As actividades grupais deben axustarse a un máximo de 5 alumnos + monitor sempre que non se supere o 50% do aforo permitido

Tal e como despréndese da nova Orde da Consellería de Sanidade establecendo medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da pandemia Covid-19

22 Oct 2020 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Diante das numerosas dúbidas e consultas manifestadas polos/as colexiados/as do CoFiGa sobre a repercusión que para a actividade profesional teñen as novas directrices marcadas pola Consellería de Sanidade como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na comunidade autónoma de Galicia (publicadas no DOG nº 212-bis, de 21 de3 outubro/2020), a Xunta de Goberno do CoFiGa fai as seguintes precisións:

A actividade profesional dos e das fisioterapeutas vese afectada polas novas restricións ditadas pola Consellería de Sanidade en canto ao desenvolvemento de actividades grupais, que terán que axustarse a un máximo de 5 alumnos + monitor sempre que non se supere o 50% do aforo permitido, establecéndose en todo caso as medidas de seguridade previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento e garantindo durante o desenvolvemento da actividade a distancia de seguridade interpersoal.

Achegamos a Orde 21 de outubro/2020 da Consellería de Sanidade (publicada no DOG nº 212-bis, de 21 de outubro/2020).

Las actividades grupales deben ajustarse a un máximo de 5 alumnos + monitor siempre que no se supere el 50% del aforo permitido

Tal y como se desprende de la nueva Orden de la Consellería de Sanidad estableciendo medidas de prevención específicas como consecuencia de la evolución de la pandemia Covid-19

Ante las numerosas dudas y consultas manifestadas por los y las colegiados/as del CoFiGa sobre la repercusión que para la actividad profesional tienen las nuevas directrices marcadas por la Consellería de Sanidad como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada de la Covid-19 en la comunidad autónoma de Galicia (publicadas en el DOG nº 212-bis, de 21 de3 octubre/2020), la Junta de Gobierno del CoFiGa hace las siguientes precisiones:

La actividad profesional de los y las fisioterapeutas se ve afectada por las nuevas restricciones dictadas por la Consellería de Sanidade en cuanto al desarrollo de actividades grupales, que tendrán que ajustarse a un máximo de 5 alumnos + monitor siempre que no se supere el 50% del aforo permitido, estableciéndose en todo caso las medidas de seguridad previstas en los correspondientes protocolos de funcionamiento y garantizando durante el desarrollo de la actividad la distancia de seguridad interpersonal.

Adjuntamos la Orden 21 de octubre/2020 de la Consellería de Sanidade (publicada en el DOG nº 212-bis, de 21 de octubre/2020). 

Google Facebook Twitter Mas
La Fisioterapia te da el aire que necesitas