Aprobados todos os puntos da Orde do Día da Asamblea Xeral Ordinaria do CoFiGa celebrada por vía telemática o domingo 29 de novembro/2020

Destacando a creación do Observatorio de Investigación en Fisioterapia e da nova Comisión de Atención Temperá, a campaña de difusión iniciada polo CoFiGa en TVG, o intenso programa formativo deseñado para o ano 2021 e o proxecto de reforma da Sede para adecuala ás directrices de prevención fronte á pandemia

30 Nov 2020 / Prensa / Sede COFIGA

A creación do Observatorio de Investigación en Fisioterapia e dunha nova Comisión dedicada especificamente á Atención Temperá, a nova campaña divulgativa sobre a Fisioterapia como profesión de referencia en tempos Covid-19 e sobre os perigos do intrusismo profesional sanitario, a ampliación orzamentaria para as novas convocatorias axudas do CoFiGa á investigación, a reestruturación da Sede CoFiGa para adecuala ás directrices de prevención fronte á pandemia e un intenso programa formativo deseñado para o ano 2021, cun total de 34 cursos presenciais e en liña planificados, foron algúns os principais puntos desenvolvidos e aprobados por unanimidade no transcurso da Asemblea Xeral Ordinaria de colexiados/as CoFiGa celebrada, por primeira vez de forma telemática, o domingo 29 de novembro/2020.

Tras dar a benvida e agradecer a participación dos colexiados/as asistentes ao máximo órgano decisorio do CoFiGa, a Asemblea comezou dando lectura e aprobando a acta correspondente á celebrada o pasado 18 de xullo/2020, tras o que se pasou a desagregar os informes de Presidencia e das distintas Oficinas que compoñen o organigrama do CoFiGa, así como o Plan de Actividades e Orzamentos para o exercicio 2021, puntos da Orde do Día que obtiveron a aprobación unánime da Asemblea.

Informe do presidente

No seu informe, o presidente do CoFiGa, Gustavo Paseiro Ares, repasou as principais actividades desenvolvidas pola institución ao longo dun ano 2020 marcado polas constantes incertezas, cambios normativos e consecuencias que foi provocando a evolución epidemiolóxica da pandemia Covid-19.

Neste sentido, o Informe de Presidencia resaltou aspectos como a predisposición para potenciar a Fisioterapia no sistema sanitario público de Galicia constatada nos primeiros contactos xa mantidos co novo conselleiro de Sanidade e co novo xerente do Sergas; as medidas desenvolvidas de forma unánime por parte de todo o colectivo para “frear” a intención do Goberno de incluír nos Orzamentos Xerais do Estado 2021 a aplicación do 21% de IVE á sanidade privada; e a participación do CoFiGa na Guía de Peritos Xudiciais que Unión Profesional de Galicia poñerá ao dispor de todos os Xulgados, Tribunais, Fiscalías e dos avogados que así o soliciten.

De igual modo, o presidente do CoFiGa tamén puxo en valor todo o amplo despregamento de traballo desenvolvido no seo do CoFiGa para paliar as consecuencias da pandemia Covid-19 sobre o colectivo das e dos fisioterapeutas de Galicia, destacando aspectos como: a regulación da paréntese na actividade asistencial dos centros privados por mor dos problemas de subministración para a adquisición de medidas de protección fronte ao contaxio; o acceso aos ERTE e axudas a autónomos; as xestións no Sergas para fornecer ao colectivo de material de prevención (valorado en máis de 100.000 euros) durante os momentos de desabastecemento e que permitiron unha “segura” reactivación do labor asistencial nos centros; a elaboración e permanente actualización de protocolos de actuación para a reactivación asistencial; a intensa actividade formativa desenvolvida por vía telemática; a batería de achegas expostas diante da Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19 e que xa foron presentadas aos representantes dos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia; así como a campaña divulgativa sobre a Fisioterapia como profesión de referencia en tempos Covid-19 e sobre os perigos do intrusismo profesional sanitario.

Plan de Actividades 2021

Continuou a súa intervención o presidente do CoFiGa presentando o Plan de Actividades deseñado para o ano 2021, entre as que destacou a reestruturación da Sede CoFiGa para adecuala ás directrices de prevención fronte á pandemia, a creación do Observatorio de Investigación en Fisioterapia e dunha nova Comisión dedicada especificamente á Atención Temperá, a ampliación orzamentaria para as novas convocatorias axudas do CoFiGa á investigación, as xestións co Sergas para a próxima realización dun “screening” de test de antíxenos a todo o colectivo de fisioterapeutas de Galicia, o próximo convenio de colaboración coa Asociación Galega de Fisiositerapeutas en Pelviperineoloxía (AGAFIP), o ambicioso programa de formación continuada elaborado para dar resposta as inquietudes do colectivo, así como a procura dun local adecuado para que a Delegación do CoFiGa en Vigo poida albergar actividades formativas.

Programa de Formación Continuada 2021

Tomou a continuación a palabra o tesoureiro da Xunta de Goberno e director da Oficina de Formación do CoFiGa, Manuel Martínez Suárez, quen en primeiro lugar mostrou a súa satisfacción por superar a barreira dos 3.000 profesionais colexiados/as en Galicia, alcanzando xa a cifra de 3.057, para pasar a continuación a detallar o que cualificou como “ambicioso” programa formativo que a institución colexial pon ao dispor dos seus colexiados/as para o ano 2021 e que inclúe a organización dun total de 34 actividades, cunha media de dúas ao mes: 18 cursos que se desenvolverán en formato presencial se a evolución da pandemia así o permite, e de 16 seminarios en formato dixital.

Orzamentos para o exercicio 2021

Como introdución á pormenorizada desagregación dos orzamentos do CoFiGa para o exercicio 2021 presentados a aprobación da Asemblea, Manuel Martínez Suárez aludiu á filosofía que guía á Xunta de Goberno de axustar ao máximo as partidas de gasto e pola contra incrementar na medida do posible as destinadas a ofrecer servizo ao colexiado.

Na desagregación partida por partida, destacou a importante redución no capítulo de gastos derivada fundamentalmente da total liquidación da hipoteca de compra da Sede, así como da celebración vía telemática das reunións da Xunta de Goberno, o que permite eliminar gatos de desprazamentos e dietas.

Polo que respecta ao capítulo de servizos ao colexiado, destacou o gasto previsto na reestruturación da Sede, así como o incremento nas partidas destinadas a investigación, funcionamento das Comisións, asesorías externas e a promoción e divulgación da profesión.

Informe da Oficina de Funcionamento Interno

A vicepresidenta 2ª do CoFiGa, Coral Pérez Valiño, foi a encargada de presentar o informe da Oficina de Funcionamento Interno que coordina, detallando a actual composición das 28 Comisións que, agrupadas en 7 Áreas de Coñecemento, foron creadas en 2020 co obxectivo de promover as Especialidades en Fisioterapia e de proporcionar ao colectivo instrumentos participativos e colaborativos para o desenvolvemento de labores de información social e profesional, así como para o estudo das necesidades suscitadas nos múltiples e diversos campos de actuación da Fisioterapia.

Tamén destacou neste sentido a incorporación dunha Comisión específica sobre Atención Temperá, incluída nunha das Áreas de Coñecemento máis participativas, como é a dedicada á Fisioterapia Infantil.

Oficina de Igualdade

Pola súa banda, na súa calidade de coordinadora da Oficina de Igualdade, Fátima Fontenla repasou as actividades desenvolvidas no seo do CoFiGa en materia de promoción da igualdade en Fisioterapia, unha das liñas programáticas que guían á Xunta de Goberno.

