalificación y homologación al Subgrupo A1 del Estatuto Básico del Empleado Público (EBEP).

Para ello, el CGCFE ha contactado con un despacho de abogados y asumirá -conjuntamente con el CoFiGa- una parte relevante del coste económico derivado de todo el proceso de reclamación.

En una primera fase, podrán presentar su reclamación individual los y las colegiados/as que ostenten el título de Graduado en Fisioterapia.

Para ello, los y las colegiados/as interesados deberán comunicar su interés al CoFiGa, vía correo electrónico, ante del 1 de mayo de 2023.

La incorporación de la figura de fisioterapeuta a este cuerpo es una relevante reivindicación del colectivo de fisioterapeutas, hasta el momento incluidos en el Subgrupo A2 del mencionado EBEP sin tener en cuenta su ya condición de titulados universitarios de Grado.

Se trata por tanto de una discriminación con respecto a otros colectivos sanitarios que perjudica el desarrollo profesional de los y las fisioterapeutas que desarrollan actividad en la Administración Pública, impidiendo su acceso a puestos de gestión, dirección y liderazgo sanitario, como las gerencias de áreas y centros sanitarios o a grupos de investigación y docencia, además de acarrear considerables diferencias salariales.

Con la finalidad de dar cauce a esta legítima pretensión, y habiendo resultado fallidas tanto la vía política como la negociación colectiva, el CGCFE acordó, en la Asamblea de 26 de noviembre de 2022, acometer un proyecto conjunto y coordinado, a nivel nacional, para la presentación de este tipo de reclamaciones.

DATOS DEL PROCESO

Objeto: La reclamación del reconocimiento para colegiados/as graduados/as que se sumen a esta iniciativa, del derecho a la clasificación en el Subgrupo A1 del EBEP y las diferencias salariales derivadas de dicho reconocimiento, que incluirían las correspondientes a los cuatro años anteriores a la interposición de la reclamación en vía administrativa y las que se devenguen a partir de ese momento.

Requisitos necesarios:

- Estar en posesión del Título Oficial de Grado en Fisioterapia.

- Prestar servicios como fisioterapeuta en la Administración Pública o haberlos prestado en los últimos cuatro años.

- Estar clasificado en el Subgrupo A2

Alcance:

El proceso incluirá:

1. Presentación de reclamación en vía administrativa.

2. Interposición de recurso contencioso administrativo contra la desestimación expresa o presunta de la reclamación.

3. Interposición de recurso de apelación contra la sentencia desestimatoria u oposición al recurso de apelación formulado por la Administración.

Los y las fisioterapeutas que cumplan todos estos requisitos interesados/as en participar y que deseen recibir más información al respecto, deberán contactar con el CoFiGa -respondiendo a esta notificación, antes del día 1 de mayo de 2023.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas