A Fisioterapia diminúe as doenzas e lesións derivadas da práctica musical

O videoconsello de decembro da campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’, adicado á prevención e á detección precoz dos problemas neuro-músculoesqueléticos (sobrecargas, trastornos das articulacións ou inflamacións) que afectan ao 75% de profesionais da música ao longo da súa vida activa

23 Dic 2019 / Prensa CoFiGa / Sede COFIGA

O tratamento con Fisioterapia diminúe as doenzas e posibles lesións derivadas da práctica musical habitual, como sobrecargas musculares, trastornos das articulacións ou inflamacións, que afectan fundamentalmente (60-70%) á saúde neuro-músculoesquelética (músculos, tendóns, esqueleto óseo, cartilaxes, ligamentos e nervios).

Esta é unha das consideracións do videoconsello do mes de decembro da campaña ’12 meses, 12 consellos de saúde’, no que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) incide na importante labor que desenvolven os e as fisioterapeutas na prevención e o tratamento das lesións e patoloxías habituais entre profesionais e afeccionados/as á práctica musical: 

GA: https://youtu.be/iZbp8qosulQ

ES: https://youtu.be/7hOR3j_ERKg

Características da práctica musical

A vida dos e das profesionais da música require moitas horas de estudo, de ensaios e a maioría víveno con tensión e presión. Supón un traballo físico, psicolóxico e emocional moi grande estar en contacto constante co público e exhibir a súa arte e coñecemento. A nivel de rendemento, equipáranse aos/as deportistas de alto nivel, coas súas lesións específicas, polo que precisan moita preparación física e mental.

Entre os e as profesionais da música, calcúlase que un 75% sofre algunha lesión ao longo da súa vida activa, e que mesmo un 33% vense obrigados/as a abandonar a súa carreira.

Na maioría das ocasións estes problemas de saúde veñen derivados de soster ou transportar o instrumento durante un tempo prolongado, manter posturas ou posicións forzadas tanto do corpo en xeral como dalgún segmento como pode ser o brazo, a man..., permanecer de pé ou sentado moito tempo na mesma posición, realizar movementos e/ou xestos repetitivos ou por unha tensión excesiva á hora de tocar o instrumento, xerando unha sobrecarga de traballo en articulacións e musculatura.

Lesións máis frecuentes

Cada instrumento leva asociado un tipo de lesións moi concretas:

En instrumentos de vento-madeira: problemas en mans, antebrazos e pulsos, ademais de sobrecarga nos músculos do brazo (bíceps e tríceps) que poden chegar a provocar patoloxías como a epicondilite ou a epitrocleite; contraccións musculares no primeiro dedo da man dereita no caso de instrumentos de medio peso, como o clarinete ou o oboe, que pode derivar nunha síndrome de atrapamento do nervio interóseo posterior; ou tenosinovite de Quervain nos pulsos, que nos flautistas afecta ao polgar da man.

En instrumentos de vento-metal: principalmente trastornos da articulación temporomandibular ou problemas na musculatura dos beizos, que poden provocar patoloxías como a Síndrome de Satchmo, un racho muscular pola sobresolicitación do devandito músculo para facer soar o instrumento.

En instrumentos de percusión: principalmente problemas en cervicais, por sobrecarga muscular causada pola posición dos e das percusionistas coa mirada cara ao seu instrumento; dores en zona dorsal das costas e cintura escapular, así como da musculatura do brazo e antebrazo polo movemento repetitivo e con impacto que constantemente realizan á hora de tocar; ou escordaduras de pulso debido aos constantes impactos.

Ante este tipo de molestias é fundamental contar con profesionais sanitarios, como os e as fisioterapeutas, que entendan o problema. Porque se se detectan pronto, estas lesións poden ser sinxelas de eliminar mediante tratamento fisioterapéutico. Con todo, se non se dá un paso máis e búscase a orixe do problema, a lesión volverá aparecer e pode agravarse co paso do tempo.

Prevención

Para previr este tipo de lesións, desde a Fisioterapia recoméndase:

- Quentar as zonas sensibles a conciencia antes de cada ensaio ou actuación: prepara ao corpo levándoo a unha temperatura adecuada para a actividade musical, mellora a coordinación, mobilidade e axilidade muscular, osixena e mellora as condicións entre os músculos e os nervios, elimina tensións do corpo, despexa a mente e mellora a concentración, mellora a capacidade respiratoria e diminúe o cansazo e mellora o rendemento durante a execución instrumental.

-Estirar unha vez terminado tanto o ensaio como a actuación: elimina tensións que se forman en diversas partes do corpo ao tocar o instrumento, incrementa a flexibilidade e a circulación, reduce a fatiga e incrementan a resistencia.

- A forma correcta de realizar os estiramentos é de forma relaxada e sostida durante 20 segundos, coa atención concentrada nos músculos que se están estirando, con respiración suave e continua e notando un estiramento suave e confortable que en ningún caso ha de ser doloroso.