Destacou neste sentido a campaña desenvolvida na semana do 8 de marzo de 2020 con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, poñendo nome a mulleres relevantes no marco histórico da Fisioterapia, tanto a nivel internacional e nacional como dentro do ámbito da nosa comunidade autónoma, así como a adaptación a unha linguaxe igualitaria, inclusivo e non sexista do Código Deontolóxico que desde 2001 rexe, guía e regula a conduta profesional do colectivo da Fisioterapia na nosa comunidade autónoma.

Tamén se referiu ao convenio subscrito, a través de Unión Profesional de Galicia, coa Asociación Galega de Profesionais de Auditoría Sociolaboral de Xénero, Igualdade, Violencia e Acoso (AGAXEN), que permitiu a organización do Seminario sobre prevención e actualización fronte ao acoso sexual e por razón de sexo na contorna laboral que, por vía telemática e inscrición gratuíta para colexiados/as, desenvolverase o 3 de decembro, contando para iso tamén coa inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

E anunciou o proxecto de organizar, en torno ao 8 de marzo de 2021, unhas xornadas en liña sobre patoloxía  musculoesquelética e razoamento clínico en Fisioterapia nas que os relatorios corran a cargo unicamente de fisioterapeutas mulleres, como nova acción para contribuír a visibilizar o importante papel que as mulleres desenvolvemos nunha profesión maioritariamente feminina, como é a Fisioterapia, e potenciar referentes femininas da nosa profesión.

Creación do Observatorio de Investigación en Fisioterapia

A continuación, tomou a palabra novamente o presidente do CoFiGa para presentar e someter a votación da Asemblea o proxecto de creación do Observatorio de Investigación en Fisioterapia, un instrumento que ten por obxectivo analizar a situación desta importante faceta profesional en Galicia e que no seu deseño conta coa participación dos Decanatos das Facultades de Fisioterapia e a asesoría das Presidencias das Asociacións tanto galegas como nacionais con representación en Galicia.

Gustavo Paseiro explicou que este proxecto, do mesmo xeito que a presentación das novas edicións de axudas do CoFiGa á investigación, foron desenvoltos pola compañeira Vanesa López Miguens, presente na Asemblea pero que non puido intervir por problemas técnicos co audio.

En canto ás axudas á investigación do CoFiGa, destacouse que en 2021 faranse dúas convocatorias, a correspondente ao 2020 que tivo que ser posposta por causa da pandemia, e a propia do ano 2021.

Tamén se destacou a ampliación de dúas novas modalidades, a destinada a fisioterapeutas non vinculados a institucións académicas ou ao Sergas (Prol-Fisio) e a destinada a fisioterapeutas que desenvolvan unha actividade de cooperación nacional ou internacional (Cooperación). Dúas novas modalidades que complementan o tres xa existentes previamente: para fisioterapeutas con actividade principal no ámbito clínico privado ou público, para fisioterapeutas matriculados en Programas de Doutoramento e para fisioterapeutas que xa obtivesen o título de doutor e que se atopen formando parte de grupos de investigación ou desenvolvendo actividade docente.

Desde o punto de vista económico e orzamentario, ademais de ampliar a dotación económica para promoción da investigación, os orzamentos 2021 do CoFiGa inclúen unha partida de 6.000 euros destinada á adquisición de material inventariable para ceder aos fisioterapeutas que o precisen para o desenvolvemento dos seus proxectos de investigación.

Destacar finalmente o agradecemento expresado polos integrantes da Xunta de Goberno ao gran labor e infatigable dedicación demostrada polo persoal administrativo e polos integrantes das asesorías externas neste ano 2020 marcado pola pandemia.

Tras a aprobación de todos os puntos da Orde do Día, a Asemblea Xeral Ordinaria do  CoFiGa finalizou ás 12.05 horas do domingo 29 de novembro/2020.

Aprobados todos los puntos del Orden del Día de la Asamblea General Ordinaria del CoFiGa celebrada por vía telemática el domingo 29 de noviembre/2020

Destacando la creación del Observatorio de Investigación en Fisioterapia y de la nueva Comisión de Atención Temprana, la campaña de difusión iniciada por el CoFiGa en TVG, el intenso programa formativo diseñado para el año 2021 y el proyecto de reforma de la Sede para adecuarla a las directrices de prevención frente a la pandemia

La creación del Observatorio de Investigación en Fisioterapia y de una nueva Comisión dedicada específicamente a la Atención Temprana, la nueva campaña divulgativa sobre la Fisioterapia como profesión de referencia en tiempos Covid-19 y sobre los peligros del intrusismo profesional sanitario, la ampliación presupuestaria para las nuevas convocatorias ayudas del CoFiGa a la investigación, la reestructuración de la Sede CoFiGa para adecuarla a las directrices de prevención frente a la pandemia y un intenso programa formativo diseñado para el año 2021, con un total de 34 cursos presenciales y online planificados, fueron algunos los principales puntos desarrollados y aprobados por unanimidad en el transcurso de la Asamblea General Ordinaria de colegiados/as CoFiGa celebrada, por primera vez de forma telemática, el domingo 29 de noviembre/2020.

Tras dar la bienvenida y agradecer la participación de los colegiados/as asistentes al máximo órgano decisorio del CoFiGa, la Asamblea comenzó dando lectura y aprobando el acta correspondiente a la celebrada el pasado 18 de julio/2020, tras lo que se pasó a desglosar los informes de Presidencia y de las distintas Oficinas que componen el organigrama del CoFiGa, así como el Plan de Actividades y Presupuestos para el ejercicio 2021, puntos del Orden del Día que obtuvieron la aprobación unánime de la Asamblea.

Informe del presidente

En su informe, el presidente del CoFiGa, Gustavo Paseiro Ares, repasó las principales actividades desarrolladas por la institución a lo largo de un año 2020 marcado por las constantes incertidumbres, cambios normativos y consecuencias que ha ido provocando la evolución epidemiológica de la pandemia Covid-19.

En este sentido, el Informe de Presidencia resaltó aspectos como la predisposición a potenciar la Fisioterapia en el sistema sanitario público de Galicia constatada en los primeros contactos ya mantenidos con el nuevo conselleiro de Sanidade y con el nuevo gerente del Sergas; las medidas desarrolladas de forma unánime por parte de todo el colectivo para “frenar” la intención del Gobierno de incluir en los Presupuestos Generales del Estado 2021 la aplicación del 21% de IVA a la sanidad privada; y la participación del CoFiGa en la Guía de Peritos Judiciales que Unión Profesional de Galicia pondrá a disposición de todos los Juzgados, Tribunales, Fiscalías y de los abogados que así lo soliciten.

De igual modo, el presidente del CoFiGa también puso en valor todo el amplio despliegue de trabajo desarrollado en el seno del CoFiGa para paliar las consecuencias de la pandemia Covid-19 sobre el colectivo de las y los fisioterapeutas de Galicia, destacando aspectos como: la regulación del paréntesis en la actividad asistencial de los centros privados a causa de los problemas de suministro para la adquisición de medidas de protección frente al contagio; el acceso a los ERTE y ayudas a autónomos; las gestiones ante el Sergas para suministrar material de prevención (valorado en más de 100.000 euros) durante los momentos de desabastecimiento y que permitieron una “segura” reactivación de la labor asistencial en los centros; la elaboración y permanente actualización de protocolos de actuación para la reactivación asistencial; la intensa actividad formativa desarrollada por vía telemática; la batería de aportaciones planteadas ante la Comisión no permanente especial de estudio sobre la reactivación económica, social y cultural de Galicia por la crisis de la Covid-19 y que ya han sido presentadas a los representantes de los grupos políticos con representación en el Parlamento de Galicia; así como la campaña divulgativa sobre la Fisioterapia como profesión de referencia en tiempos Covid-19 y sobre los peligros del intrusismo profesional sanitario.

