As patoloxías osteomusculares tamén poden provocar cefaleas

Un trastorno moi común que non sempre está causado por afeccións neurolóxicas e que pode ter a súa orixe en problemas cervicais ou da articulación temporo-mandibular susceptibles de ser abordados desde a Fisioterapia

13 Dic 2022 / prensa cofiga / Sede COFIGA

As cefaleas, ou dores de cabeza, son un dos trastornos máis comúns entre a poboación. De feito, calcúlase que o 90 % das persoas sufrirá unha dor de cabeza nalgún momento da súa vida. Teñen unha alta prevalencia e poden chegar a provocar elevados índices de incapacidade, polo que teñen un gran impacto a nivel sanitario e socioeconómico.

Habitualmente pénsase que a causa da dor de cabeza é neurolóxica, o que leva a moitos pacientes a buscar unha resposta onde non sempre está. Porque as causas da dor de cabeza non sempre son de tipo neurolóxico, senón que, en moitas ocasións, poden proceder doutras zonas do corpo.

Como explican desde o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) no seu videoconsello de decembro, a dor de cabeza pode estar causado por patoloxías ou alteracións a nivel cervical ou na articulación témporo-mandibular (ATM)

Recorrer unicamente á Neuroloxía pode provocar un infradiagnóstico de cefaleas causadas por problemas nas cervicais ou na mandíbula, o que tamén dificulta identificar a solución a eses síntomas, explican.

Por iso, diante dun episodio continuado de cefalea, o CoFiGa recomenda consultar tamén cun/cunha fisioterapeuta ou traumatólogo/a, para contar cun diagnóstico máis completo que permita pescudar se existe algunha patoloxía osteomuscular que poida ser a causa ou un agravante do problema.

GA: https://youtu.be/QQMcWK5YxPQ

ES: https://youtu.be/cR2qGSV_hRw

No seu novo videoconsello, o CoFiGa explica que as dores de cabeza poden ser puntuais e debidos a diversas razóns, como un arrefriado, un golpe de calor, frío excesivo, moito ruído ou un episodio de estrés, pero en moitas ocasións tamén ter a súa orixe en afeccións cervicais ou mandibulares, que pode producir síntomas similares á hemicrania ou “migraña”, con ou sen aura, e á cefalea tensional.

De aí a importancia de contar cunha valoración adicional á neurolóxica e, sobre todo, de pautar un tratamento que tamén teña en conta, a través da Fisioterapia, a necesaria mellora dos problemas cervicais ou relacionados con ósos e articulacións involucrados no problema.

A Fisioterapia ofrece ademais ferramentas para axudar a mellorar a hixiene postural e a previr, con iso, episodios futuros de cefaleas.

Las patologías osteomusculares también pueden provocar cefaleas

Un trastorno muy común que no siempre está causado por afecciones neurológicas y que puede tener su origen en problemas cervicales o de la articulación temporo-mandibular susceptibles de ser abordados desde la Fisioterapia

Las cefaleas, o dolores de cabeza, son uno de los trastornos más comunes entre la población. De hecho, se calcula que el 90 % de las personas sufrirá un dolor de cabeza en algún momento de su vida. Tienen una alta prevalencia y pueden llegar a provocar elevados índices de incapacidad, por lo que tienen un gran impacto a nivel sanitario y socioeconómico.

Habitualmente se piensa que la causa del dolor de cabeza es neurológica, lo que lleva a muchos pacientes a buscar una respuesta donde no siempre está. Porque las causas del dolor de cabeza no siempre son de tipo neurológico, sino que, en muchas ocasiones, pueden proceder de otras zonas del cuerpo.

Como explican desde el Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) en su videoconsejo de diciembre, el dolor de cabeza puede estar causado por patologías o alteraciones a nivel cervical o en la articulación témporo-mandibular (ATM).

Recurrir únicamente a la Neurología puede provocar un infradiagnóstico de cefaleas causadas por problemas en las cervicales o en la mandíbula, lo que también dificulta identificar la solución a esos síntomas, explican.

Por ello, ante un episodio continuado de cefalea, el CoFiGa recomienda consultar también con un/una fisioterapeuta o traumatólogo/a, para contar con un diagnóstico más completo que permita averiguar si existe alguna patología osteomuscular que pueda ser la causa o un agravante del problema:

ES: https://youtu.be/cR2qGSV_hRw

GA: https://youtu.be/QQMcWK5YxPQ

En su nuevo videoconsejo, el CoFiGa explica que los dolores de cabeza pueden ser puntuales y debidos a diversas razones, como un resfriado, un golpe de calor, frío excesivo, mucho ruido o un episodio de estrés, pero en muchas ocasiones también tener su origen en afecciones cervicales o mandibulares, que puede producir síntomas similares a la migraña, con o sin aura, y a la cefalea tensional.

De ahí la importancia de contar con una valoración adicional a la neurológica y, sobre todo, de pautar un tratamiento que también tenga en cuenta, a través de la Fisioterapia, la necesaria mejora de los problemas cervicales o relacionados con huesos y articulaciones involucrados en el problema.

La Fisioterapia ofrece además herramientas para ayudar a mejorar la higiene postural y a prevenir, con ello, episodios futuros de cefaleas.

Google Facebook Twitter Mas
La Fisioterapia te da el aire que necesitas