CoFiGa refuta os argumentos do COLEF Galicia para a súa inclusión no Programa Comunitario de Prescrición do Exercicio Físico e Saúde da Consellería de Sanidade

Co respaldo das institucións académicas e científicas da Fisioterapia de ámbito autonómico e nacional, afirma que non existe ningún marco regulador que habilite aos profesionais do deporte para planificar nin executar procedementos terapéuticos dirixidos a intervir sobre a saúde da poboación ante a existencia de patoloxía

03 Ago 2020 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), co respaldo das organizacións e institucións académicas e científicas da Fisioterapia de ámbito autonómico e nacional, mostran o seu absoluto reixetamento á inclusión de profesionais non sanitarios no Programa Comunitario de Prescrición do Exercicio Físico e Saúde desenvolvido pola Consellería de Sanidade e refutan os argumentos esgrimidos ao respecto polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF) de Galicia.

O colectivo de fisioterapeutas argumenta que con este tipo de actuacións a Consellería de Sanidade fomenta o intrusismo sanitario, ao permitir participar no deseño de programas de rehabilitación a través do exercicio físico a profesionais non sanitarios non habilitados competencialmente para realizar intervencións terapéuticas sobre poboación con algún tipo de patoloxía.

Especifican que, “aínda que calquera profesional da saúde pode recomendar medidas hixiénico-preventivas por medio de actividades de educación sanitaria co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables orientados, por exemplo, a unha mellor nutrición, mantemento físico, adecuado uso dos medicamentos, etc., cando a prescrición de exercicio vai dirixida a cidadáns en situación de enfermidade, deben ser derivados ao fisioterapeuta, profesional sanitario coa competencia atribuída legalmente para estes efectos”, tal e como queda perfectamente estipulado tanto na Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias (LOPS 44/2003) como na Orde CIN 2138/2015 que regula o exercicio profesional do fisioterapeuta en todo o estado español.

Na súa argumentación, o colectivo de fisioterapeutas cita outras normas de ámbito nacional e autonómico:

- Resolución da Subdirección Xeral de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de decembro do 2017, que, coa finalidade de protexer e garantir a seguridade do cidadán, sostén: "O exercicio físico terapéutico con persoas lesionadas é sen dúbida unha actividade sanitaria que incide na saúde das persoas non como un efecto incidental dunha actividade non sanitaria senón como actividade sanitaria”. E posteriormente engade: “Considérase que os graduados/licenciados en Educación Física e do Deporte, non teñen formación necesaria de etioloxía e fisiopatoloxía dos distintos procesos e enfermidades para garantir a adecuada adaptación do exercicio físico que cada paciente require. Pola contra, non se pode descartar que a ausencia desta formación, puidese agravar ou orixinar novas lesións a quen accede ou realizan actividades deportivas”.

- Resolución 01/2018 do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE), na que se incorpora a prescrición de exercicio físico con fins terapéuticos como un elemento fundamental da intervención do fisioterapeuta, de forma que “no ámbito clínico, o acto Fisioterápico desenvolve o proceso de atención fisioterapéutico, que inclúe: a obtención de datos exploratorios e a súa valoración, a elaboración do diagnóstico fisioterápico, a planificación e promulgación do tratamento fisioterapéutico, a súa execución mediante procedementos manuais, instrumentais e dirixidos, como a indicación de exercicio terapéutico deseñado especificamente para ser realizado activamente polo usuario, a avaliación dos resultados alcanzados, o establecemento e implementación dos rexistros pertinentes ou, no seu caso, da historia clínica, a elaboración de informes sobre a evolución do paciente e de alta do tratamento fisioterápico. Todo iso, baseándose nas consecuencias das alteracións do estado de saúde no movemento e co obxectivo de previr, tratar e reeducar tales alteracións, restaurando o movemento funcional nunha contorna biopsicosocial e en todas as áreas clínicas e ámbitos laborais”.

- Lei 3/2018, do 26 de marzo, pola que se ordena o exercicio das profesións do deporte na Comunidade Autónoma da Región de Murcia, na que se especifica que o límite das intervencións dos profesionais do deporte vén determinado pola presenza dunha condición patolóxica activa (xa sexa de carácter agudo, subagudo ou crónico) que requira para o seu manexo a aplicación de exercicio terapéutico por parte dos profesionais da Fisioterapia, ao obxecto de reducir as manifestacións do dano tisular (deficiencia), as alteracións da función (disfunción) e a participación (discapacidade) presentes a través de cadros clínicos de orixe cardiorrespiratorio, neurolóxico, osteoarticular e ortopédico, pacientes críticos, procesos pre e posquirúrgicos, trastornos uroxinecolóxicos, etc.

“Non existe marco regulador de idéntico rango para os profesionais do deporte”, “polo que non están habilitados para a planificación e execución de procedementos terapéuticos dirixidos a intervir sobre a saúde da poboación ante a existencia de patoloxía”, afirma o colectivo de fisioterapeutas.

En resposta ao comunicado do COLEF-Galicia

Por todo o exposto, o colectivo de fisioterapeutas cualifica de “falaz, irresponsable e impropio dunha organización profesional como o COLEF-Galicia” afirmar “os fisioterapeutas non teñen competencias no ámbito do exercicio para a saúde”, e cualifica como “irresponsable a pretensión de xustificar que unha titulación non sanitaria asuma competencias profesionais dunha titulación existente e regulada, como a Fisioterapia”.

Como reflexión final, o colectivo de fisioterapeutas considera que “o traballo interdisciplinar, multidisciplinar e  transdisciplinar debe estar baseado no respecto competencial e a confianza entre distintos profesionais, premisa vulnerada polo comunicado emitido por COLEF Galicia”.

Asinantes

Subscriben o comunicado do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), as dúas Facultades de Fisioterapia de Galicia, a Sociedade Galega de Fisioterapia (SoGaFi) e a Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF):

- Gustavo Paseiro Ares, presidente do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

- Mª Luz González Doniz, decana da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña (UDC).

- Eva María  Lantarón  Caeiro, decana da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo.

- Eduardo Fondevila Suárez, presidente da Sociedade Galega de Fisioterapia (SoGaFi).

- Fernando Ramos Gómez, presidente da Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF).

CoFiGa refuta los argumentos del COLEF Galicia para su inclusión en el Programa Comunitario de Prescripción del Exercicio Físico e Saúde desarrollado por la Consellería de Sanidade

Con el respaldo de las instituciones académicas y científicas de la Fisioterapia de ámbito autonómico y nacional, afirma que no existe ningún marco regulador que habilite a los profesionales del deporte para planificar ni ejecutar procedimientos terapéuticos dirigidos a intervenir sobre la salud de la población ante la existencia de patología

El Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), con el respaldo de las organizaciones e instituciones académicas y científicas de la Fisioterapia de ámbito autonómico y nacional, muestran su absoluto rechaza a la inclusión de profesionales no sanitarios en el Programa Comunitario de Prescripción del Exercicio Físico e Saúde desarrollado por la Consellería de Sanidade y refutan los argumentos esgrimidos al respecto por el Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física y Ciencias de la Actividad Física y del Deporte (COLEF) de Galicia.

El colectivo de fisioterapeutas argumenta que con este tipo de actuaciones la Consellería de Sanidade fomenta el intrusismo sanitario, al permitir participar en el diseño de programas de rehabilitación a través del ejercicio físico a profesionales no sanitarios no habilitados competencialmente para realizar intervenciones terapéuticas sobre población con algún tipo de patología.

Especifican que, “si bien cualquier profesional de la salud puede recomendar medidas higiénico-preventivas por medio de actividades de educación sanitaria con el objetivo de fomentar hábitos de vida saludables orientados, por ejemplo, a una mejor nutrición, mantenimiento físico, adecuado uso de los medicamentos, etc., cuando la prescripción de ejercicio va dirigida a ciudadanos en situación de enfermedad, deben ser derivados al fisioterapeuta, profesional sanitario con la competencia atribuida legalmente a estos efectos”, tal y como queda perfectamente estipulado tanto en la Ley de Ordenación de las Profesiones Sanitarias (LOPS 44/2003) como en la Orden CIN 2138/2015 que regula el ejercicio profesional del fisioterapeuta en todo el estado español.