Plan de Actividades 2021

Continuó su intervención el presidente del CoFiGa presentando el Plan de Actividades diseñado para el año 2021, entre las que destacó la reestructuración de la Sede CoFiGa para adecuarla a las directrices de prevención frente a la pandemia, la creación del Observatorio de Investigación en Fisioterapia y de una nueva Comisión dedicada específicamente a la Atención Temprana, la ampliación presupuestaria para las nuevas convocatorias ayudas del CoFiGa a la investigación, las gestiones con el Sergas para la próxima realización de un “screening” de test de antígenos a todo el colectivo de fisioterapeutas de Galicia, el próximo convenio de colaboración con la Asociación Gallega de Fisioterapeutas en Pelviperineología (AGAFIP), el ambicioso programa de formación continuada elaborado para dar respuesta las inquietudes del colectivo, así como la búsqueda de un local adecuado para que la Delegación del CoFiGa en Vigo pueda albergar actividades formativas.

Programa de Formación Continuada 2021

Tomó a continuación la palabra el tesorero de la Junta de Gobierno y director de la Oficina de Formación del CoFiGa, Manuel Martínez Suárez, quien en primer lugar mostró su satisfacción por haber superado la barrera de los 3.000 profesionales colegiados/as en Galicia, alcanzando ya la cifra de 3.057, para pasar a continuación a detallar el que calificó como “ambicioso” programa formativo que la institución colegial pone a disposición de sus colegiados/as para el año 2021 y que incluye la organización de un total de 34 actividades, con una media de dos al mes: 18 cursos que se desarrollarán en formato presencial si la evolución de la pandemia así lo permite, y de 16 seminarios en formato digital.

Presupuestos para el ejercicio 2021

Como introducción al pormenorizado desglose de los presupuestos del CoFiGa para el ejercicio 2021 presentados a aprobación de la Asamblea, Manuel Martínez Suárez aludió a la filosofía que guía a la Junta de Gobierno de ajustar al máximo las partidas de gasto y por el contrario incrementar en la medida de lo posible las destinadas a ofrecer servicio al colegiado.

En el desglose partida por partida, destacó la importante reducción en el capítulo de gastos derivada fundamentalmente de la total liquidación de la hipoteca de compra de la Sede, así como de la celebración vía telemática de las reuniones de la Junta de Gobierno, lo que permiten eliminar gatos de desplazamientos y dietas.

Por lo que respecta al capítulo de servicios al colegiado, destacó el gasto previsto en la reestructuración de la Sede, así como el incremento en las partidas destinadas a investigación, funcionamiento de las Comisiones, asesorías externas y a promoción y divulgación de la profesión.

Informe de la Oficina de Funcionamiento Interno

La vicepresidenta 2ª del CoFiGa, Coral Pérez Valiño, fue la encargada de presentar el informe de la Oficina de Funcionamiento Interno que coordina, detallando la actual composición de las 28 Comisiones que, agrupadas en 7 Áreas de Conocimiento, fueron creadas en 2020 con el objetivo de promover las Especialidades en Fisioterapia y de proporcionar al colectivo instrumentos participativos y colaborativos para el desarrollo de labores de información social y profesional, así como para el estudio de las necesidades suscitadas en los múltiples y diversos campos de actuación de la Fisioterapia.

También destacó en este sentido la incorporación de una Comisión específica sobre Atención Temprana, incluida en una de las Áreas de Conocimiento más participativas, como es la dedicada a la Fisioterapia Infantil.

Oficina de Igualdad

Por su parte, en su calidad de coordinadora de la Oficina de Igualdad, Fátima Fontela repasó las actividades desarrolladas en el seno del CoFiGa en materia de promoción de la igualdad en Fisioterapia, una de las líneas programáticas que guían a la Junta de Gobierno.

