As sesións grupais de Pilates ofrecidas por profesionais da Fisioterapia non están suxeitas ás novas medidas de prevención estipuladas pola Xunta de Galicia diante da evolución da Covid-19

Pola súa condición de técnica sanitaria e a súa finalidade terapéutica, aínda que deben restrinxirse a un máximo de 5 persoas usuarias + monitor, sen superar en ningún caso o 50% do aforo permitido e sempre garantindo as medidas de protección individual e a distancia de seguridade

05 Nov 2020 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

En resposta ás numerosas consultas formuladas polos/as colexiados/as, a Asesoría Xurídica do CoFiGa informa que, pola súa condición de técnica sanitaria e a súa finalidade terapéutica, as sesións grupais de Pilates ofrecidas por profesionais da Fisioterapia non están suxeitas ás novas medidas específicas de prevención ditadas pola Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.

Con todo, no caso de que sexan actividades grupais, deben axustarse a un máximo de 5 persoas usuarias + monitor, sen superar en ningún caso o 50% do aforo permitido, cumprindo sempre coas medidas de protección individual e seguridade previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento e garantindo a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

No caso de que os usuarios teñan que desprazarse desde localidades veciñas, poden acudir ás sesións de Pilates achegando un xustificante emitido ao efecto en base ao modelo que achegamos.

Adxuntamos tamén as disposicións de Presidencia da Xunta (Decreto 179/2020) e da Consellería de Sanidade publicadas o mércores 4 de novembro/2020 no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 223-Bis.

Las sesiones grupales de Pilates ofrecidas por profesionales de la Fisioterapia no están sujetas a las nuevas medidas de prevención estipuladas por la Xunta de Galicia ante la evolución de la Covid-19

Por su condición de técnica sanitaria y su finalidad terapéutica, si bien deben restringirse a un máximo de 5 personas usuarias + monitor, sin superar en ningún caso el 50% del aforo permitido y siempre garantizando las medidas de protección individual y la distancia de seguridad

En respuesta a las numerosas consultas formuladas por los y las colegiados/as, la Asesoría Jurídica del CoFiGa informa que, por su condición de técnica sanitaria y su finalidad terapéutica, las sesiones grupales de Pilates ofrecidas por profesionales de la Fisioterapia no están sujetas a las nuevas medidas específicas de prevención dictadas por la Xunta de Galicia como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada de la Covid-19.

No obstante, en el caso de que sean actividades grupales, deben ajustarse a un máximo de 5 personas usuarias + monitor, sin superar en ningún caso el 50% del aforo permitido, cumpliendo siempre con las medidas de protección individual y seguridad previstas en los correspondientes protocolos de funcionamiento y garantizando la distancia de seguridad interpersonal durante el desarrollo de la actividad.

En el caso de que los usuarios tengan que desplazarse desde localidades vecinas, pueden acudir a las sesiones de Pilates aportando un justificante emitido al efecto en base al modelo que adjuntamos.

Adjuntamos también las disposiciones de Presidencia de la Xunta (Decreto 179/2020) y de la Consellería de Sanidad publicadas el miércoles 4 de noviembre/2020 en el Diario Oficial de Galicia (DOG) número 223-Bis.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas