Desconformidade de fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de Galicia diante da admisión de profesionais non sanitarios na convocatoria dunha praza de Psicomotrocidade

Nun escrito dirixido ao xefe do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Alberto Vázquez San Martín, na súa condición de presidente do tribunal

14 Jul 2020 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

Os Colexios de Fisioterapeutas e Terapia Ocupacional de Galicia (CoFiGa e COTOGA) remitiron esta mañá un escrito conxunto ao xefe do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Alberto Vázquez San Martín, mostrando a súa desconformidade diante da admisión de profesións non sanitarias na convocatoria publicada o pasado 1 de xullo/2020 destinada a cubrir un posto de Psicomotricidade para a Unidade de Atención Temperá do Hospital Novoa Santos, de Ferrol.

Os presidentes de CoFiGa e COTOGA, Gustavo Paseiro Ares e María del Pilar Blázquez Ballesteros, argumentan no escrito que o posto de Psicomotricidade está situado nunha contorna sanitaria, neste caso hospitalaria, polo que require da intervención dun profesional sanitario, tal como está regulado na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que ten por obxectivo a protección da saúde da cidadanía.

E expoñen que as profesións de Grao en Pedagoxía, Grao en Psicoloxía e Grao en Ciencias en actividades físicas e do deporte, non se atopan recoñecidas como profesións sanitarias e, por tanto, non poden levar a cabo actuacións no ámbito da saúde.

Lembran así mesmo no escrito dirixido a Alberto Vázquez San Martín como presidente do tribunal cualificador para a devandita praza, que as Unidades de Atención Temperá asisten nenos e nenas entre 0 e 6 anos con diferentes problemas de saúde, con diagnóstico médico específico e derivados para o seu tratamento a outros membros do equipo multidisciplinar formado obrigatoriamente por profesionais sanitarios.

Explican ademais que a Psicomotricidade é un procedemento terapéutico e non unha profesión regulada en España, polo que a denominación do posto debe corresponderse coas profesións sanitarias con competencias para desenvolver esas funcións.

Por todo iso, como representantes de máis de 4000 profesionais en Galicia, os presidentes de CoFiGa e COTOGA indican que, en caso de non atender as consideracións expostas, ambas as entidades colexiais procederán a adoptar todas as medidas necesarias para protexer a saúde dunha poboación tan sensible como as nenas e nenos que acoden a estas Unidades.

Disconformidad de fisioterapeutas y terapeutas ocupacionales de Galicia ante la admisión de profesionales no sanitarios en la convocatoria de una plaza de psicomotrocidad

En un escrito dirigido al jefe del Servicio de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica de la Jefatura Territorial de Política Social de A Coruña, Alberto Vázquez San Martín, en su condición de presidente del tribunal

Los Colegios de Fisioterapeutas y Terapia Ocupacional de Galicia (CoFiGa y COTOGA) han remitido esta mañana un escrito conjunto al jefe del Servicio de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica de la Jefatura Territorial de Política Social de A Coruña, Alberto Vázquez San Martín, mostrando su disconformidad ante la admisión de profesiones no sanitarias en la convocatoria publicada el pasado 1 de julio/2020 destinada a cubrir un puesto de Psicomotricidad para la Unidad de Atención Temprana del Hospital Novoa Santos, de Ferrol.

Los presidentes de CoFiGa y COTOGA, Gustavo Paseiro Ares y María del Pilar Blázquez Ballesteros, argumentan en el escrito que el puesto de psicomotricidad está ubicado en un entorno sanitario, en este caso hospitalario, por lo que requiere de la intervención de un profesional sanitario, tal como está regulado en la Ley 44/2003, de 21 de noviembre, de ordenación de las profesiones sanitarias, cuyo objetivo es la protección de la salud de la ciudadanía.

Y exponen que las profesiones de Grado en Pedagogía, Grado en Psicología y Grado en Ciencias en actividades físicas y del deporte, no se encuentran reconocidas como profesiones sanitarias y, por lo tanto, no pueden llevar a cabo actuaciones en el ámbito de la salud.

Recuerdan así mismo en el escrito dirigido a Alberto Vázquez San Martín como presidente del tribunal calificador para dicha plaza, que las Unidades de Atención Temprana asisten niños y niñas entre 0 y 6 años con diferentes problemas de salud, con diagnóstico médico específico y derivados para su tratamiento a otros miembros del equipo multidisciplinar formado obligatoriamente por profesionales sanitarios.

Explican además que la Psicomotricidad es un procedimiento terapéutico y no una profesión regulada en España, por lo que la denominación del puesto debe corresponderse con las profesiones sanitarias con competencias para desarrollar esas funciones.

Por todo ello, como representantes de más de 4000 profesionales en Galicia, los presidentes de CoFiGa y COTOGA indican que, en caso de no atender las consideraciones expuestas, ambas entidades colegiales procederán a adoptar todas las medidas necesarias para proteger la salud de una población tan sensible como las niñas y niños que acuden a estas Unidades.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas