Solicítase a colaboración de persoas con patoloxía asmática para participar como voluntarias nun estudo de investigación destinado a avaliar os posibles beneficios da práctica de marcha nórdica na evolución da enfermidade

Está a desenvolverse na Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña (UDC) con financiamento do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) e da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR)

01 Feb 2022 / prensa cofiga / Sede COFIGA

Solicítase a colaboración de persoas con patoloxía asmática que de forma voluntaria estean interesadas en participar no estudo de investigación sobre marcha nórdica e asma que se está desenvolvendo na Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña (UDC) e que está orientado a avaliar os posibles beneficios que a marcha nórdica podería ter en relación á súa enfermidade.

O proxecto inclúe unha avaliación de diferentes variables interesantes para os participantes, como a función pulmonar, medida mediante unha espirometría; a tolerancia ao exercicio avaliada, mediante unha proba de esforzo; ou a cantidade de actividade física diaria, medido por acelerometría, entre outras. Ademais, a cada voluntario/a seráselle proporcionado un medidor de fluxo co que poderá controlar os síntomas da súa enfermidade.

O estudo de investigación está liderado pola Facultade de Fisioterapia da UDC e conta con financiamento do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), a través da convocatoria 2021 das súas axudas á investigación; e da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR).

Achegamos cartel explicativo sobre as características do estudo de investigación, no que se detalla a información relativa aos criterios de inclusión e características das sesións para realizar coas persoas voluntarias.

Se solicita la colaboración de personas con patología asmática para participar como voluntarias en un estudio de investigación destinado a evaluar los posibles beneficios de la práctica de marcha nórdica en la evolución de la enfermedad

Se está desarrollando en la Facultad de Fisioterapia de la Universidad de A Coruña (UDC) con financiación del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) y de la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR)

Se solicita la colaboración de personas con patología asmática que de forma voluntaria estén interesadas en participar en el estudio de investigación sobre marcha nórdica y asma que se está desarrollando en la Facultad de Fisioterapia de la Universidad de A Coruña (UDC) y que está orientado a evaluar los posibles beneficios que la marcha nórdica podría tener en relación a su enfermedad.

El proyecto incluye una evaluación de diferentes variables interesantes para los participantes, como la función pulmonar, medida mediante una espirometría; la tolerancia al ejercicio evaluada, mediante una prueba de esfuerzo; o la cantidad de actividad física diaria, medido por acelerometría, entre otras. Además, a cada voluntario/a se le será proporcionado un medidor de flujo con el que podrá controlar los síntomas de su enfermedad.

El estudio de investigación está liderado por la Facultad de Fisioterapia de la UDC y cuenta con financiación del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), a través de la convocatoria 2021 de sus ayudas a la investigación; y de la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR).

Adjuntamos cartel explicativo sobre las características del estudio de investigación, en el que se detalla la información relativa a los criterios de inclusión y características de las sesiones a realizar con las personas voluntarias.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas