Nova sentenza contra o intrusismo profesional sanitario no ámbito de actuación da Fisioterapia

CoFiGa felicita ao Colexio de Fisioterapeutas de Aragón pola súa actuación contra persoas que realizan actos propios de Fisioterapia carecendo da necesaria titulación para exercer

14 Ene 2020 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O  Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) congratúlase por unha nova sentenza contra o intrusismo profesional sanitario no ámbito da Fisioterapia, trasladando ao Colexio de Fisioterapeutas de Aragón a súa felicitación polos resultados da súa denuncia e actuación como acusación particular ante o caso dun centro de Zaragoza que se anunciaba como centro de Terapias Manuais sen que ningún dos seus titulares estivese en posesión da pertinente titulación de fisioterapeuta.

Trátase dunha nova sentenza que, tal e como se considera desde o colectivo de fisioterapeutas, contribúe a garantir á poboación o seu dereito fundamental a ser atendida por profesionais sanitarios  debidamente formados e cualificados, ademais de legalmente capacitados, para atender os seus problemas de saúde.

Tras as accións legais desenvoltas polo Colexio de Fisioterapeutas de Aragón, a sentenza firme do Xulgado nº 6 do Penal de Zaragoza condena aos denunciados como autores responsables dun delito de intrusismo profesional, ao considerar como feitos probados que os acusados viñan realizando actos propios da profesión sanitaria de Fisioterapia sen dispoñer ningún dos condenados da titulación de fisioterapeuta.

Os condenados exercían con títulos de  osteópata,  naturópata e masaxista expedidos por academias e centros de estudos privados sen ningunha validez académica oficial e que, por tanto, non capacitan para realizar tratamento a pacientes.

A argumentación da sentenza responde ao ditado na Lei 44/2003 do 21 de novembro de Ordenación das Profesións Sanitarias, onde se estipula que corresponde aos diplomados ou graduados universitarios en Fisioterapia a prestación dos coidados propios da súa disciplina, a través de tratamentos con medios e axentes físicos, dirixidos á recuperación e rehabilitación de persoas con disfuncións ou discapacidades  somáticas, así como á prevención das mesmas.

Polo seu interese, achegamos a sentenza en documento adxunto.

 

Nueva sentencia contra el intrusismo profesional sanitario en el ámbito de actuación de la Fisioterapia

CoFiGa felicita al Colegio de Fisioterapeutas de Aragón por su actuación contra personas que realizan actos propios de Fisioterapia careciendo de la necesaria titulación para ejercer

El Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) se congratula por una nueva sentencia contra el intrusismo profesional sanitario en el ámbito de actuación de la Fisioterapia, trasladando al Colegio de Fisioterapeutas de Aragón su felicitación por los resultados de su denuncia y actuación como acusación particular ante el caso de un centro de Zaragoza que se anunciaba como centro de Terapias Manuales sin que ninguno de sus titulares estuviese en posesión de la pertinente titulación de fisioterapeuta.

Se trata de una nueva sentencia que, tal y como se considera desde el colectivo de fisioterapeutas, contribuye a garantizar a la población su derecho fundamental a ser atendida por profesionales sanitarios  debidamente formados y cualificados, además de legalmente capacitados, para atender sus problemas de salud.

Tras las acciones legales desarrolladas por el Colegio de Fisioterapeutas de Aragón, la sentencia firme del Juzgado nº 6 de lo Penal de Zaragoza condena a los denunciados como autores responsables de un delito de intrusismo profesional, al considerar como hechos probados que los acusados venían realizando actos propios de la profesión sanitaria de Fisioterapia sin disponer ninguno de los condenados de la titulación de fisioterapeuta.

Los condenados ejercían con títulos de osteópata, naturópata y masajista expedidos por academias y centros de estudios privados sin ninguna validez académica oficial y que, por lo tanto, no capacitan para realizar tratamiento a pacientes.

La argumentación de la sentencia responde a lo dictado en la Ley 44/2003 de 21 de noviembre de Ordenación de las Profesiones Sanitarias, donde se estipula que corresponde a los diplomados o graduados universitarios en Fisioterapia la prestación de los cuidados propios de su disciplina, a través de tratamientos con medios y agentes físicos, dirigidos a la recuperación y rehabilitación de personas con disfunciones o discapacidades somáticas, así como a la prevención de las mismas.

Por su interés, adjuntamos la sentencia en documento adjunto.

La Fisioterapia te da el aire que necesitas