Loito na Fisioterapia pola lamentable perda dun gran referente profesional, o profesor José Luis Aristín González


26 Dic 2021 / Sede COFIGA

A Fisioterapia está de loito pola perda dun gran referente profesional, o profesor José Luis Aristín González, presidente do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) desde a súa constitución en 1999 ata 2015, que lamentablemente nos deixou esta madrugada

Gran protagonista na historia da Fisioterapia en Galicia, onde exerceu practicamente toda a súa vida profesional, José Luis Aristín loitou con perseveranza ata lograr a creación das dúas Facultades hoxe integradas nas Universidades da Coruña e Vigo, nas que se formou a práctica totalidade da gran comunidade de fisioterapeutas que actualmente exercen na nosa comunidade autónoma, logrando tamén dotala dun instrumento institucional como é o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

Formado inicialmente como axudante técnico sanitario na Facultade de Medicina de Barcelona (1971), xa en 1974 obtivo a por entón especialidade en Fisioterapia na Escola Ramón e Cajal posta en funcionamento na Facultade de Medicina da aínda naquel momento denominada Universidade Central de Madrid -hoxe Complutense-. En 1987 obtivo a Diplomatura en Fisioterapia e, finalmente, puido especializarse en Fisioterapia do Deporte, axuntando desta forma dúas das súas máximas paixóns, a Fisioterapia e o Deporte.

Salmantino de nacemento e galego de corazón, tras unha curta traxectoria profesional de dous anos (1974-75) na Mutua Asepeyo de Barcelona, pronto se vinculou estreitamente a Galicia, radicando a súa vida na Coruña, onde exerceu como fisioterapeuta desde 1976, primeiro no Hospital San Rafael, posteriormente na Mutua Mapfre (1979-80) e xa en 1981 como fisioterapeuta da Seguridade Social (quenda de méritos), no entón denominado Hospital Juan Canalejo -hoxe Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)- e na Casa do Mar do Instituto Social da Mariña.

En 1985 obtivo por oposición a praza de fisioterapeuta no Concello da Coruña, primeiro destinado ao Hospital Municipal Labaca e desde 1986 e ata a súa xubilación no Centro de Fisioterapia do Servizo Municipal de Deportes.

A súa vinculación mundo do deporte, en todas as súas modalidades, foi tamén temperá: exerceu como fisioterapeuta nos clubs Baloncesto Bosco (1984-86), Dominicos de Hóckey (1987-89) e Basketmar (1989-93). Aínda que a súa gran paixón sempre foi o fútbol, o que lle levou a exercer como fisioterapeuta do Real Club Deportivo da Coruña desde 1991 ata 1998, vivindo a lado de xogadores e corpo técnico os grandes momentos do que se deu en chamar Super Depor.

Todo iso, compatibilizándoo co exercicio libre da Fisioterapia, primeiro no centro Ramón e Cajal (1981-1999) e posteriormente, desde 1999 ata a súa xubilación, no centro Ronda de Nelle.

En 1991 obtivo a praza de profesor na entón Escola Universitaria -hoxe Facultade- de Fisioterapia da Universidade da Coruña-UDC.

Desenvolveu igualmente unha intensa traxectoria de representación institucional: membro da Asociación Española de Fisioterapeutas ( AEF) desde 1974 (socio número 485), ostentou durante cinco anos (1976-1981) a representación do colectivo na Xunta Facultativa do Centro de Rehabilitación e Traumatoloxía do Hospital Juan Canalejo, foi secretario da Delegación Provincial da  AEF na Coruña ata 1986, logo secretario xeral (1986-1991) e posteriormente presidente da Delegación autonómica en Galicia, ata que en 1999 consegue o recoñecemento oficial para a constitución do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), do que foi presidente desde a súa constitución en 1999 ata 2015, formando parte tamén do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE).

Paralelamente, desde 1998 formou parte de diferentes Directivas nacionais da AEF e foi membro do Consello de Redacción da revista científica “Fisioterapia”, decana da especialidade en lingua española.

Toda unha intensa e infatigable traxectoria que levou á Fisioterapia galega a pasar dos apenas 200 fisioterapeutas cando se constituíu o CoFiGa, aos máis de 4000 colexiados/as actuais. En definitiva, a posicionar á Fisioterapia galega no lugar que merece.

