Galicia, comunidade autónoma pioneira en ofrecer á poboación acceso directo a Fisioterapia en Atención Primaria

Tal e como confirma a Consellería de Sanidade tras a reunión mantida co presidente do CoFiGa para presentar ao colectivo de fisioterapeutas de Galicia o sistema de xestión integrada da demanda en equipo (XIDE) de Atención Primaria

06 Abr 2022 / prensa cofiga / Sede COFIGA

“Galicia convértese nunha comunidade autónoma pioneira en incorporar á Fisioterapia no Sistema de xestión integrada da demanda en equipo (XIDE) de Atención Primaria”, dando “resposta desta maneira a unha petición histórica do colectivo de fisioterapeutas”. Porque o “XIDE vai posibilitar que, para determinados motivos clínicos, os e as fisioterapeutas poidan atender en primeira instancia a demanda do paciente”.

Así o confirma o comunicado emitido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia tras a reunión que o conselleiro Julio García Comesaña mantivo onte, 5 de abril, co presidente do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Gustavo Paseiro Ares, e co grupo de traballo encargado de definir os motivos de consulta susceptibles de ser atendidos en Atención Primaria por fisioterapeutas. Unha reunión na que tamén tomaron parte o xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, e a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Estrella López-Pardo.

Tal e como se especificou na reunión, “ata o de agora os e as fisioterapeutas de Atención Primaria atendían a pacientes derivados por outros profesionais, principalmente polo médico de familia ou polo médico rehabilitador de Atención Hospitalaria”. Unha situación que cambia substancialmente coa incorporación da categoría profesional de fisioterapeuta ao Sistema XIDE de Atención Primaria: “Os pacientes poderán ter acceso -dentro dos parámetros incluídos no devandito sistema- a unha consulta co/a fisioterapeuta sen a intermediación doutro profesional”, como detalla o comunicado da Consellería de Sanidade, no que tamén se especifica que “en caso necesario, os e as fisioterapeutas tamén poderán derivar pacientes a outros colectivos que formen parte do equipo do equipo de Atención Primaria”.

O grupo de traballo para a implantación do Sistema XIDE está integrado por profesionais de Fisioterapia dos Servizos de Atención Primaria de cada unha das áreas sanitarias de Galicia. E tal e como explica a Consellería de Sanidade “entre as primeiras accións que levarán a cabo está a de identificar e definir os motivos de consulta susceptibles de ser atendidos en Atención Primaria polo colectivo de fisioterapeutas”.

Ao mesmo tempo, “tamén se fixarán criterios de calidade asistencial para o deseño das axendas de traballo de cada un dos profesionais do equipo de Atención Primaria, co obxectivo de garantir tanto unha atención ordenada e homoxénea como manter os tempos de derivación entre Atención Hospitalaria e Primaria, mellorando con iso a accesibilidade do paciente ao centro de saúde”.

O comunicado emitido pola Consellería de Sanidade pódese descargar en:

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/145330/por-primera-vez-galicia-los-profesionales-fisioterapia-podran-recibir-traves?langId=es_ES

Galicia, comunidad autónoma pionera en ofrecer a la población acceso directo a Fisioterapia en Atención Primaria

Tal y como confirma la Consellería de Sanidade tras la reunión mantenida con el presidente del CoFiGa para presentar al colectivo de fisioterapeutas de Galicia el sistema de xestión integrada da demanda en equipo (XIDE)

“Galicia se convierte en una comunidad autónoma pionera en incorporar a la Fisioterapia en el Sistema de gestión integrada de la demanda en equipo (XIDE) de Atención Primaria”, dando “respuesta de esta manera a una petición histórica del colectivo de fisioterapeutas”. Porque el “XIDE va a posibilitar que, para determinados motivos clínicos, los y las fisioterapeutas puedan atender en primera instancia la demanda del paciente”.

Así lo confirma el comunicado emitido por la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia tras la reunión que el conselleiro Julio García Comesaña mantuvo ayer con el presidente del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), Gustavo Paseiro Ares, y con el grupo de trabajo encargado de definir los motivos de consulta susceptibles de ser atendidos por fisioterapeutas a través da plataforma. Una reunión en la que también tomaron parte el gerente del Servicio Gallego de Salud (Sergas), José Flores, y la directora general de Planificación y Reforma Sanitaria de la Consellería de Sanidade, Estrella López-Pardo.

Tal e como se especificó en la reunión, “hasta ahora los y las fisioterapeutas de Atención Primaria atendían a pacientes derivados por otros profesionales, principalmente por el médico de familia o por el médico rehabilitador de Atención Hospitalaria”. Una situación que cambia sustancialmente con la incorporación de la categoría profesional de fisioterapeuta al Sistema XIDE de Atención Primaria: “Los pacientes podrán tener acceso -dentro de los parámetros incluidos en dicho sistema- a una consulta con el/la fisioterapeuta sin la intermediación de otro profesional”, como detalla el comunicado de la Consellería de Sanidade, en el que también se especifica que “en caso necesario, los y las fisioterapeutas también podrán derivar pacientes a otros colectivos que formen parte del equipo del equipo de Atención Primaria”.

El grupo de trabajo para la implantación del Sistema XIDE está integrado por profesionales de Fisioterapia de los Servicios de Atención Primaria de cada una de las áreas sanitarias de Galicia. Y tal y como explica la Consellería de Sanidade “entre las primeras acciones que se llevarán a cabo está la de identificar y definir los motivos de consulta susceptibles de ser atendidos en Atención Primaria por el colectivo de fisioterapeutas”.

Al mismo tiempo, “también se fijarán criterios de calidad asistencial para el diseño de las agendas de trabajo de cada uno de los profesionales del equipo de Atención Primaria, con el objetivo de garantizar tanto una atención ordenada y homogénea como mantener los tiempos de derivación entre Atención Hospitalaria y Primaria, mejorando con ello la accesibilidad del paciente al centro de salud”.

El comunicado emitido por la Consellería de Sanidade se puede descargar en:

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/145330/por-primera-vez-galicia-los-profesionales-fisioterapia-podran-recibir-traves?langId=es_ES

La Fisioterapia te da el aire que necesitas