Fisioterapeutas, únicos profesionais sanitarios lexitimados para avaliar e aplicar exercicio físico en poboación con patoloxía/enfermidade, competencia da que carecen os titulados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte

Afirman CoFiGa e SoGaFi nun comunicado conxunto no que anuncian que perseguirán xudicialmente as actuacións desenvolvidas no programa “Adestra a túa saúde” que non cumpran coa legalidade vixente en materia sanitaria, achegando a maiores cobertura legal a todos aqueles usuarios que sufran calquera tipo de complicación na súa saúde

26 Ene 2023 / prensa cofiga / Sede COFIGA

Diante das últimas noticias sobre programa “Adestra a túa saúde” publicadas en diferentes medios de comunicación de Galicia, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) e a Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SoGaFi) emitiron un Comunicado conxunto no que deixan patente que é función exclusiva de profesionais sanitarios toda intervención terapéutica que pretenda influír sobre os síntomas ou modificar o curso clínico dunha patoloxía e especifican que a avaliación e aplicación do exercicio físico en calquera condición de saúde -exercicio físico terapéutico- forma parte do marco competencial dos fisioterapeutas, polo que non poden ser exercidas por profesionais non sanitarios como os titulados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (CAFD).

Tanto CoFiGa como SoGaFi argumentan no comunicado que o marco competencial dos fisioterapeutas -regulado tanto pola Lei 44/2003 de Ordenación das Profesións Sanitarias como pola Orde CIN 2135/2008- establece que a Fisioterapia se ocupa de identificar e maximizar o potencial de calidade de vida e o movemento dentro das esferas da promoción, prevención, tratamento, habilitación e rehabilitación. E advirten que “poñer estas competencias en mans de profesionais non sanitarios, como os CAFD, supón un risco para a saúde das persoas”. 

Non entenden por tanto que se potencie un programa, como “Adestra a túa saúde”, que pode poñer en perigo a saúde dos seus usuarios. “Desde a propia Consellería de Sanidade transmitíusenos neste sentido que non tiñan intención de promover o tratamento de pacientes mediante exercicio fose do ámbito sanitario e sen incluír a figura do fisioterapeuta na súa execución”, engaden.

Lembran igualmente que toda poboación con patoloxía/enfermidade non pode poñerse baixo a custodia e responsabilidade de profesionais que non teñen nin formación nin competencias no ámbito sanitario.

“Resulta normativamente estruturado, evidente e moi clarificador -agregan- que cando o obxectivo desexado é tanto o tratamento de diversas patoloxías como a recuperación ou promoción da autonomía funcional en persoas con algunha discapacidade física, temporal ou definitiva, é o profesional sanitario e especificamente o fisioterapeuta o que debe intervir, tamén, con exercicio terapéutico e preventivo (aínda que sexa prevención secundaria ou terciaria)”.

Tanto CoFiGa como SoGaFi recoñecen a importancia do exercicio físico polo seu papel protector sobre a saúde da poboación e de mellora na calidade de vida das persoas sas e que este sexa adecuadamente programado por profesionais do deporte. Pero non naqueles casos onde as intervencións mediante exercicio físico perseguen unha finalidade terapéutica, actuando sobre unha determinada condición clínica, por ser competencia exclusiva de profesionais sanitarios.

Por todo iso, anuncian que desde CoFiGa e desde CoGaFi perseguiranse xudicialmente as actuacións desenvolvidas no programa “Adestra a túa saúde” que non cumpran coa legalidade vixente, dando a maiores cobertura legal a todos aqueles usuarios do programa que sufran calquera tipo de complicación na súa saúde, desde as máis leves (lesións musculares, articulares…) ata as máis graves que poderían dar lugar a problemas cardíacos, respiratorios, traumatológicos… sen poder descartar, en pacientes con patoloxía grave, procesos incompatibles coa vida.

Fisioterapeutas, únicos profesionales sanitarios legitimados para evaluar y aplicar ejercicio físico en población con patología/enfermedad, competencia de la que carecen los titulados en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte

Afirman CoFiGa e SoGaFi en un comunicado conjunto en el que anuncian que perseguirán judicialmente las actuaciones desarrolladas en el programa “Adestra a túa saúde” que no cumplan la legalidad vigente en materia sanitaria, aportando a mayores cobertura legal a todos aquellos usuarios que sufran cualquier tipo de complicación en su salud

Ante las últimas noticias sobre programa “Adestra a túa saúde” publicadas en diferentes medios de comunicación de Galicia, el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) y la Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SoGaFi) han emitido un Comunicado conjunto en el que dejan patente que es función exclusiva de profesionales sanitarios toda intervención terapéutica que pretenda influir sobre los síntomas o modificar el curso clínico de una patología y especifican que la evaluación y aplicación del ejercicio físico en cualquier condición de salud -ejercicio físico terapéutico- forma parte del marco competencial de los fisioterapeutas, por lo que no pueden ser ejercidas por profesionales no sanitarios como los titulados en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte (CAFD).

Tanto CoFiGa como SoGaFi argumentan en el comunicado que el marco competencial de los fisioterapeutas -regulado tanto por la Ley 44/2003 de Ordenación de las Profesiones Sanitarias como por la Orden CIN 2135/2008- establece que la Fisioterapia se ocupa de identificar y maximizar el potencial de calidad de vida y el movimiento dentro de las esferas de la promoción, prevención, tratamiento, habilitación y rehabilitación. Y manifiestan que poner estas competencias en manos de profesionales no sanitarios, como los CAFD, supone un riesgo para la salud de las personas. 

No entienden por tanto que se potencie un programa, como “Adestra a túa saúde”, que puede poner en peligro la salud de sus usuarios. “Desde la propia Consellería de Sanidade se nos transmitió en este sentido que no tenían intención de promover el tratamiento de pacientes mediante ejercicio fuera del ámbito sanitario y sin incluir la figura del fisioterapeuta en su ejecución”, añaden.

Recuerdan igualmente que toda población con patología/enfermedad no puede ponerse bajo la custodia y responsabilidad de profesionales que no tienen ni formación ni competencias en el ámbito sanitario.

“Resulta normativamente estructurado, evidente y muy clarificador -agregan- que cuando el objetivo deseado es tanto el tratamiento de diversas patologías como la recuperación o promoción de la autonomía funcional en personas con alguna discapacidad física, temporal o definitiva, es el profesional sanitario y específicamente el fisioterapeuta el que debe intervenir, también, con ejercicio terapéutico y preventivo (aunque sea prevención secundaria o terciaria)”.

Tanto CoFiGa como SoGaFi reconocen la importancia del ejercicio físico por su papel protector sobre la salud de la población y de mejora en la calidad de vida de las personas sanas y que este sea adecuadamente programado por profesionales del deporte. Pero no en aquellos casos donde las intervenciones mediante ejercicio físico persiguen una finalidad terapéutica, actuando sobre una determinada condición clínica, por ser competencia exclusiva de profesionales sanitarios.

Por todo ello, anuncian que desde CoFiGa y desde CoGaFi se perseguirán judicialmente las actuaciones desarrolladas en el programa “Adestra a túa saúde” que no cumplan con la legalidad vigente, dando a mayores cobertura legal a todos aquellos usuarios del programa que sufran cualquier tipo de complicación en su salud, desde las más leves (lesiones musculares, articulares…) hasta las más graves que podrían dar lugar a problemas cardíacos, respiratorios, traumatológicos… sin poder descartar, en pacientes con patología grave, procesos incompatibles con la vida.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas