José Luis Aristín González recibe a máxima distinción do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia

A Aula de Formación da sede institucional tamén levará o nome do presidente fundador do CoFiGa

07 Dic 2021 / prensa cofiga / Sede COFIGA

Coa imposición da insignia de ouro e brillantes como máxima distinción que outorga o Colexio Oficial de Fisioterapeutas (CoFiGa), a Fisioterapia galega tributou unha merecida homenaxe ao que foi presidente da institución colexial desde a súa constitución en 1999 ata 2015, o profesor José Luis Aristín González. Un recoñecemento á súa dilatada traxectoria en favor do desenvolvemento da Fisioterapia que tamén se plasma dando o seu nome á Aula de Formación da sede institucional dos e das fisioterapeutas de Galicia.

Nun emotivo acto xa programado pola actual Xunta de Goberno do CoFiGa desde o inicio do seu mandato, pero que tivo que pospoñerse no tempo por mor da Covid-19, a homenaxe da Fisioterapia galega ao profesor José Luis Aristín desenvolveuse o pasado 30 de novembro, de forma íntima e reducida en asistencia, en cumprimento das recomendacións para frear a que continúa sendo preocupante evolución da pandemia.

Arroupado pola súa filla, a tamén fisioterapeuta Beatriz Aristín, o presidente fundador do CoFiGa recibiu a máxima distinción da institución colexial de mans do seu actual presidente, o profesor Gustavo Paseiro Ares, que tamén lle fixo entrega dunha reprodución da placa que presidirá a Aula de Formación da sede do CoFiGa.

José Luis Aristín González recibe la máxima distinción del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia

El Aula de Formación de la sede institucional también llevará el nombre del presidente fundador del CoFiGa

Con la imposición de la insignia de oro y brillantes cómo máxima distinción que otorga el Colegio Oficial de Fisioterapeutas (CoFiGa), la Fisioterapia gallega tributó un merecido homenaje al que fue presidente de la institución colegial desde su constitución en 1999 hasta 2015, el profesor José Luis Aristín González. Un reconocimiento a su dilatada trayectoria en favor del desarrollo de la Fisioterapia que también se plasma dando su nombre al Aula de Formación de la sede institucional de los y las fisioterapeutas de Galicia.

En un emotivo acto ya programado por la actual Junta de Gobierno del CoFiGa desde lo inicio de su mandato, pero que tuvo que posponerse en el tiempo a causa de la Covid-19, el homenaje de la Fisioterapia gallega al profesor José Luis Aristín se desarrolló el pasado 30 de noviembre, de forma íntima y reducida en asistencia, en cumplimiento de las recomendaciones para frenar la que continúa siendo preocupante evolución de la pandemia.

Arropado por su hija, la también fisioterapeuta Beatriz Aristín, el presidente fundador del CoFiGa recibió la máxima distinción de la institución colegial de manos de su actual presidente, el profesor Gustavo Paseiro Ares, que también le hizo entrega de una reproducción de la placa que presidirá el aula de Formación de la sede del CoFiGa.

Google Facebook Twitter Mas
La Fisioterapia te da el aire que necesitas