- Durante os ensaios, realizar descansos regulares de 5-15 minutos cada 45-50 de ensaio, e realizar exercicios de estiramento durante estes descansos.

- Coidar os aspectos ergonómicos (altura, distancias de colocación do instrumento etc.).

- Vixiar a postura e corrixila se non é correcta.

- Realizar exercicio  aeróbico e de fortalecemento físico para tolerar mellor as longas xornadas de traballo.

- Compaxinar estes coidados coa atención profesional de fisioterapeutas, que buscarán e detectarán a orixe do problema (cando, onde e como se produce), identificando as alteracións, costumes ou condutas que o xeran; axudarán a identificar e combater as posturas erróneas mediante unha combinación de técnicas de Fisioterapia (terapia manual, exercicios terapéuticos, control motor e traballo de consciencia corporal); e ensinarán a coñecer o noso corpo e a manter unha postura cómoda e equilibrada á hora da práctica musical.

Se se detectan pronto, estas lesións poden ser sinxelas de eliminar mediante tratamento de Fisioterapia. Con todo, se non se dá un paso máis e búscase a orixe do problema, a lesión volverá aparecer e pode agravarse co paso do tempo.

Porque, tal e como sinalan desde o CoFiGa: “Non hai que esperar a que se manifesten as doenzas para acudir ás mans dun profesional fisioterapeuta. Os e as profesionais da música, que teñen numerosas patoloxías asociadas á súa actividade, deben interiorizar que a prevención é fundamental e que os/as fisioterapeutas somos os seus mellores aliados/as”.

Campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) participa na campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’ que leva a cabo a nivel nacional, e na que tamén están implicados os colexios profesionais de fisioterapeutas de Cantabria, Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco.

O seu obxectivo sensibilizar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos saudables para previr lesións musculo-esqueléticas a través de pequenos curtos de animación que se difunden con periodicidade mensual.

Os e as fisioterapeutas inciden con esta campaña na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde e resaltando ao mesmo tempo que unha das funcións fundamentais da Fisioterapia e dos fisioterapeutas é a prevención e non unicamente o tratamento de lesións e/ou enfermidades.

La Fisioterapia disminuye las dolencias y lesiones derivadas de la práctica musical

El videoconsejo de diciembre de la campaña ‘12 meses, 12 consejos de salud’, dedicado a los problemas neuro-músculoesqueléticos (sobrecargas, trastornos de las articulaciones o inflamaciones) que afectan al 75% de profesionales de la música a lo largo de su vida activa

El tratamiento con Fisioterapia disminuye las dolencias y posibles lesiones derivadas de la práctica musical habitual, como sobrecargas musculares, trastornos de las articulaciones o inflamaciones, que afectan fundamentalmente (60-70%) a la salud neuro-músculoesquelética (músculos, tendones, esqueleto óseo, cartílagos, ligamentos y nervios).

Esta es una de las consideraciones del videoconsejo del mes de diciembre de la campaña ’12 meses, 12 consejos de salud’, en el que el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) incide la importante labor que desarrollan las y los fisioterapeutas en la prevención y el tratamiento de las lesiones y patologías habituales entre profesionales y aficionados/as a la práctica musical:  

ES: https://youtu.be/7hOR3j_ERKg

GA: https://youtu.be/iZbp8qosulQ

Características de la práctica musical

La vida de los y las profesionales de la música requiere muchas horas de estudio, de ensayos y la mayoría lo viven con estrés y presión. Supone un trabajo físico, psicológico y emocional muy grande estar en contacto constante con el público y exhibir su arte y conocimiento. A nivel de rendimiento, se equiparan a los/as deportistas de alto nivel, con sus lesiones específicas, por lo que precisan de mucha preparación física y mental.

Entre los/as profesionales de la música, se calcula que un 75% sufre alguna lesión a lo largo de su vida activa, y que incluso un 33% se ven obligados a abandonar su carrera.

En la mayoría de las ocasiones estos problemas de salud vienen derivados de sostener o transportar el instrumento durante un tiempo prolongado, mantener posturas o posiciones forzadas tanto del cuerpo en general como de algún segmento como puede ser el brazo, la mano..., permanecer de pie o sentado mucho tiempo en la misma posición, realizar movimientos y/o gestos repetitivos o por una tensión excesiva a la hora de tocar el instrumento, generando una sobrecarga de trabajo en articulaciones y musculatura.

Lesiones más frecuentes

Cada instrumento lleva asociado un tipo de lesiones muy concretas:

En instrumentos de viento-madera: problemas en manos, antebrazos y muñecas, además de sobrecarga en los músculos del brazo (bíceps y tríceps) que pueden llegar a provocar patologías como la epicondilitis, la epitrocleitis; contracciones musculares en el primer dedo de la mano derecha en el caso de instrumentos de medio peso, como el clarinete o el oboe, que puede derivar en un síndrome de atrapamiento nervioso del nervio interóseo posterior: o tenosinovitis de Quervain en las muñecas, que en los flautistas afecta al pulgar de la mano.

En instrumentos de viento-metal: principalmente trastornos de la articulación temporomandibular o problemas en la musculatura de los labios, que pueden provocar patologías como el Síndrome de Satchmo, un desgarro muscular por la sobresolicitación de dicho músculo para hacer sonar el instrumento.

En instrumentos de percusión: principalmente problemas en cervicales, por sobrecarga muscular causada por la por la posición de los percusionistas con la mirada hacia su instrumento; dolores en zona dorsal de la espalda y cintura escapular, así como de la musculatura del brazo y antebrazo por el movimiento repetitivo y con impacto que constantemente realizan a la hora de tocar; o esguinces de muñeca debido a los constantes impactos.

Ante este tipo de molestias es fundamental contar con profesionales sanitarios, como los y las fisioterapeutas, que entiendan el problema. Porque si se detectan pronto, estas lesiones pueden ser sencillas de eliminar mediante tratamiento fisioterapéutico. Sin embargo, si no se da un paso más y se busca el origen del problema, la lesión volverá a aparecer y puede agravarse con el paso del tiempo.

Prevención

Para prevenir este tipo de lesiones, desde la Fisioterapia se recomienda:

- Calentar las zonas sensibles a conciencia antes de cada ensayo o actuación: prepara al cuerpo llevándolo a una temperatura adecuada para la actividad musical, mejora la coordinación, movilidad y agilidad muscular, oxigena y mejora las condiciones entre los músculos y los nervios, elimina tensiones del cuerpo, despeja la mente y mejora la concentración, mejora la capacidad respiratoria y disminuye el cansancio y mejora el rendimiento durante la ejecución instrumental.

-Estirar una vez terminado tanto el ensayo como la actuación: elimina tensiones que se forman en diversas partes del cuerpo se toca el instrumento, incrementa la flexibilidad y la circulación, reduce la fatiga e incrementan la resistencia.

- La forma correcta de realizar los estiramientos es de forma relajada y sostenida durante 20 segundos, con la atención concentrada en los músculos que se están estirando, con respiración suave y continua y notando un estiramiento suave y confortable que en ningún caso ha de ser doloroso.

- Durante los ensayos, realizar descansos regulares de 5-15 minutos cada 45-50 de ensayo, y realizar ejercicios de estiramiento durante estos descansos.

- Cuidar los aspectos ergonómicos (altura, distancias de colocación del instrumento etc.).

- Vigilar la postura y corregirla si no es correcta.

- Realizar ejercicio aeróbico y de fortalecimiento físico para tolerar mejor las largas jornadas de trabajo.

- Compaginar estos cuidados con la atención profesional de fisioterapeutas, que buscarán y detectarán el origen del problema (cuándo, dónde y cómo se produce), identificando las alteraciones, costumbres o conductas que lo generan; ayudarán a identificar y combatir las posturas erróneas mediante una combinación de técnicas de Fisioterapia (terapia manual, ejercicios terapéuticos, control motor y trabajo de consciencia corporal); y enseñarán a conocer nuestro cuerpo y a mantener una postura cómoda y equilibrada a la hora de la práctica musical.

Si se detectan pronto, estas lesiones pueden ser sencillas de eliminar mediante tratamiento. Sin embargo, si no se da un paso más y se busca el origen del problema, la lesión volverá a aparecer y puede agravarse con el paso del tiempo.

Porque, tal y como señalan desde el CoFiGa: “No hay que esperar a que se manifiesten las dolencias para acudir a las manos de un/a fisioterapeuta. Los y las profesionales de la música, que tienen numerosas patologías asociadas a su actividad, deben interiorizar que la prevención es fundamental y que las y los fisioterapeutas somos sus mejores aliados/as”

Campaña ‘12 meses, 12 consejos de salud’

El Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) participa en la campaña ‘12 meses, 12 consejos de salud’ que se lleva a cabo a nivel nacional, y en la que también están implicados los colegios profesionales de fisioterapeutas de Cantabria, Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidad Valenciana, Navarra y País Vasco.

Su objetivo sensibilizar a la población sobre la importancia de adoptar hábitos saludables para prevenir lesiones musculo-esqueléticas a través de pequeños cortos de animación que se difunden con periodicidad mensual.

Los y las fisioterapeutas inciden con esta campaña en su vocación de servicio público a la población, contribuyendo de forma continuada al asesoramiento a la comunidad en temas relacionados con la promoción y la defensa de la salud y resaltando al mismo tiempo que una de las funciones fundamentales de la Fisioterapia y de sus profesionales es la prevención y no únicamente el tratamiento de lesiones y/o enfermedades. 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas