Os principais acordos adoptados na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada en xuño polo CoFiGa, no novo número de Fisioterapia Galega

Como órgano de difusión da Fisioterapia na comunidade autónoma de Galicia, a revista ofrece información sobre toda a actividade desenvolvida pola institución colexial nos últimos meses

19 Jul 2022 / prensa cofiga / Sede COFIGA

Os principais acordos adoptados na Asemblea Xeral Ordinaria que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebrou o pasado 18 de xuño na Facultade de Fisioterapia de Pontevedra (Universidade de Vigo), na que os/as colexiados/as deron o seu visto e prace ao peche do exercicio económico correspondente ao ano 2021, abren o novo número de revista Fisioterapia Galega, publicación que con carácter trimestral edita a institución colexial como órgano de difusión da Fisioterapia na comunidade autónoma de Galicia.

O novo número de Fisioterapia Galega ofrece un repaso a toda a actividade desenvolvida pola institución colexial desenvolvida nos últimos meses: a iniciativa I-Kono posta en marcha polo Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGFE) para dotar á profesión dun símbolo identificativo propio coa finalidade de visibilizar socialmente a calidade dos servizos de saúde que as e os fisioterapeutas ofrecen á cidadanía e poñer en valor a súa responsabilidade sanitaria, os progresos en canto á implantación en Galicia do sistema XIDE que progresivamente permitirá facilitar o acceso directo a Fisioterapia nos centros de saúde, as xornadas de Fisioterapia Pediátrica exitosamente organizadas polo CoFiGa, o convenio subscrito coa Asociación Española contra o Cancro e a participación no 32 Congreso Internacional organizado en Santiago pola Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), nas XX Xornadas Interdisciplinarias que a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) celebrou en Santiago, na xornada transdisciplinar organizada en Ourense pola Fundación Neuroburgas con motivo da conmemoración do Día do Paciente Neurolóxico e na mesa redonda que celebrada na Facultade de Fisioterapia de Pontevedra para ofrecer información ao alumnado sobre o funcionamento do CoFiGa e sobre as diferentes opcións de desenvolvemento profesional que teñen ao finalizar a súa formación académica como fisioterapeutas.

De igual forma, o novo número da revista tamén inclúe información sobre a homenaxe que Unión Profesional de Galicia tributou a título póstumo ao profesor José Luis Aristín, a designación da profesora Eva María Lantarón como primeira fisioterapeuta que entra a formar parte do equipo de Goberno da Universidade de Vigo, ao que accede co cargo de vicerreitora do Campus de Pontevedra; a súa substitución ao fronte da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra pola profesora María Mercedes Soto González, así como sobre o novo Máster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia que o centro universitario de Fisioterapia de Pontevedra xa puxo en macha para este curso académico.

A información que ofrece novo número de Fisioterapia Galega compleméntase coa novidade do acceso gratuíto ao portal web YourFisio, que integra todas as funcionalidades necesarias para optimizar o traballo do fisioterapeuta nas súas competencias profesionais, e cos novos cursos do Programa de Formación Continuada que o CoFiGa pon ao dispor dos seus colexiados/as.

O novo número de Fisioterapia Galega, que xa está a ser distribuído entre os e as colexiados/as CoFiGa, así como entre as principais institucións de Galicia directamente relacionadas coa Fisioterapia, tamén pode descargarse en formato dixital en:

https://www.cofiga.org/adjuntos/revista/revista_44.1658149555.pdf

Los principales acuerdos adoptados en la Asamblea General Ordinaria celebrada en junio por el CoFiGa, en el nuevo número de Fisioterapia Gallega

Como órgano de difusión de la Fisioterapia en la comunidad autónoma de Galicia, la revista recopila información sobre toda la actividad desarrollada por la institución colegial en los últimos meses

Los principales acuerdos adoptados en la Asamblea General Ordinaria que el Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebró el pasado 18 de junio en la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra (Universidad de Vigo), en la que los/as colegiados/as dieron su visto bueno al cierre del ejercicio económico correspondiente al año 2021, abren el nuevo número de la revista Fisioterapia Gallega, publicación que con carácter trimestral edita la institución colegial como órgano de difusión de la Fisioterapia en la comunidad autónoma de Galicia.

El nuevo número de Fisioterapia Gallega ofrece un repaso a toda la actividad desarrollada por la institución colegial desarrollada en los últimos meses: la iniciativa I-Kono puesta en marcha por el Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGFE) para dotar a la profesión de un símbolo identificativo propio con la finalidad de visibilizar socialmente la calidad de los servicios de salud que las y los fisioterapeutas ofrecen a la ciudadanía y poner en valor su responsabilidad sanitaria, los progresos en cuanto a la implantación en Galicia del sistema XIDE que progresivamente permitirá facilitar el acceso directo a Fisioterapia en los centros de salud, las jornadas de Fisioterapia Pediátrica exitosamente organizadas por el CoFiGa, el convenio suscrito con la Asociación Española contra el Cáncer y la participación en el 32 Congreso Internacional organizado en Santiago por la Sociedad Gallega de Geriatría y Gerontología (SGXX), en las XX Jornadas Interdisciplinarias que la Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) celebró en Santiago, en la jornada transdisciplinar organizada en Ourense por la Fundación Neuroburgas con motivo de la conmemoración del Día del Paciente Neurológico y en las mesa redonda que la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra desarrolló para ofrecer información al alumnado sobre el funcionamiento del CoFiGa y sobre las diferentes opciones de desarrollo profesional que tienen al finalizar su formación académica como fisioterapeutas.

De igual forma, el nuevo número de la revista también incluye información sobre el homenaje que Unión Profesional de Galicia tributó a título póstumo al profesor José Luis Aristín, la designación de la profesora Eva María Lantarón como primera fisioterapeuta que entra a formar parte del equipo de Gobierno de la Universidad de Vigo, al que accede con el cargo de vicerrectora del Campus de Pontevedra; su sustitución al frente de la Facultad de Fisioterapia de Pontevedra por la profesora María Mercedes Soto González, así como el nuevo Máster en Ejercicio Terapéutico en Fisioterapia que el centro universitario de Fisioterapia de Pontevedra ya ha puesto en macha para este curso académico.

La información que ofrece nuevo número de Fisioterapia Gallega se complementa con la novedad del acceso gratuito al portal web YourFisio, que integra todas las funcionalidades necesarias para optimizar el trabajo del fisioterapeuta en sus competencias profesionales, y con los nuevos cursos del Programa de Formación Continuada que el CoFiGa pone a disposición de sus colegiados/as.

El nuevo número de Fisioterapia Gallega, que ya está siendo distribuido entre los y las colegiados/as CoFiGa, así como entre las principales instituciones de Galicia directamente relacionadas con la Fisioterapia, también puede descargarse en formato digital en:

https://www.cofiga.org/adjuntos/revista/revista_44.1658149555.pdf

 

 

 

 

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas