Cartel do CoFiGa sobre as técnicas e pasos para un correcto lavado de mans e uso de xeles hidroalcohólicos

O noso agradecemento ao compañeiro Juan Aramburu Peña polo deseño

01 May 2020 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) facilita aos/ás colexiados/as e á cidadanía en xeral un cartel cunha infografía explicativa sobre as técnicas e todos os pasos a seguir para conseguir un correcto lavado de mans, así como para unha tamén correcta utilización de xeles hidroalcohólicos, hábitos hixiénicos fundamentais e necesarios para evitar contaxios por COVID-19.

Lembrar que a enfermidade COVID-19 pode transmitirse ao inhalar pingas expulsadas por unha persoa enferma que tose, esbirra ou exhala, e tamén ao tocar superficies contaminadas por estas pingas e logo tocarnos os ollos, nariz ou boca. Por esta razón, o lavado constante de mans é unha das mellores formas de protexernos do virus.

En caso de non ter xabón e auga ao alcance das nosas mans, e como medida temporal, é recomendable utilizar xeles cun contido mínimo de alcol do 60% no caso das mans, e dun 70% de alcol no caso de utilizar en superficies.    

CoFiGa agradece a colaboración do noso compañeiro Juan Aramburu Peña no deseño das infografías que se están facilitando ao colectivo para a súa utilización nos seus lugares de traballo.

O cartel coa infografía sobre o lavado de mans pódese descargar no documento adxunto.

Cartel del CoFiGa sobre las técnicas y pasos para un correcto lavado de manos y uso de geles hidroalcohólicos

Nuestro agradecimiento al compañero Juan Aramburu Peña por el diseño

El Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) facilita a los/as colegiados/as y a la ciudadanía en general un cartel con una infografía explicativa sobre las técnicas y todos los pasos para conseguir un correcto lavado de manos, así como la una también correcta utilización de geles hidroalcohólicos, hábitos higiénicos fundamentales y necesarios para evitar contagios por COVID-19.

Recordar que la enfermedad COVID-19 puede transmitirse al inhalar gotas expulsadas por una persona enferma que tose, estornuda o exhala, y también al tocar superficies contaminadas por estas gotas y luego tocarnos los ojos, nariz o boca. Por esta razón, el lavado constante de manos es una de las mejores formas de protegernos del virus.

En caso de no tener jabón y agua al alcance de nuestras manos, y como medida temporal, es recomendable utilizar geles con un contenido mínimo de alcohol del 60% en el caso de las manos, y de un 70% de alcohol para utilizar en superficies.   

CoFiGa agradece la colaboración de nuestro compañero Juan Aramburu Peña en el diseño de las infografías que se están facilitando al colectivo para su utilización en sus lugares de trabajo. 

El cartel con la infografía sobre el lavado de manos se puede descargar en el documento adjunto.

Adjuntos
La Fisioterapia te da el aire que necesitas