Aberta a preinscrición ao curso de formación específica de posgrao sobre Fisioterapia Respiratoria Pediátrica Avanzada da UDC

Organizado pola Facultade e o Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da universidade coruñesa

14 Ene 2022 / prensa cofiga / Sede COFIGA

Ata o próximo 1 de marzo poderá formalizarse a preinscrición curso de formación específica de posgrao sobre Fisioterapia Respiratoria Pediátrica Avanzada que, organizado conxuntamente pola Facultade de Fisioterapia e o Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña (UDC), ten por obxectivo fundamental formar especialistas que, tomando como base os principios fisiolóxicos respiratorios do menor e a valoración e o exame clínico exhaustivo do paciente, profunden nun modelo de razoamento clínico que facilite a toma de decisións preventivas e terapéuticas diante de problemas clínicos de natureza respiratoria que afecten á poboación infatil.

Con esta actividade formativa preténdese ao mesmo tempo darlle a esta disciplina unha maior proxección social, que permita achegala a unha poboación cada vez máis sometida a agresións externas ambientais e cunha crecente problemática respiratoria na infancia.

Información ampliada sobre as características, contidos, profesorado e formalización de matrícula, en documento adxunto e na seguinte ligazón:

https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=1207

Abierta la preinscripción al curso de formación específica de posgrado sobre Fisioterapia Respiratoria Pediátrica Avanzada de la UDC

Hasta el próximo 1 de marzo podrá formalizarse la preinscripción curso de formación específica de posgrado sobre Fisioterapia Respiratoria Pediátrica Avanzada que, organizado conjuntamente por la Facultad de Fisioterapia y el Departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas de la Universidad de A Coruña (UDC), tiene por objetivo fundamental formar especialistas que, tomando como base los principios fisiológicos respiratorios del/a niño/a y la valoración y el examen clínico exhaustivo del paciente, profundicen en un modelo de razonamiento clínico que facilite la toma de decisiones preventivas y terapéuticas ante problemas clínicos de naturaleza respiratoria que afecten a la población infantil.

Con esta actividad formativa se pretende al mismo tiempo darle a esta disciplina una mayor proyección social, que permita acercarla a una población cada vez más sometida a agresiones externas medioambientales y con una creciente problemática respiratoria en la infancia.

Información ampliada sobre las características, contenidos, profesorado y formalización de matrícula, en documento adjunto y en el siguiente enlace:

https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=1207

La Fisioterapia te da el aire que necesitas