Grazas querido compañeiro e amigo. Contigo perdemos a un gran referente e a un excepcional fisioterapeuta. Sempre estarás no noso corazón. DEP

Luto en la Fisioterapia por la lamentable pérdida de un gran referente profesional, el profesor José Luis Aristín González

La Fisioterapia está de luto por la pérdida de un gran referente profesional, el profesor José Luis Aristín González, presidente del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) desde su constitución en 1999 hasta 2015, que lamentablemente nos dejó esta madrugada

Gran protagonista en la historia de la Fisioterapia en Galicia, donde ejerció prácticamente toda su vida profesional, José Luis  Aristín luchó con perseverancia hasta lograr la creación de las dos Facultades hoy integradas en las Universidades de A Coruña y Vigo, en las que se formó la práctica totalidad de la gran comunidad de fisioterapeutas que actualmente ejercen en nuestra comunidad autónoma, logrando también dotarla de un instrumento institucional como es el Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

Formado inicialmente como ayudante técnico sanitario en la Facultad de Medicina de Barcelona (1971), ya en 1974 obtuvo a por entonces especialidad en Fisioterapia en la Escuela Ramón y Cajal puesta en funcionamiento en la Facultad de Medicina de la aún en aquel momento denominada Universidad Central de Madrid -hoy Complutense-. En 1987 obtuvo la Diplomatura en Fisioterapia y, finalmente, pudo especializarse en Fisioterapia del Deporte, aunando de esta forma dos de sus máximas pasiones, la Fisioterapia y el Deporte.

Salmantino de nacimiento y gallego de corazón, tras una corta trayectoria profesional de dos años (1974-75) en la Mutua Asepeyo de Barcelona, pronto se vinculó estrechamente a Galicia, radicando su vida en A Coruña, donde ejerció como fisioterapeuta desde 1976, primero en el Hospital Sano Rafael, posteriormente en la Mutua Mapfre (1979-80) y ya en 1981 como fisioterapeuta de la Seguridad Social (turno de méritos), en el entonces denominado Hospital Juan Canalejo -hoy Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC)- y en la Casa del Mar del Instituto Social de la Marina.

En 1985 obtuvo por oposición a plaza de fisioterapeuta en el Ayuntamiento de A Coruña, primero destinado al Hospital Municipal Labaca y desde 1986 y hasta su jubilación en el Centro de Fisioterapia del Servicio Municipal de Deportes.

Su vinculación mundo del deporte, en todas sus modalidades, fue también temprana: ejerció como fisioterapeuta en los clubes Baloncesto Bosco (1984-86), Dominicos de Hockey (1987-89) y Basketmar (1989-93). Aunque su gran pasión siempre fue el fútbol, lo que le llevó a ejercer como fisioterapeuta del Real Club Deportivo de A Coruña desde 1991 hasta 1998, viviendo a lado de jugadores y cuerpo técnico los grandes momentos del que se dio en llamar Super Depor.

Todo eso, compatibilizándolo con el ejercicio libre de la Fisioterapia, primero en el centro Ramón y Cajal (1981-1999) y posteriormente, desde 1999 hasta su jubilación, en el centro Ronda de Nelle.

En 1991 obtuvo la plaza de profesor en la entonces Escuela Universitaria -hoy Facultad- de Fisioterapia de la Universidade da Coruña-UDC.

Desarrolló igualmente una intensa trayectoria de representación institucional: miembro de la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF) desde 1974 (socio número 485), ostentó durante cinco años (1976-1981) la representación del colectivo en la Xunta Facultativa del Centro de Rehabilitación y Traumatología del Hospital Juan Canalejo, fue secretario de la Delegación Provincial de la AEF en A Coruña hasta 1986, luego secretario general (1986-1991) y posteriormente presidente de la Delegación autonómica en Galicia, hasta que en 1999 consigue el reconocimiento oficial para la constitución del Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), del que fue presidente desde su constitución en 1999 hasta 2015, formando parte también del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE).

Paralelamente, desde 1998 formó parte de diferentes Directivas nacionales de la AEF y fue miembro del Consejo de Redacción de la revista científica “Fisioterapia”, decana de la especialidad en lengua española.

Toda una intensa e infatigable trayectoria que llevó a la Fisioterapia gallega a pasar de los apenas 200 fisioterapeutas cuando se constituyó el CoFiGa, a los más de 4000 colegiados/las actuales. En definitiva, a posicionar a la Fisioterapia gallega en el lugar que merece.

Gracias querido compañero y amigo. Contigo perdemos a un grano referente y a un excepcional fisioterapeuta. Siempre estarás en nuestro corazón. DEP

La Fisioterapia te da el aire que necesitas