En su argumentación, el colectivo de fisioterapeutas cita otras normas de ámbito nacional y autonómico:

- Resolución de la Subdirección General de Ordenación Profesional del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad de diciembre del 2017, que, con la finalidad de proteger y garantizar la seguridad del ciudadano, sostiene: "El ejercicio físico terapéutico con personas lesionadas es sin lugar a dudas una actividad sanitaria que incide en la salud de las personas no como un efecto incidental de una actividad no sanitaria sino como actividad sanitaria”. Y posteriormente añade: “Se considera que los graduados/licenciados en Educación Física y del Deporte, no tienen formación necesaria de etiología y fisiopatología de los distintos procesos y enfermedades para garantizar la adecuada adaptación del ejercicio físico que cada paciente requiere. Por el contrario, no se puede descartar que la ausencia de esta formación, pudiera agravar u originar nuevas lesiones a quienes acceden o realizan actividades deportivas”.

- Resolución 01/2018 del Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España (CGCFE), en la que se incorpora la prescripción de ejercicio físico con fines terapéuticos como un elemento fundamental de la intervención del fisioterapeuta, de forma que “En el ámbito clínico, el Acto Fisioterápico desarrolla el proceso de atención fisioterapéutico, el cual incluye: la obtención de datos exploratorios y su valoración, la elaboración del diagnóstico fisioterápico, la planificación y promulgación del tratamiento fisioterapéutico, su ejecución mediante procedimientos manuales, instrumentales y dirigidos, como la indicación de ejercicio terapéutico diseñado específicamente para ser realizado activamente por el usuario, la evaluación de los resultados alcanzados, el establecimiento e implementación de los registros pertinentes o, en su caso, de la historia clínica, la elaboración de informes sobre la evolución del paciente y de alta del tratamiento fisioterápico. Todo ello, basándose en las consecuencias de las alteraciones del estado de salud en el movimiento y con el objetivo de prevenir, tratar y reeducar tales alteraciones, restaurando el movimiento funcional en un entorno biopsicosocial y en todas las áreas clínicas y ámbitos laborales”.

- Ley 3/2018, de 26 de marzo, por la que se ordena el ejercicio de las profesiones del deporte en la Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, en la que se especifica que el límite de las intervenciones de los profesionales del deporte viene determinado por la presencia de una condición patológica activa (ya sea de carácter agudo, subagudo o crónico) que requiera para su manejo la aplicación de ejercicio terapéutico por parte de los profesionales de la Fisioterapia, al objeto de reducir las manifestaciones del daño tisular (deficiencia), las alteraciones de la función (disfunción) y la participación (discapacidad) presentes a través de cuadros clínicos de origen cardiorrespiratorio, neurológico, osteoarticular y ortopédico, pacientes críticos, procesos pre y posquirúrgicos, trastornos uroginecológicos, etc.

“No existe marco regulador de idéntico rango para los profesionales del deporte”, “por lo que no están habilitados para la planificación y ejecución de procedimientos terapéuticos dirigidos a intervenir sobre la salud de la población ante la existencia de patología”, afirma el colectivo de fisioterapeutas.

En respuesta al comunicado del COLEF-Galicia

Por todo lo expuesto, el colectivo de fisioterapeutas califica de “falaz, irresponsable e impropio de una organización profesional como el COLEF-Galicia” afirmar “los fisioterapeutas no tienen competencias en el ámbito del ejercicio para la salud”, y califica como “irresponsable la pretensión de justificar que una titulación no sanitaria asuma competencias profesionales de una titulación existente y regulada, como la Fisioterapia”.

Como reflexión final, el colectivo de fisioterapeutas considera que “el trabajo interdisciplinar, multidisciplinar y transdisciplinar debe estar basado en el respeto competencial y la confianza entre distintos profesionales, premisa vulnerada por el comunicado emitido por COLEF Galicia”.

Firmantes

Suscriben el comunicado del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), las dos Facultades de Fisioterapia de Galicia, la Sociedad Gallega de Fisioterapia (SoGaFi) y la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF):

- Gustavo Paseiro Ares, presidente del Colegio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

- Mª Luz González Doniz, decana de la Facultad de Fisioterapia de la Universidad de A Coruña (UDC).

- Eva María Lantarón Caeiro, decana de la Facultad de Fisioterapia de la Universidad de Vigo.

- Eduardo Fondevila Suárez, presidente de la Sociedad Gallega de Fisioterapia (SoGaFi).

- Fernando Ramos Gómez, presidente de la Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF). 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas