O CoFiGa presenta á Xunta de Galicia o proxecto formativo “Neurodesevolvemento nas aulas. Visión fisioterapéutica”

Ten por obxectivo informar tanto a docentes como ás familias sobre a importancia dunha detección e abordaxe precoz das alteracións leves do Neurodesenvolvemento Infantil que se están vendo incrementadas coa pandemia por Covid-19

19 Abr 2021 / prensa cofiga / Sede COFIGA

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) presentou á Xunta de Galicia o proxecto “Neurodesevolvemento nas aulas. Visión fisioterapéutica”, elaborado pola Comisión de Fisioterapia en Pediatría do CoFiGa co obxectivo de informar tanto a docentes de Educación Infantil e Primaria como ás familias sobre o papel da Fisioterapia Pediátrica na detección precoz de alteracións leves do Neurodesevolvemento da poboación infantil que se están a ver incrementadas coa pandemia por Covid-19.

O proxecto elaborado polo CoFiGa ten por finalidade optimizar recursos para lograr unha completa abordaxe integral do Neurodesevolvemento na primeira infancia, aplicando para iso unha concepción inter e transdisciplinar tanto desde o punto de vista sanitario como educacional tendente a evitar futuras consecuencias na diminución das capacidades  psicomotoras, cognitivas e emocionais da poboación infantil e reducindo o custo social e económico que estas alteracións mal controladas xeran.

Para iso, o CoFiGa propón establecer vehículos de comunicación entre diferentes profesionais e estamentos directamente relacionados coa Educación Infantil e Primaria a través da organización de sesións formativas, dirixidas a familias e docentes, sobre as posibilidades da intervención fisioterapéutica temperá para un adecuado Neurodesevolvemento da poboación infantil.

O proxecto do CoFiGa foi presentado pola vogal en Lugo da súa Xunta de Goberno, Sandra Balaguer Solé, ao delegado da Xunta de Galicia en Lugo e á xefa territorial de Educación, Javier Arias  Fouz e María del Carmen Gueimunde.

El CoFiGa presenta a la Xunta de Galicia el proyecto formativo “Neurodesarrollo en las aulas. Visión fisioterapéutica”

Tiene por objetivo informar tanto a docentes como a las familias sobre la importancia de una detección y abordaje precoz de las alteraciones leves del Neurodesarrollo Infantil que se están viendo incrementadas con la pandemia por Covid-19

El Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) ha presentado a la Xunta de Galicia el proyecto “Neurodesarrollo en las aulas. Visión fisioterapéutica”, elaborado por la Comisión de Fisioterapia en Pediatría del CoFiGa con el objetivo de informar tanto a docentes de Educación Infantil y Primaria como a las familias sobre el papel de la Fisioterapia Pediátrica en la detección precoz de alteraciones leves del Neurodesarrollo de la población infantil que se están viendo incrementadas con la pandemia por Covid-19.

El proyecto elaborado por el CoFiGa tiene por finalidad optimizar recursos para lograr un completo abordaje integral del Neurodesarrollo en la primera infancia, aplicando para ello una concepción inter y transdisciplinar tanto desde el punto de vista sanitario como educacional tendente a evitar futuras consecuencias en la merma de las capacidades psicomotoras, cognitivas y emocionales de la población infantil y reduciendo el coste social y económico que estas alteraciones mal controladas generan.

Para ello, el CoFiGa propone establecer vehículos de comunicación entre diferentes profesionales y estamentos directamente relacionados con la Educación Infantil y Primaria a través de la organización y desarrollo de sesiones formativas, dirigidas a familias y docentes, sobre las posibilidades de la intervención fisioterapéutica temprana para un adecuado Neurodesarrollo de la población infantil.

El proyecto del CoFiGa ha sido presentado por la vocal en Lugo de su Junta de Gobierno, Sandra Balaguer Solé, al delegado de la Xunta de Galicia en Lugo y a la jefa territorial de Educación, Javier Arias Fouz y María del Carmen Gueimunde.

Google Facebook Twitter Mas
La Fisioterapia te da el aire que necesitas