Destacó en este sentido la campaña desarrollada en la semana del 8 de marzo de 2020 con motivo de la conmemoración del Día Internacional de la Mujer, poniendo nombre a mujeres relevantes en el marco histórico de la Fisioterapia, tanto a nivel internacional y nacional como dentro del ámbito de nuestra comunidad autónoma, así como la adaptación a un lenguaje igualitario, inclusivo y no sexista del Código Deontológico que desde 2001 rige, guía y regula la conducta profesional del colectivo de la Fisioterapia en nuestra comunidad autónoma.

También se refirió al convenio suscrito, a través de Unión Profesional de Galicia, con  la Asociación Gallega de Profesionales de Auditoría Sociolaboral de Género, Igualdad, Violencia e Acoso (AGAXEN), que ha permitido la organización del Seminario sobre prevención y actualización frente al acoso sexual y por razón de sexo en el entorno laboral que, por vía telemática e inscripción gratuita para colegiados/as, se desarrollará el 3 de diciembre, contando para ello también con la inestimable colaboración de la Secretaría General de Igualdad de la Xunta de Galicia.

Y anunció el proyecto de organizar, en torno al 8 de marzo de 2021, unas jornadas en línea sobre patología musculoesquelética y razonamiento clínico en Fisioterapia en las que las ponencias corran a cargo únicamente de fisioterapeutas mujeres, como nueva acción para contribuir a visibilizar el importante papel que las mujeres desarrollamos en una profesión mayoritariamente femenina, como es la Fisioterapia, y potenciar referentes femeninas de nuestra profesión.

Creación del Observatorio de Investigación en Fisioterapia

A continuación, tomó la palabra nuevamente el presidente del CoFiGa para presentar y someter a votación de la Asamblea el proyecto de creación del Observatorio de Investigación en Fisioterapia, un instrumento que tiene por objetivo analizar la situación de esta importante faceta profesional en Galicia y que en su diseño cuenta con la participación de los Decanatos de las Facultades de Fisioterapia y la asesoría de las Presidencias de las Asociaciones tanto gallegas como nacionales con representación en Galicia.

Gustavo Paseiro explicó que este proyecto, al igual que la presentación de las nuevas ediciones de ayudas del CoFiGa a la investigación, han sido desarrollados por la compañera Vanesa López Miguens, presente en la Asamblea pero que no pudo intervenir por problemas técnicos con el audio.

En cuanto a las ayudas a la investigación del CoFiGa, se destacó que en 2021 se harán dos convocatorias, la correspondiente al 2020 que tuvo que ser pospuesta por causa de la pandemia, y la propia del año 2021.

También se destacó la ampliación de dos nuevas modalidades, la destinada a fisioterapeutas no vinculados a instituciones académicas o al Sergas (Pro-Fisio) y la destinada a fisioterapeutas que desarrollen una actividad de cooperación nacional o internacional (Cooperación). Dos nuevas modalidades que complementan las tres ya existentes previamente: para fisioterapeutas con actividad principal en el ámbito clínico privado o público, para fisioterapeutas matriculados en Programas de Doctorado y para fisioterapeutas que ya hayan obtenido el título de doctor y que se encuentren formando parte de grupos de investigación o desarrollando actividad docente.

Desde el punto de vista económico y presupuestario, además de ampliar la dotación económica destinada  a la promoción de la investigación, los presupuestos 2021 del CoFiGa incluyen una partida de 6.000 euros destinada a la adquisición de material inventariable para ceder a los fisioterapeutas que lo precisen para el desarrollo de sus proyectos de investigación.

Destacar finalmente el agradecimiento expresado por los integrantes de la Junta de Gobierno a la gran labor e infatigable dedicación demostrada por el personal administrativo y por los integrantes de las asesorías externas en este año 2020 marcado por la pandemia.

Tras la aprobación de todos los puntos del Orden del Día, la Asamblea General Ordinaria del CoFiGa finalizó a las 12.05 horas del domingo 29 de noviembre/2020.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas