O profesor José Luis Aristín, galardoado a título póstumo por Unión Profesional de Galicia

Un premio en recoñecemento á excelencia profesional para o que o CoFiGa propuxo en 2020 a quen foi o seu presidente desde 1999 ata 2015

07 Jun 2022 / prensa cofiga / Sede COFIGA

O profesor José Luis Aristín González, presidente do CoFiGa desde 1999 ata 2015, foi galardoado a título póstumo por Unión Profesional de Galicia cun dos Premios Profesional Colexiado 2020 e 2021 que, recoñecendo a “excelencia de profesionais colexiados que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia” foron entregados o 27 de maio nun acto desenvolvido na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Trátase dun galardón para o CoFiGa propuxo en 2020 ao profesor José Luis Aristín e que foi recollido pola compañeira Vanesa López Miguens, membro da Xunta de Goberno da institución colexial.

Ademais de representantes dos 40 colexios profesionais do ámbito galego integrados en Unión Profesional de Galicia, o acto contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana; do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; do presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, tamén decano do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Químicos de España; de Miguel Carrero e José María Arrojo, ex presidentes de Unión Profesional de Galicia, e de parlamentarios do PPdeG, PSdG e BNG.

Con estes premios, Unión Profesional de Galicia pon en valor a excelencia dos profesionais colexiados de Galicia, facendo visible ao mesmo tempo exemplaridade no exercicio das profesións universitarias. “Os nosos profesionais prestixian co seu traballo diario a súa profesión e transmiten á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais”, apuntou o presidente de Unión Profesional de Galicia diante dun auditorio repleto de representantes dos colexios profesionais da comunidade autónoma.

No seu discurso, Antonio Macho Senra lanzou o reto para Galicia de “alcanzar un gran pacto polo emprego, que axudaría a saír antes da crise”. E suxeriu a creación dunha Mesa en Galicia integrada polas administracións central e autonómica, empresas e empresarios, colexios profesionais e universidades. “Non podemos quedarnos cruzados de brazos, trátase de tomar a iniciativa e asumir a responsabilidade de facer que as cousas sucedan”. Tamén expuxo unha “coordinación entre administración, empresa e profesionais para evitar, na medida do posible, a saída ao exterior de xeracións de titulados universitarios moi ben formados”.

O presidente de Unión Profesional de Galicia tamén aproveitou a ocasión para reivindicar o protagonismo das profesións e os profesionais: “Os colexios son os órganos de representación dos profesionais, do mesmo xeito que os sindicatos representan aos traballadores e as patronais aos empresarios”.

Lamentou con todo que algúns órganos consultivos non aproveiten a experiencia e coñecementos dos colexios profesionais. “Este receo maniféstase máis na área económica-social”, apuntou Antonio Macho, quen lembrou que os entes colexiais e Unión Profesional de Galicia “seguirán traballando para que se entenda o que somos, facemos e a quen represento”.

A gala de entrega de premios está accesible en:

- Resumen entrega galardóns: https://www.youtube.com/watch?v=38FknvpZl1Y

- Completo entrega galardóns: https://www.youtube.com/watch?v=_g-0J4aoRy8

El profesor José Luis Aristín, galardonado a título póstumo por Unión Profesional de Galicia

Un premio en reconocimiento a la excelencia profesional para el que el CoFiGa propuso en 2020 a quién fue su presidente desde 1999 hasta 2015

El profesor José Luis Aristín González, presidente del CoFiGa desde 1999 hasta 2015, fue galardonado a título póstumo por Unión Profesional de Galicia con uno de los Premios Profesional Colegiado 2020 y 2021 que, reconociendo la “excelencia de profesionales colegiados que ejercen o ejercieron su profesión en Galicia” fueron entregados el 27 de mayo en un acto desarrollado en la Capilla Real del Hostal de los Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Se trata de un galardón para el que el CoFiGa propuso en 2020 al profesor José Luis Aristín y que fue recogido por la compañera Vanesa López Miguens, miembro de la Xunta de Gobierno de la institución colegial.

Además de representantes de los 40 colegios profesionales del ámbito gallego integrados en Unión Profesional de Galicia, el acto contó con la presencia de la conselleira del Mar, Rosa Quintana; del alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; del rector de la Universidad de Santiago de Compostela, Antonio López; del presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, también decano del Consejo General de Colegios Oficiales de Químicos de España; de Miguel Carrero y José María Arrojo, ex presidentes de Unión Profesional de Galicia, y de parlamentarios del PPdeG, PSdG y BNG.

Con estos premios, Unión Profesional de Galicia pone en valor a excelencia de los profesionales colegiados de Galicia, haciendo visible al mismo tiempo ejemplaridad en el ejercicio de las profesiones universitarias. “Nuestros profesionales prestixian con su trabajo diario su profesión y transmiten a la sociedad gallega los valores de las mejores prácticas profesionales”, apuntó el presidente de Unión Profesional de Galicia delante de un auditorio repleto de representantes de los colegios profesionales de la comunidad autónoma.

En su discurso, Antonio Macho Senra lanzó el reto para Galicia de “alcanzar un gran pacto por el empleo, que ayudaría a salir antes de la crisis”. Y sugirió la creación de una Mesa en Galicia integrada por las administraciones central y autonómica, empresas y empresarios, colegios profesionales y universidades. “No podemos quedarnos cruzados de brazos, se trata de tomar la iniciativa y asumir la responsabilidad de hacer que las cosas sucedan”. También expuso una “coordinación entre administración, empresa y profesionales para evitar, en la medida del posible, la salida al exterior de generaciones de titulados universitarios muy bien formados”.

El presidente de Unión Profesional de Galicia también aprovechó la ocasión para reivindicar el protagonismo de las profesiones y los profesionales: “Los colegios son los órganos de representación de los profesionales, al igual que los sindicatos representan a los trabajadores y las patronales a los empresarios”.

Lamentó con todo que algunos órganos consultivos no aprovechen la experiencia y conocimientos de los colegios profesionales. “Este recelo se manifiesta más en el área económico-social”, apuntó Antonio Macho, quien recordó que los entes colegiales y Unión Profesional de Galicia “seguirán trabajando para que se entienda el que somos, hacemos y a quién represento”.

La gala de entrega de premios está accesible en:

- Resumen entrega galardones: https://www.youtube.com/watch?v=38FknvpZl1Y

 

- Completo entrega galardones: https://www.youtube.com/watch?v=_g-0J4aoRy8

La Fisioterapia te da el aire que necesitas